Presentación do X Encontro Degustación do Millo Corvo: 08 de marzo del 2008.
Xornadas educativas cos nenos dos colexios (“Ciclo do pan”): semana do 10 ao 14 de marzo. Os cativos realizarán o “Ciclo do Pan”: debullarán as mazorcas de millo corvo, irán ao muíño a moer os grans e obter fariña e amasarán e cocerán a bola corva de porta aberta nun forno tradicional.
Obradoiros participativos: (do 24 ao 27 de marzo). Necesario inscripción.
Obradoiro de follaco: celebrarase os días 25 e 27 de marzo ás 20:00 horas
Obradoiro de cestería tradicional: celebrarase os días 24 e 26 de marzo ás 20:00 horas.
X ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO (do 28 ao 30 de marzo):
Muiñada de todo o día: 28 de marzo. O muíño da Presa (no Canudo – Bueu) permanecerá aberto e funcionando durante todo o día, e pola noite contarase con música tradicional e a degustación da tradicional queimada ás 12 da noite.
Sábado 29 de marzo.
Charla – coloquio.
A continuación celebrarase o festival “A Pan de Millo”, onde se contará coa actuación de diferentes agrupacións tanto musicais como de baile tradicional. Tamén se contará coa elaboración das recetas máis tradicionais e antergas na Ecotaberna.
X Encontro Degustación do Millo Corvo: domingo 30 de marzo. Dende as 11 da mañá contarase con múltiples actividades durante
Deixar unha resposta