“NA POCHA NON HAI RIVAL FÁCIL”

26 02 2008

Resulta que Felisindo, Javiota, Tonecho e o Braulio xogan a final da Pocha na taberna do Pallín. A prensa está reunida o redor da mesa de “ajlomerado” (como dí o taberneiro). Enriba da mesa catro copas de caña de herbas, un par de viños e uns “persebes de terra” ou cacahuetes. Felisindo é o vixente campión de Pocha na de Pallín, torneo que ano tras ano vai gañando adeptos. O que empezou como un xogo entre amigos converteuse nun torneo no que inda que non se gañan cartos pode perderse o honor, como  o mesmo Braulio comentou a micrófono pechado a un compañeiro dos medios. O partida comezou algo trabada, o Tonecho, tamén coñecido como o Tatexo, foi o encargado de repartila sorte, dando comezo a vixésimo cuarta edición de Pocha na de Pallín.

Para esta ocasión o Pallín saca as mellores galas, trae uns chourizos de Xinzo que lle manda o seu cuñado, o viño é sempre o mellor da taberna e el vai vestido cun traxe que ben recorda os defuntos no féretro. Convoca os medios unha semana antes para dar unha rolda de prensa co vixente campión, e presentar os aspirantes o título mundial de Pocha. Fala sempre de título mundial xa que dí que para el é un mundo, e que non coñece outro torneo ofisial de Pocha.

Tras uns comezos un tanto complicados, os nervios apodéranse do Javiota e pronto queda descolgado da cabeza. Boa parte da partida é controlada polo Braulio, pero a medida que baixan as herbas bravas pola gorxa, baixan tamén os puntos. Desta forma chégase a última tanda co Felisindo e o Tonecho separados por cinco puntos. Unha boa man do de Cunchido, o Felisindo, permítelle in extremis facerse ca vitoria.

O final da partidas os medios agólpanse para conseguir as primeiras declaracións do campión. O Felisindo, un experto en facer declaracións, responde con soltura e con alegría contida: “A Pocha é así, non hai rival pequeno, hai que xoghar ate o último minuto” 

466250.jpg

Na imaxe, temos os catro aspirantes a ser campións de pocha, e no centro o Pallín. Empezando pola dereita: Tonecho, Felisindo, Pallín, Braulio e Javiota.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: