PIRATAS DO RÍO BOUZÓS

18 05 2008

Pasaron xa varias semanas dende que os corsarios de Coiro decidiron tomala xustiza pola súa man. Agora xa non existe control na parroquia de Cangas, as meigas escaparon, a Casa da Mangallona agora é o núcleo central do pirateo popular e revolucionario de Coiro, o Jurásico e mailo dos Feos son locais onde a tensión se corta con coitelos. O caso a cousa está moi mal.

Polo momento Raimundo “Sijarrillo Apajado”, coñecido tamén na zona como o “Juapo con Jota”, acaba de testificar que miles de litros de tinta femia, e de blanco turbio, foron adulterados con químicos. O caso é que a xente non se fía. Moitos cangueses prefiren non achegarse ate a brava zona de Coiro, recoñecida por Don Benito primeiro “O Grande” como estado republicano e libre. A república está mais preto de Coiro que de Portugal, e polo momento so podemos decirlles que os corsarios teñen previsto coroar a Benito primeiro “O Grande” como rei da república, converténdose así na primeira república con rei.

Centos de veciñas e veceiños están entre dous mares, non saben se apoiar o movento corsario é ir en contra dos seus principios, polo que o de agora a colabouración cidadá ca policía Coiro Sejuro, encabezada polo Culio, está sendo nula. Ninguén quere impoñer nada,  ninguén se quere arriscar a darlle o concello o beneplácito de seguir mandando sobre a parroquia máis esquencida do morrazo.

 

Advertisements

Accións

Information

2 responses

20 05 2008
marajota

Quería comunicar que son falsos os rumores de que haxa un par de furanchos que fan proselitismo ao converterse en púlpitos e auténticos altares de adorasión a Benito a altas horas da madrujada. Os cánticos acompasados, os estranos berros na rúa ou os andares erráticos cos que algúns interrompen a paz polas vías de Castrillón a Parada, da Rosada ao Outeiro, do Barreiro aos Lajos a altas horas da madrujada non son códigos segredos incitando á anunciada amancipación da nosa terra, e senón que llo prejunten ás abnegadas mulleres.
Aínda que as malas linguas comenten un feito, xa case lenda, no que benito realiza un rito de iniciación bautismal por inmersión en viño novo dos novos seguidores en que o iniciado non e extraído do receptáculo ata que baixe un palmo o nivel do viño…. son todo falabaratos que andan á busca de salpicar de merda o bo nome da terra de Coiro. Por moito que se insista o “trenecito” non é tampouco lugar de iniciación orxiástica para a eterna unión ao fraternal e valeroso movemento de liberasión de Coiro.

21 05 2008
O Sarjo

Tras unha mais que arriscada incursión na parroquia de Coiro, e gracias a inestimable información aportada polo estudio pseudocientífico do Marajota e os seus alevíns, eu e a miña cámara fomos testigos de excepción dun feito sen precedentes dende que deu comezo o periodo recontrarevolucionario.
Trátase dunha acción de trapicheo de viño con dobre gota de sulfitos que os secuaces da Clarita con ghaseaosa tentarán introducir polos furanchos que se reparten ao longo das distintas parroquias veciñas. Tras percatarse da miña presenza (Ajachado tras un chimpin rectificado de competissión), tanto os nativos implicados como os membros do Cs comandados polo camikace do quad, fixeron uso das súas forzas dispoñibles. A fuxida foi complicada ,levouse a cabo baixo as viñas, entre cebolas e patacas novas, pero finalmente puiden despistalos utilizando a técnica do espantallo torto, un clásico.
Ajora habera que recopilar o material gráfico para determinar, coa frialdade e precisión que require, as medidas persuasivas mais tocacollóns para ambos bandos. Chejou o momento de pensar e mover as pezas…jeje…

Mensaxe para o Marajota: Miramonos no mirador do liscanso a hora de sempre, non esquezas o bocata de patajullos e viño de Donón.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: