PIRATAS DO RÍO BOUZÓS

27 04 2008

Chega a nova que impactará na sociedade morracense perante a próxima semán, e dende este espazo intentaremos darlle a maior cobertura que sexa posible.

Os Piratas do Río Bouzós teñen atemorizado a boa parte do vecindario das aldeas de Verín, Retirosa, Parada e parte do Tromentelo. Os piratas fixeronse fortes nesta zona impedindo a circulación de mercancías moi valiosas para os tempos de crise económica que vivimos. Quizáis sexa este o motivo qeu levou a estes corsarios de Coiro a utilizala violencia para gañarse a vida.

Moitas fontes apuntan a que o CIM está detrás de todo isto, pero polo momento tan só podemos falar de especulacións, xa que ningún home de Manolo do Sacho fixo declaración o respeto. O secretismo chega ate límites dificilmente alcanzables, polo que podemos asegurar que será moi complicado poder conseguir unha entrevista con algún destes mariñeiros de auga doce.

Polo momento tres veciñas foron atacadas na tarde de onte, a altura do Bar Jurásico, namentres que na tardiña do xoves pasado, un veciño e o seu can desapareceron cando ían a dos Feos a bota-la partida. Ate agora non temos noticias do secuestro, nin tampouco existen testemuñas sobre o feito. Na parroquia de Coiro reina o descontrol, e Don Benito invocou a tódolos santos para que deixen caer un maleficio sobre todos aqueles que están facendo o mal nas aldeas que rodean a Devesa de Coiro. Don Benito, magnate clerical morracense, xa tivo declarado noutras ocasión que aboga pola independencia de Coiro, querendo que se  instaure unha RFC (República Federal de Coiro), na que el mesmo exercería de Rey, (os intentos de explicarlle que nas repúblicas non existen reis foron inútiles, e Don Benito segue ca teima de selo Rei de Coiro pola gracia divina).

Ate o momento esto é todo o que Ocioloxía pode ofrecer como información veráz e seria. Todo o que se diga a partir de aquí carece de sentido da rigurosidade saltándose como non a obxetividade periodística que caracteriza este blogue. Por istes e outros motivos que non son precisos definir (é domingo e non temos gañas de traballar) non diremos nada máis do caso, eso sí, xa sabedes que  cando pase algo máis, estaremos alí, e vos seredes os primeiros en estar informados.

Continuará…

Advertisements

Accións

Information

5 responses

28 04 2008
marajota

diSó frei que tiven que exiliarme de Coiro durante non menos de 7 anos, que voltei pensando que as cousas andaban máis tranquilas e que a reorganización das forzas recontrarrevolucionistas víase vir, disque se ajachan en ocos segredos baixo da vía de alta capasidá

28 04 2008
waltinho

Moitas grazas Marajota (corresponsal in situ) A verdade é que os datos que aportas son escalofriantes, seguramente estemos ante unha das persoas que mellor coñecen a banda contrarrevolucionaria. Gustaríache ser entrevsitado por Ocioloxia?

29 04 2008
marajota

Polo ría abaixo vai unha troita de pé, merlo calvo informa de movementos que, partindo de “niño do corvo” e cara “pedra furada” ameazan con afectar á pacífica actividade dun par de furanchos en que disque hai quen toma viño con azucre porque lle produce asidéss.
O meu avojao dí que son sabe de quen vides sendo ocioloxía

29 04 2008
O Sarjo

Os meus informantes falan de asaltos nos camiños, ghaliñeiros desfeitos e bodegas saquedas…nin unha mais!!!
Marajota, cando o kiriko cante “one” agárdote onde a campá bica coa pedra torta. Por certo, non me mandes o teu avojao…

30 04 2008
waltinho

Coiro non pode sufrir máis debemos axudar o pobo aillado polos inxulsentes. Inda que despois digamos Coiro República Independiente e don Benito o seu Rei!!!!

Saúdos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: