MORRASO QUINTA PROVINSIA!!

26 01 2008

POR UNHA RADIO CEIVE!!! Este era o eslogan que se podía ler na rolda de prensa que deron os bateeiros do “Morraso” na tarde de onte. Concertaron a cita  cos periodistas co fin de levar adiante unha campaña de sensibilización comarcal, ca intención de mostrala necesidade de contar con medios de comunicación propios, nos cales se difunda a cultura, o deporte e en definitiva que a sociedade morracense se vexa representada. A intervenión de Manolo do Sacho, líder espiritual (ou espirituoso, en Portugal) do CIM, comentou que “sería un jran alivio contar cun medio de comunicasión onde puideramos levar o sentir bateeiro e separatista  por toda a bisbarra”. Como sempre o encargado de lanzar ameazas os periodistas foi Toñito Clarete, número dous do Subcomandante Marcos da Portela, quen en todo momento se mantivo o marxe das declaracións de Manolo do Sacho e Toñito, que onte levaba unha chiquita de máis.
Toñito Clarete ameazou o xornalista local Xoan Calvorota, chamándolle “falanxista, pepero de mierda e antena repetidor de falacias” . Manoliño da Burra, un ente público que non fai falta que se lle presente, tivo que por orde, xa que Toñito non respondía a verbas tranquilizadoras de Manolo. O punto de máxima tensión foi cando o xornalista do Faro de Vijo, lle preguntou pola relación que mantiña con Rosita Pechujona. O paramilitar saltou por riba da mesa, e o grito de “dame ijual sinco que sincuenta”, botouse o colo do Juan, a reacción das forzas de seguridade non se fixeron esperar, e tan pronto viron a gresca colleron e saliron por patas da sala, deixando o xornalista a súa sorte.

portada2.jpg

A tangana non pasou dunhas labazadas na caluga, un tirón de orellas e un cachete no cú. Foi incrible a reacción do resto dos compañeiros dos medios que non fixeron nada para evita-lo follón, limitándose a sacar fotos e dar folgos para que se deran máis forte. Na imaxe vemos como a xente anima a  que se zoupen con máis forza, salientamos a cara do xornalista, que con rabia contida, ben se lle ve, intenta darlle unha mascada o separatista Toñito Clarete (o que leva o sombreiro blanco).
Finalmente a presentación da RM (Radio  Morraso) quedou nun segundo plano, sendo o máis salientable a penosa imaxe que deixaron os dous púxiles. O CIM deu un comunicado o rematala rolda de prensa, no que convidaban os medios a unha nova xuntanza, co fin de rematar a presentación da idea bateeira. 

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: