PIRATAS DO RÍO BOUZÓS-A REVELACIÓN DUN POBO.-

13 08 2008

“O que nunca sae nos medios e como se non pasaxe” Típica frase dun periodista que nunca estivo no Morrazo e non coñece o movemento corsario do Rió Bouzós, o caso é que ate fai poucas semanas Ocioloxía daba avances sobre o que acontecía na ribeira do afamado río de Coiro. Recordando un pouco as antigas novas sobre este tema, decir que a poboación da parroquia de Coiro estaba atemorizada pola adulteración do viño do país, sobre todo por que esta nova salía a luz en plena actividade dos furanchos (bebedoiros municipais).

Aquí a asociación de furanchos de Coiro no ano da súa fundación no 1993. No centro con camisa blanca o irmau do “Jaseosa”, o “Mirinda”. A súa esquerda o seu fillo, o “pesicola”.

Delmiro Casas alias “Jaseosa”, é o presidente da asociación de furanchos do val de Coiro, e en declaracións a un dos nosos reporteiros puidemos entre ver o medo que reinaba no gremio, “estamos acojonados, non sabemos se a tempada será boa, ijual ate perdemos cuartos se Felisinda non fai o dobre de tortillas con chouriso” Ademáis o “Jaseosa” xunto co Culío e o Bizcochito, foron declarados “non gratos” na ribeira do río, polo que os veciños fixeron mobilizacións frente a casa reitoral de Benito I “O Jrande”. O domicilio da xefatura de estado de Coiro converteuse nun verdadeiro campo de reivindicacións sociais, de defensa dos intereses dos máis débiles e dunha luita contra a precariedade que vive este pobo do Morrazo.

En declaracións a Ocioloxía un veciño anónimo que se fai chamar Atilano, dixo que “as asións de Benito I “O Jrande” non deben de ser aseptadas polo pueblo, deben ser asións para o ben da xente, e inda diría máis, a idiosincrasía da poboasión de Coiro pide a derojasión das leis concursais que levaron o cura o poder, a desarmortisasión é un dereito non un privilexio daljúns, a casa reitoral e as terras da fraja deben ser para os de Coiro”

En resumidas contas, o que Ocioloxía saca de todo este feixe de novas soltas,  é que o pobo de Coiro culpa directamente o mandatario Benito I, quen segundo fontes do Banco Canario Sahariano, posúe unha enchenta de bens inmobiliarios, e que agora podría estar pasando por un momento de crise económica. Ademáis o pobo de Coiro culpa tamén a Xefatura de Estado da actual situación corsaria na ribeira do Bouzós, algo que nin os máis vellos recordan algo parecido.

Advertisements

Accións

Information

One response

14 08 2008
O Sarjo

O de abaixo a dereita, xunto ao can, e “Noé”, ex profesor de filosofía no Monte Carrasco, o mellorciño que lembro por alí. Tamén era coñecido como: “Indiana Jones”, con látigo e todo, un auténtico crack!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: