PIRATAS DO RÍO BOUZÓS (Sejunda Parte-quen dixo que nunca foron boas)

30 04 2008

Bombaso de Notisia! Así arrancaban onte os telediarios, desta forma titulaban os xornais e matinais as súas primeiras páxinas, deste xeito se falaba nas radios locais, e nacionais, e todo gracias a que Ocioloxía saca unha vez máis unha noticia que está sendo todo un fenómeno social.

Moitos coñecían o fenómeno corsario en Coiro, esas abatidas nos ghaliñeiros, ou esas ghomitonas polo viño adulterado tinta femia da zona do Tromentelo. Non eran coincidencias, as ghuadañas de Coiro permanecían moito tempo no jalpón. O caso, esta noticia motivou que moitos colectivos estén colabourando de forma totalmente desinteresada con Ocioloxía co fin de saber algo máis dos Piratas do Río Bouzós. Por iso un grupo de irreductibles viciños de Cangas, coñecidos polos “idearos” (tribu-bravú do surlés peridional) están facéndonos chegar informacións de gran valor periodístico, a falta de contrastalas fontes de información, podemos dicir que o Sarjo e maila Marajota son dous dos corresponsais con máis futuro profesional de Cia Ocioloxía (Tamén hai que dicir que agora mesmo son os únicos que traballan desinteresadamente, esto  é un valor engadido para estes mozos)

As informacións do Sarjo son claras e contundentes, os Piratas teñen amedrentada a poboación de Coiro, e as súas incursións en zonas habitadas está póndelle os ghuevos de corbata a xente. Por istes motivos Clarita (cervexa con ghaseosa) Millán, alcaldesa do Exmo. Concello de Cangas, fixo hoxe público que dará unha rolda de prensa acompañada dos servizos de protección e o novo corpo de seguridade, creado para a ocasión que se chamará “Coiro Sejuro”, máis coñecidos polo sobrenome dos CS.

As primeiras fontes conficenciais de Marajota, nome en clave de Mar-a-Jota, falan de Benito o Jrande, un corsario xa fichado noutrora pola “Jarda Sivil polo Seprona, pola Polisía Municipal, pola Asosiasión de Visiños e máis polo jefe do Jurásico, alí debe sinco tasas de tinto e dúas de branco”, todo según as verbas dun viciño de Coiro, que asegura coñecelo Pirata do Bouzós. Que dicir ten que é totalmente imposible que se trate dun feito aillado pois fontes marajotianas falan de documentos atopados nos que se expón parte do aparato loxístico da banda. Por outra parte fontes sarjonianas falan de accións bélicas recontrarrevolucionarias que están sendo máis que habituais polo que é posible que cheguen documentos gráficos dos atentados contra o mobiliario público de Coiro (según fontes anónimas din que roubaron todo o mobiliario público, senón por que non existen bancos nin farolas nin beirarrúas?)

A continuación publicamos as novas que nos chegan gracias o Marajota. Publicamos o texto literalmente para que vostedes xuzguen e intenten descifrar o mensaxe en braile que nos manda:

Tras cirurxiana operación dos servizos de intelixencia e recontraespionaxe estrutural informo dunha achega inédita. O noso merlo branco foi capaz de sacar, agachados no buraco do bolsillo do pantalón dous planos coas itencións de expansión futura dos discípulos de Benito o grande

A continuación os planos dos que o Marajota fala anteriormente:

Advertisements

Accións

Information

5 responses

30 04 2008
O Sarjo

Os meus confidentes falan de novas ofensivas que teñen como finalidade reducir as forzas do “CS”. A pasada madrujada, o Culío foi identificado baixo o uniforme das forzas especiais do “CS”, despois dunha forte disputa foi reducido e crucificado en coiros baixo a pancarta: “Coiro República Independente”.

3 05 2008
por que?

nooooooooooooooooooooooooon

Culío nooooon 😥

4 05 2008
Fabio Cibersociologo

Epa !!! Agradezo atopar un valente que teña valor, como decía Marful http://www.folque.com/musica-marful/wp/?page_id=3 na súa letra de LEVERELEM . So podo decirche adiante con “ociolxia” e demais soportes ciber sociolóxicos alternativos … Un saúdo . Xa estamos en contacto, logo do cumpleanos de GÜNTHER 😉

5 05 2008
O Sarjo

Ante o preocupación manifestada sobre a integridade do Culío, membro das élites do CS, podemos puntualizar cunha mensaxe tranquilizadora, que as nosas unidades de rastrexo de información puideron presenciar o seu rescate e posta en liberdade por parte do corpo de élite das CS.
Ademais, foi visto en varias ocasións circulando co seu “quad” polos arredores do concello. Parece que Clarita con limón anda arghallando novos movementos de liberación.
Daremos conta dos novos acontecementos.

6 05 2008
por que?

ufff menos mal agora podes continuar presidindo a rotonda e lotitando contra o mal no culíomovil

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: