ANO 2035

5 03 2008

Estamos no ano 2035, as cousas en España seguen igual, non sabemos se somos un estado de estados, unha nación, unha grande e libre ou simplemente un estado federal (que parece o máis lóxico). Xa pasaron varios presidentes tras ZP. E non, Pepiño Blanco non chegou a ser presidente, e Rajoy tampouco. O resto dos españois téñen medo os galegos, e en é parte normal, a última vez que un galego dirixiu o país tardou cuarenta anos en irse. Zaplana e Acebes, deixaron a política dedicándose a súa familia, as dúas semanas Zaplana estaba divorciado e Acebes tivo que escapar a Francia, a súa familia ameazouno con castralo se non deixaba de falar dese xeito.

Esperanza Aguirre chegou a ser presidente do goberno, e prohibiu o apelido Gallardón en España, e por outra banda Gallardón acabouse presentando polo PSOE, pero María Teresa Fernández de la Vega botouno do partido. (Que lle pasará cas mulleres??) O PSOE nunca gañou en Madrid, e polo de momento parece que tampouco será posible un goberno de esquerdas na capital.

En Galicia seguimos ca mesma clase política. Beiras caeu nun olvido que foi a tumba pro nacionalismo galego. Touriño gobernou Galicia uns 16 anos, sendo o compañeiro de Fraga nas partidas de dominó no asilo de Campolameiro. Fraga segue vivo, moitos din que foi visto deambulando por Zas e Vimianzo. Manolo Rivas foi Premio Nobel no 2020 co seu super ventas: “Un galego en Marte” O Celta de Vigo conseguiu outro record histórico converténdose no clube que máis veces baixou e subiu na historia da Liga. O depor acabou desaparecendo gracias a estupenda xestión de Lendoiro. Lendoiro foise de Galicia e vive en Benidor, converténdose no segundo home máis vello do mundo (o primeiro e Fraga) Amancio Ortega patrocinou a selección galega de fútbol, e Estrella Galicia foi quen de converterse por fín en Estrela Galega. Por certo o galego non o fala ninguén, tan só algúns vellos (Fraga é o seu máximo espoñente).

O Courel é un parque temático para os madrileños. Os Ancares non existen. Agora pódese ir andando dende Vigo a Cangas grazas a magnífica xestión de Zona Franca. Marín conseguiu porfín o seu cometido, chegar o outro lado da Ría gracias os recheos, e sí, o outro lado había terra, e seguiron máis alá, logrando encher tódalas rías galegas. As Rías Baixas non existen, agora son os Recheos Baixos, un nome segundo os expertos moito máis comercial. Se non pensen nuns pementos recheos ou nun ovo recreo.

Galicia é unha cousa rara e indefinible. A súa arquitectura é parodiada en todo o mundo. E todos coñecen a casa arácnida ou casa con patas. Galicia é o que sempre foi, unha terra sen nai.

medium_futuro.jpg

Na imaxe Corcubión, unha vila típica galega.

Advertisements

Accións

Information

2 responses

5 03 2008
filomeno

Los gallegos son los mejores gobernantes

19 05 2008
:S:S:S:S

zaplana e acebes aaahh!!

todo se cumpre :S

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: