O CIM-COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRASO

24 09 2008

Que che vou disir?! Que son nasionalista do Morraso!!

Así comezaba a entrevista que Cía Ocioloxía mantivo con Toñito Clarete, o home máis duro do Subcomandante Marcos da Portela e de Manolo do Sacho, líderes do CIM, un movemento nacionalista, separatista e bateeiro no Morrazo ou Morraso como eles mesmos defenden. Toñito Clarte é un home nervioso, recoñecidas son as súas contínuas broncas ca prensa, e tan so accede a entrevistas con Ocioloxía, a quen chama agarimosamente o Gara do Morraso.

Toñito Clarete e natural do Hío, nace no ano 1943, e defendeu antano as viñas de Barra e o nudismo neste areal. Se tiveramos que escoller unha banda sonora para a entrevista, de bo seguro que o Toñito escollería unha de Amancio Prada, e se o pincha-discos non a ten unha dos Smiths. Gústalle falar en público e ten un sorriso fácil na intimidade, detesta a Aznar e a Juanito Calvorota e sen lugar a dúbidas califica o xornal Faro de Vigo como o seu inimigo número un.

A entrevista foi concertada nunha taberna moi coñecida en cangas, nome que manteremos en segredo por petición persoal do Toñito Clarete. Antes de comezar a entrevista Toñito pide uns viños en tasa.

-C.O. (CÍA. OCIOLOXIA) Boas tardes Toñito, alegrámonos poder manter unha entrevista contigo, xa que a poboación morracense está con moitas gañas de coñecer os movementos do CIM. 

T. C. (Toñito Clarete) Que che vou a disir?! Que son nasionalista do Morraso! E por iste motivo acsedín a faser unha entrevista convosco, por que sei que sodes vos rapases, non como esas lurpias fedorentas do xornal mintireiro 

-C.O. Dende Cía Ocioloxía publicamos moitas novas sobre o CIM, xa que é un movemento autóctono e que non atenta contra os morracenses, e ademáis dí defender os intereses dos mesmos. Que intereses defendedes?

-T.C. O primeiro a liberdade, todos debemos ser seibes, ou polo menos chegar a acarisiar a liberdade cos dedos, para deghustala e ver se é doce ou salgada. Con outro exemplo máis noso, chejar a ser libres significa poder saltar como a marajota nas aujas, como o arroás no ría ou como o corvorán polo seo. Ademáis da liberdade do pobo morrassense tamén queremos que o morrassense sexa quen de dominar as abalanchas de jodechinchos que veñen a queimarnolos montes, encher de merda as nossas praias e a verter máis merda nas nossas aujas. Por outra banda o CIM sempre defenderá os interesses das classes menos favoresidas, ou como lles justa disir os politicuchos das classes máis desfavoresidas.

-C.O. Falando de política, o CIM aproba algún programa electoral dos partidos representados no consistorio municipal.

-T.C. Dentro do CIM hai quenes votan a dereita, eu non cho vou nejar, somos así, un jrupo gherrilleiro galego e morrassense. Sei que un compañeiro meu, o cal manterei no anonimato, votou o industrial panadero. De tódolos xeitos a min dame ijual, eu non voto son anarkiko ate cando durmo, que durmo espatarrado. Pero respondendo un pouco a pregunta, o CIM non aboga por ningún partido político, inda que moitos nos quixeron identificar co PP de Aldán, e outros cos bloqueiros de Anselmo, inclusso uns incautos dixeron que eramos o eslavón perdido de Méndez Ferrín e que viñamos a salvar a Mariano. Ves, cos que nunca nos xuntaron foron cos psociatas, paresme raro ajora que o penso…

-C.O. É certo, A Voz de Galicia publicou fai uns anos que o PP de Aldán quería selo epicentro do mundo da ría azul, esa que estaría gobernada pola dereita tanto polo eixo de Pontevedra como polo de Vigo…

-T.C. (Cun xeito, ergendo a man dereita dende o peito e cun dedo apuntandonos…) Non quero responder a isa preghunta.

-C.O. Pero se inda non fixemos ningunha pregunta…

-T.C. (Con cara de poucos amigos) Pero vala faser…

-C.O. Está ben paso a seguinte pregunta. Que é para tí Manolo do Sacho?

-T.C. Eu coñesín a Manolo fai 33 anos, nunha xuntanza do P.C. Eu non era comunista, xa che dixen que era anarquista, pero como por aquel eramos xa poucos, íamos as festas do PC, que eran moito mellores, hai que recolleselo, qeu as nossas. Nunha dessas festas coincidín botando un aujardente de herbas cun home serio, con barba branca qeu cubría o rostro por completo, deixando o descuberto uns lentes grandes que lle daban un aire de intelectual vido a menos. O caso é que aquel día o Manolo xa me comentara a idea de faser o CIM, quizáis el xa sabía que eu era máis ben activista, e qeu prefería usalos puños que os miolos. Deu ca persoa axeitada, dende aquel día non me separo do Manolo nin para mexar, bueno sí pra durmir ca miña Carmiña.

Aquí Toñito Clarete e Manolo do Sacho nun guateque do PC nos anos 70

-C.O. Toñito Clarerte ten familia?

-T.C. Sí, a miña dona chámase Carmiña e teño sinco fillos, ademáis morreume un fai dous anos por culpa da heroína. O maior está estudando para cuando sea jrande, ou eso é o que me dí, pero o cabrón xa ten 41 anos e non parese que teña pensado marchar, e claro por culpa del ninghún marhca da casa, xa que o resto non marcharán ate que Antoñito non voe do niño.

Aquí a filla do Toñito, a Toñi, esta é a foto que leva na carteira o Toñito

 

 

…continuará…

Advertisements

Accións

Information

3 responses

24 09 2008
Culío

sublime

AVANTE C.I.M.!!!

26 09 2008
marajota

o C.I.M é a esperansa que nos queda. O C.I.M é a lura que colles cando pensas que vas pa casa coas mans valeiras, é o viño sen catalán, é a sardiña sen o rabo queimado, é a casa con zancos, é o valado de somieres: adiante co C.I.M

2 10 2008
Barnikel

Estás coma unha chota, primo… ¡Pero que bo! Nunca sei se o que contas ten algo de certo ou é todo verdade, pero ríome un cacho… 😉

Por certo, xa podedes ver a miña curta, a ver que vos parece: http://18punto1.barnikel.net

😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: