AUTÓCTONO E DE RASA!

6 12 2007

Son as oito e pico. Fai un día caralludo, vai algho de frío, pero ben se aghuanta. Na porta da taberna do Braulio, un vello cun caxato vai amodo cara a casa, a Carmiña, a muller do vello está farta de ir a buscalo a tasca, “sempre se pasa cos viños, e lojo claro, non clarea, e non será polos claretes que leva ensima”-di Carmiña cada vez que vai a busca-lo home. Mentres uns homes xogan a partida na mesa do fondo, son O Formigha, O Visente (que creo que se chama Vicente), O Remollos e O Repichoca, son campións do mundo xogando o dominó ebrio, unha modalidade que puso de moda o Braulio alá polos anos cincuenta, cando inda andaba no mar.

Cando O Braulio volvía a casa, o primeiro que facía era xuntar os amigos na mesa que ten enfrente da taberna que hoxe rexenta, collía catro cuncas, e catro botellas, e entón soltaba a típica frase del: “bebede ata que estralen os oidos” O Braulio sempre foi un home de poucas palabras, máis ben é un home de actos como el mesmo se define. A súa muller a Finita, sempre dí del, “é dos que che din unha ves na vida, quérote tanto como o Formigha quere o viño”

A partida do dominó ebrio é todo un espectáculo, eles xogan e falan a vez das cousas do pobo, comentan as obras que foron a ver pola mañá, os barcos que chegaron do mar, e se non hai nin obras nin barcos, pois a falar do tempo e dos dores de espalda. O outro día incluso o Repichoca levou a un primo de Ramirás, un pobo perdido da man de deus “onde da a volta o vento” e seica acabou pedindo papas, “non puido rematar a quinta tasa de viño” seica tiveron leria a conta do primo unhas duas semanas.

Estes pequenos imprevistos son os que rompen a rutina de tódolos días, iso máis cando ven o señor Atilano, un vello emblemático, un home respetado por todos, o que chega a barra e sen decir nada se lle planta unha cunca de viño tinto. Ese home que fala pouco, pero cando fala “pares un filósofo” A súa achejada é unha muller trinta anos máis nova que el, e parece que inda funciona na cama, pois xa lle fixo tres fillos en cinco anos que levan xuntos, bueno realmente ou oficialmente son solo tres anos os que levan xuntos. A ex-muller cachouno nunha carballeira ca achejada e deixouno, ou polo menos eso é o que dí ela.

taberna-moro-1954.jpg

1954, este fai o primeiro día que o Braulio dixo, “non volvo o mar, e non volvo gastar noutro bar que non sexa o meu, os viños agora que mos paguen a min”. Aquí está a pandilla enteira do Braulio (primeiro empezando pola dereita, leva un crespón negro na brazo esquerdo, que o puña todos os domingos “para recordar a Cristo” ),o que ten a lingua de fora é o Formiga e o terceiro pola esquerda é o Castellano, un que xa morreu fai un par de anos, e que se ganou o apodo por que emigrou a Venezuela e cando volveu decía que xa non sabía falar galego (ata que levou unha hostia cun rastrillo e dixo: “carallo pro angaso”) O neno que aparese na barra e o primeiro fillo do Atilano (primeiro pola esquerda), hoxe o neno ten cuarente tres anos, e anda entrando e saíndo do Proxecto Home. Por certo, como verendes na parede colga unha foto do hola da Marilyn Monroe, esta mesma foto está hoxe na Taberna, e o Braulio inda suspira cando pasa por diante dela.

Advertisements

Accións

Information

3 responses

8 12 2007
Elvis Tury

Si a foto è de 1954, imposible que o neno teña oxe 43 anos. Non baixa de 60.
Po-lo demais o comentario e de jardar con o sentimiento que dan os anos que non voveràn.

8 12 2007
waltinho

Si o certo é que hoxe ten pois 62, pero o post foi escrito fai 10 ou 11 anos. Pero gracias pola puntualización, o certo é que nin me dera conta de que podería mal interpretarse desta forma. Moi bo apuntamento Gracias

13 04 2008
Muñiz

Chamoume a atención a referencia que fai a Ramirás, cando daquela o Repichoca levou a un veciño xogar con él. Eu son de Ramirás (O Picouto) Ourense.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: