MORRASO QUINTA PROVINSIA

29 02 2008

O CIM volve como o turrón polo Nadal. Voltamos a ter na escena político-militar os gherrilleiros do Morraso. A campaña electoral despertou do seu letargo invernal  a Manolo do Sacho e os seus compinches. Agora o motivo non é outro que a sarta de mentiras vertidas polos partidos ProMadrid, según as propias verbas do dirixente morracense. O de Meiro, Toñito Clarete, negou  a participación do CIM na batalla política por discrepancias cos poderes estatais. Por outra banda a reacción do de Aldán, Felisiano Bertorella, do aparato propagandístico, dí estar moi satisfeito ca incorporación de Lurú o convinado de estrelas que “aupará o CIM ate o máis alto, tendo como prinsipal consecuensia a separación do Morraso co resto de Pontevedra, a anexión das Sies, Ons, Vilaboa, Salsedo e Lourisán, e a inminenete chegada da Sede da Consellería de Pesca o Morraso”.

Os guerrilleiros lexos de escapar do panorama social local, intentarán voltar con máis forza. Este pode selo titular da rolda de prensa da tarde de onte, na que os paramilitares portaron camisolas cunha frase que dicía: DENANTES MORTOS QUE VIGHESES. 

palleiros2.jpg

Por outra banda Toñito Clarete e o resto dos integrantes do CIM, voltaron a insistir na manipulación dos medios, atacando insistentemente o Faro de Vijo e o Atlántico, chamando os seus dirixentes “Muxos e Javiotas“. A formación parece ter un sentido claro a autodeterminación bateeira, e esta só é posible se as forzas se unen. Para elo chaman a cidadanía a falar dende o respeto, pero sempre co rencor xusto, estas palabras  que non poden ser moi entendidas están a ser analizadas polo noso equipo, por se trae un mensaxe encriptado. Namentres só decirvos que si algo pasa alí estaremos.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: