ANDY WARHOL

30 12 2007
3Andy-Warhol-Cow-1-
Advertisements




O NOSO AGASALLO DE NADAL

24 12 2007

TOCOUNOS O GORDO! Bueno non exactamente, pero acertamos os dous últimos números do 1ºpremio de nadal. E levámonos esta estupenda cesta que sorteaban no Ambigú. A cesta está ou mellor dito estaba chea de cervexas, xa vos irei dicindo que tal estaban.

CIA OCIOLOXÍA está entón de noraboa, xa que os catro euros invertidos foron máis que ven superados con esta cesta.

imagen031.jpg





PLATAFORMA CIDADÁ CONTRA O MULTA-MÓBIL.-

24 12 2007

En Vigo (capital das olivas, ou algo así) teñen unha das plataformas cidadás mái coñecidas do territorio galego. A súa pretensión é que o Concello elimine o multa-móbil alegando non sei moi ben o que.

O caso, a Plataforma ten un coche, moi parecido o multa-móbil, un Citroen C2, branco e vermello, que recorre as vias viguesas en busca de tampouco non sei moi ben o que. Como se subvenciona este coche e como hai xente con tanto tempo libre son  cuestións que nunca podrán ser resoltas.  Esta mañá cruceime co dichoso carro, e que raro, estaba aparcado en dobre fila, en pleno García Barbón e  o ir a tirarlle a foto, saliu escopeteado.

Espero poder ter máis noticias deste coche, polo menos poder fotografialo en outra perspectiva mellor.

imagen034nova.jpg





EN MARÍN TAMÉN HAI BOS ARQUITECTOS

24 12 2007

Aquí temos un claro exemplo do galgo-constructor (lease como se tivera acento a “u”). Esta foto foi sacada fai unha semana en Marín, en pleno centro. E presenta todas as características dunha casa galega. Un contrachapado de aluminio, ladrillo 100% galego, …

imagen029.jpg





ROBER BODEGAS, DENDE CORUÑA CON RETRANCA

16 12 2007

Coñecín a este monologuista fai un par de días, e a súa expresividade e naturalidade nun escenario non deixa de sorprenderme. Gústame ver que a retranca galega está viva de verdade, con xente como Rober Bodegas podemos disfrutar de humor autóctono, e non ter que estar vendo a Morancos ou Chiquitos.

[Youtube=http://es.youtube.com/watch?v=YdUlhERooCQ]

Miren neste video como Chiquito aplaude por compromiso, non entende o noso humor…





CESAR DE CENTI

9 12 2007

É o romántico que me nego a admitir que xa morreu, ese pasado que sempre escoitas que foi mellor, pero que agora inda pode ser presente, e que por momentos négaste a combatelo olvido. Noutras ármaste de valor e saes con paso firme a rúa, cos cascos a todo volume, escoitando unha de Pearl Jam ou quen sabe unha de Paco Ibañez, por que non? Sentindo que esa música é como un escudo contra os males deste mundo.

Entón te pregutnas menos mal que me acompaña soledade, e algún día voltarei con ela para derrotala. Quen sabe  onde irá a para a moza da primeira fila, pero ese día que a atope estarei escoitando a Cesar de Centi combatendo o teu olvido. Gracias Ce.





QUE FACER CANDO SE MARCHA O JEFE

8 12 2007

Traballar? Pois iso non é o que fixeron os deta oficiña, a verdade é que parece que o clima laboral é idóneo, non sei si para traballar ou para evitalo extres. Por outra banda parece que os riscos laborais non se mediron acorde cas actividades que se realizan nesta empresa.