MORRASO QUINTA PROVINSIA

17 03 2008

O CIM (Comando Independentista do Morraso) fixo pública a súa carta de propósitos para a primavera que entra. Nela redáctanse os puntos básicos que a organización bateeira e separatista levará adiente nos vindeiros meses.

O comunicado fíxose púbico nunha batea de Aldán, reivindicando así un dos seus primeiros puntos: “Unha provinsia onde o respeto polo medio sexa a súa arma propagandística”  Manolo do Sacho, Fermin de Meiro e Lurú foron os encargados de ler o comunicado, de novo e unha vez máis cargado de tensión. A cita non foron invitados periodistas como Juan Calvorota, co fin de evitar males maiores, do mesmo xeito qeu Toñito Clarete, home dunha forte personalidade, non estivo presente a hora de ler o comunicado.

O  Subcomandante Marcos da Portela, fixo unha aparición por video conferencia, reservándose a súa residencia co fin de evitar que as forzas de opresión pontevedresas acabaran por detelo. Lurú foi o encargado de colocar os altofalantes para que se escoitara en boa parte da Ría de Aldán, el mesmo e sen axuda de gravadoras conseguiu dar un discurso que pasará a historia.

Os puntos que tratou o CIM neste chamado Encontro polo Medio Morrasense foron os seguintes:

1.-Respeto polo medio natural do Morraso, como único e de carácter inneghociable.

2.-Declarasión  da Fragha de Coiro, Ermelo, Castiñeiras e Chan d´ Arquiña como Reservas da Biosfera.

3.-Recuperasión do Casco Vello de Cangas, Bueu, Moaña e Marín.

4.-Anexión inneghosible de Vilaboa, As Síes, Ons e as parroquias de Salsedo e Lourisán.

5.-Creasión dun observatorio histórico en Donon, garantindo a recuperación da arquitectura popular na zona, evitando a proliferación de jalpóns, e restaurantes-jalpón.

6.-Proclamación do furancheo como medida de cohesión sosial no Morraso.

7.-Alfonso da Herba é o cantar popular máis arraigado a ideosincrasia morrasense e polo tanto debe figurar en todo acto ofisial.

8.-O Entroido do Hío é unha festa que debe ser conservada.

9.-Posta en marcha do peaxe a inversa, será pajado por todos aqueles foráneos que intenten vir a praia co seu camping-jas e ca familia o compreto.

10.-Non teremos desdobre do Vial do Corredor. Non se marxinará máis o pobo de Coiro, Meira, Domaio e da Meixoada.

11.-O progreso da Provinsia está íntimamente ligado ca desaparisión do arkalipto, prinsipal enimigo dos morrasenses. O Morraso será  a primeira provinsia galega 100% de bosque autóctono.

12.-O Morraso está en loita, en loita pola marxinación sufrida dende tempos inmemorables.

13.-O barco a Vigho é será unha aposta de futuro, así como todo o servizo público de transportes.

14.-O Morraso non será patícipe da proliferasión de constructoras que veñan a enriquecerse pavimentando e encementando

15.-Massó é do Morraso e polo tanto será do pobo morrasense.

Este foi o comunicado qeu leron os separatistas. O término do acto, os gherrilleiros levantáronse na batea e co puño en alto cantaron o Alfonso da Herba, acompañados dun ghaiteiro qeu secuestraron en Pinténs (o ghaiteiro atópase en perfectas condicións, e algúns dín que segue tocando na batea)

ghaiteiro.jpg

O pé o ghaiteiro co seu fillo, o cal é un coñecido restaurador de Donón.