O FARO DA BORNEIRA- “o outro Faro”- O VIÑO MORRACENSE RECUPÉRASE.-

28 08 2008

O titular do Faro de Vigho na edición do Morraso fala por sí solo. As novas adiantadas por este portal están sendo ratificadas polo xornal vighés. “O viño morracense recupérase”, tras longas loitas entre os corsarios de Coiro, aqueles que se facían chamar Os Piratas do Río Bouzós, e os veciños da parroquia de Coiro, están chegando a un entendemento tras reunións clandestinas na dos Feos. A noticia do Faro de hoxe non é máis que a constatación que o viño da comarca estase a consolidar tralos envelenamentos que moitos morracenses sufriron nos furanchos perante a tempada de viños deste 2008.

Para chegar a confianza da poboación o Concello de Cangas, ca autorización da Asociación de Furanchos do Morrazo, están a facer unha promoción visual do viño no Concello, co fin de atraelo consumidor que meses atrás perdera a confianza nun dos viños máis enxebres do panorama nacional. E é que estamos a falar do viño turbio de Coiro, do tinta femia de Cela ou  mesmo deses alvariños da zona dos areais de Barra que parecen estar a vivilas súas últimas glorias tras anos nos que foi considerado un dos mellores alvariños do mundo.

Entre a nova que resalta o Faro de hoxe queremos facer especial mención a unha das frases que se poden ler no xornal vijés, para elo parafraseamos a nova co fin de facer un análise despoís:

“A exposición fotográfica “16 litros” inaugurouse o pasado luns no Eirado do Sinal e poderase visitar ata mañá.”

M.P.G., siglas do/a periodista que fai o artigo, comenta como enoxado que o seu artigo non fora publicado o luns, ou incluso o domingo, co fin de dar maior difusión a tal feito. O artigo sae a luz un día antes de que remate o acto conmemorativo o movemento vinícula do Morraso. Outro caso que merece a aprobación de M.P.G., a quen lle mandamos un afectuoso saúdo, e o que concerniu a conservación da fala popular, feito que queda máis que demostrado no seguinte extracto da noticia e que citamos a continuación:

“Amais, coa regulación dos furanchos por parte da Xunta, moitos terán que pechar, e era nestes establecementos onde se vendía o viño excedente do país

Sen máis despedirmos desta primeira contrainformación, dende o pé da apoloxía o consumo moderado de tinto femia, de godello, de albariño, de mencía ou mesmo do viño turbio de Coiro, co cal temos certa afinidade e polo cal abogamos que teña un pronto recoñecemento como Denominación de Orixe. E axudando un pouco a súa consolidación, facemos un pequeno guiño o equipo de marketing da posible denominación buscándolle un nome comercial e de certa relevancia, tendo en conta os aspecto antropolóxicos da parroquia, o nome pensamos que podría ser: “Terra de Meigas”

Advertisements

Accións

Information

One response

30 08 2008
Barnikel

Primo, primo, eres un xenio ou un tolo, Ocioloxía ten que ser recoñecido pero XA!!! Este blog é unha ráfaga de aire fresco na blogosfera galega, aínda que non me entero da metade do que leo. ¿Haberá que ser de Cangas para coscarse de todo? Non hai problema, en canto aprobe as opos collo un par de semanas sabáticas (se me acolledes) e vou a empaparme ben do Morrazo.
Unha idea: ¿que tal unha “Guía de Ocioloxía” para os novatos?
Apertas!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: