PROPÓSITOS PARA ESTE NOVO ANO, E QUE COMO SEMPRE NON SE CUMPRIRÁN

4 01 2008

Recupero o título: Cousas que prometer e que non se cumprirán, por culpa de quen promete, xa que non se lle pon o énfase necesario. Por exemplo, este ano deixaremos de fumar (e volveremos a fumar tantas veces como o deixemos, se o complicado non é deixalo, o verdadeiramente complicado é non volver a fumar), iremos o ximnasio (pagaremos a cuota, ir xa é outra cousa, pero a nosa conciencia está tranquila, polo menos intentámolo, e xa nolo decían de pequeno: “a intención é o que conta”).

Volveremos a decir que o próximo ano o Nadal pasaraxe en casa, nada de ir visitala familia a centos de quilómetros (o final iremos a onde faga falta, cheos de felicidade, con agasallos e botellas de viño, quizáis un roscón se estamos en Reis, ou uns bombóns se é Noite Boa) Empezaremos a pensar no disfraz de Entroido, e xuraremos comezar a facelo canto antes, para que non pase o de sempre, o sábado de entroido sen nada feito (que pasará? pois claro, o sábado de  entroido esteremos todos cosendo, mercando telas, perrucas, etc) Esto recórdame que volveremos a decir aquilo que dixemos en Ano Novo, “póñome a dieta”, pero claro, despois da panzada de Reis,  e agora as chulas, filloses e viño de Entroido,…

Chegará o verán e pensaremos en facer un viaxe cultural, qeun sabe a Praga, Roma ou París (o final iremos a Canarias, Mallorca, ou como moito o Algarbe, outros estaremos no Morrazo disfrutando das que dinson as mellores praias do mundo, Cies é do Morrazo). E xogando un pouco co tema de país, gritaremos alto e claro Selección Nacional o Mundial (logo serán dous ou tres na manifa) Pasaremos un ano decindo que os políticos son todos iguais (pero logo cuidado con meterte con ZP, e moito menos con Marianito)

O dito, pasaremos un ano decindo o que non vamos a facer, en lugar de decir o que vamos facer. Xa sabedes non fagades o tonto, non vos matriculedes nun idioma, nin vaiades a pagala cuota do ximnasio, e moito menos, se vades votar, mirade ben a quen, está complicado, verdade? Son todos iguais…

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: