COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRAZO.

31 08 2008

 

Xa facía tempo que non tiñamos noticias do “Grupo gherrilleiro e bateeiro do Morrazo”, e a calma tan só podía se-lo preludio dunha treboada. Como xa é costume o C.I.M. convocou unha rolda de prensa a que asistiron os seus máximos dirixentes, de esquerda a dereita na foto, Toñito Clarete, Manolo do Sacho e o Subcomandante Marcos d´a Portela.

A nova non é unha rolda de prensa máis senón que un semanal se fixera eco da noticia e que fóra portada na Comarca do Morrazo o pasado venres 29. O seu titular fala por si solo: O Comando crea polémica. O caso é que Toñito Clarete, o home duro dos paramilitares e o número un do aparato loxístico do CIM, fixo unha duras declaracións, na que citaba a un “gran exército popular disposto a todo e sen condicións”.  Por outra banda, un estudo realizado por unha empresa independente contratada polos morrasenses, sinala que tan só o Concello de Cuntis e o de Vigo son os que se negan a admiti-la quinta provincia galega. Por outra banda o líder espiritual do Cim, Manolo do Sacho, negouse a da-la explotación dos datos por crer innecesario por en perigo a vida das persoas qeu fixeron dito estudo, segundo o de Abelendo, o Concello de Vigo, enimigo número un do CIM, e o seu alcalde o malo malísimo Caballero, están investigando sobre o tema e crese que poden estar trala empresa contratada polo CIM que está asentada en Vigo.

O Subcomandante Marcos d´a Portela foi o encargado de levar adiante o groso das declaracións do CIM, desta forma o líder morracense fala da contínua luita que manterán contra todos aqueles que non permitan unha maior independencia da Comarca do Morrazo. Además falou do futuro do CIM, declarando: “non pararemos ate conseghir a Liberasión Nasional Morrasense” o que seguiron declaracións xa habituais, como a denuncia a especulación inmobiliaria; a falta de ecoloxismo na comarca; a consecución da moeda morracense, o morracinho; a enumeración dos enimigos do Morrazo comezando polo Concello de Vigo e rematando cos gobernos de Compostela e Madrid;…

Advertisements