UN GUIA NO PUEBLO

18 01 2008

Fermín, o dos Tripas, alcume herdado do seu pai, un gran matador de porcos, que polo San Martiño non pasaba nin un día sereno, é o inesperado guía do pueblo. Coñece como ninguén os recursos turísticos do lugar e a arquitectura popular é parte da súa vida. El foi un dos primeiros en facer por un peche metálico na aldea (catro somieres vellos, que eran totalmente reutilizables de pecha cancelas) Hoxe Fermín, é un encantador vello que se presta a contar lendas e contos a calquera que pase pola zona, co perigo que iso entraña, se non andas rápido igual che colle a noite.

O caso é que o noso protagonista vive nunha peculiar e característica casa do rural galego. O nome polo que son coñecidas estas vivendas é o de “casa arácnida” ou “casa con patas”. Normalmente a vivenda se situa nun primeiro piso, deixando as columnas espidas sobre os cimentos. Nesta parte de abaixo, coñecida como o baixo ou garaxe, dependendo do seu uso, soe ter unha serie de características comúns en tódolos recunchos do país. O caso é que todo bo galego utiliza esta parte de abaixo como improvisado secadeiro de roupa.Non sabemos moi ben cal é o motivo ou causa, inda que a corrente antropolóxica americana fala do clima galico como principal causa (de tódolos xeitos non se coñecen vestixios como estes en climas moito máis húmidos que o noso). En principio a lavadora constitúe o eixo vertebrador desta parte da “casa arácnida”  ou “casa con patas” , outros enseres pasan a ocupar un segundo plano, constituíndose e organizándose todo entorno a lavadora. Outros enseres  vanse amontonando nesta parte da casa, e a medida que a unidade familiar crece adquírense novos trastos, como o nunca mal querido arcón-conxelador. Nestes podemos encontrar todo tipo de coussas, dende “jarbanzos” (ou como decía un tio meu gabrieles) ata tomates, pero o que nunca falta é unha barra de pan.

En moitas partes da nosa xeografía téñense atopado casas deste estilo,  e dende espazo invimos a que lle saquedes partido a cámara dixital e me mandedes fotos de casas con patas “MADE IN GALIZA COUNTRI”

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: