JEREMÍAS, O APÓSTATA.-

16 09 2008

Jeremías, o da Chochona, vive no número catro da rúa Espritu Santo de Ribadavia, preto do Papuxa, unha taberna digna de visitar. No Papuxa pasa parte da súa vida o Jeremías, e moitos do lugar xa o coñecen como Jeremías o Mesías, disque porque non para de dar sermóns, e só lle falta que un día se abran as augas do Avia ou que chova un bo ribeiro.

 

Baixo estas liñas o Jeremías invocando o único deus verdadeiro, o ribeiro.

O caso é que un bó día o Jeremías entrou en cólera, comezou a insultar a todos os pseudocristiáns que estaban na tasca e confesouse “ateo dende que ten uso de razón”. Soltar isto no epicentro da cristianidade moderna no é fácil, Ribadavia antano foi un refuxio para xudeos e hoxe é un crisol de pequenas e grandes igrexias, seguramente instaladas eiquí polo do bó beber dos curas e cregos. Sen desviarnos moito do tema, o Jeremías está farto da Igrexa e comentou no Papuxa que quere facerse apóstata, primeiro explicoulles que é iso de apostatar e logo seguiu insultando a todo dios, e nunca mellor dito, non se esquenceu de ninguén, o Papa Bieito XVI, o arcebispo de Compostela, o cura da parroquia, os da Cope, e cando chegou o turno de Rouco Varela,…, apartou o queixo e os viños do mesado do bar e dixo:

“E a dios poño por testemuña que endexamáis voltarei a misa, nin de vivo nin de morto”.

Jeremías saiu do bar tras esta célebre frase que xa analizaremos outro día, e dirixiuse directamente a Casa do Concello, tropezou co alcalde e máis co concelleiro de tráfico e dixo sen deterse: “sempre no medio carallo, haber se vos leva o río dunha vez, e se estou diante tende claro que non vos boto unha man” Ca mesma dirixiuse o rexistro civil, e solicitou unha chea de papeles, moitos deles só polo mero feito de fastidiar, sen ánimo de nada, pero o caso, o Jeremías é apóstata, sí, pero é máis que nada por levala contraria.

Continuará…

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: