C.I.M. COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRAZO

29 12 2008

O Comando Independentista quere celebrar o Nadal de forma que non afecte a ninguén, posto que “nin os seus inimigos merecen faltar na casa dos seres queridos”. De tódolos xeitos a cúpula paramilitar garante un 2009 cheo de movilizacións e de luitas populares contra medidas dos poderes fácticos. O lugar elixido nesta ocasión para facela rolda de prensa foi a Casa Popular da Fame no lugar de San Martiño. Non foi este o lugar elexido por casualidade, posto que en numerosas ocasións Manolo do Sacho, líder espiritual do movemento morracense, fixo un chamamento a tódolos movementos asociativos do país (O Morraso) para que luiten contra a desaparición das terras productivas do agro morracense e contra a desaparición das terras vinícolas de Coiro, Aldán, Meiro, Domaio, O Hío e San Martiño. 

Como cada 29 de decembro os homes de Toñito Clarete, Manolo do Sacho e do Subcomandante Marcos da Portela redactaron o decálogo do 2009, en onde de forma espontánea e sen previo aviso, aproveitaron este momento para por tamén fotos dos paramilitares en pelotas, co que pretenden recaudar parte do presuposto para o vindeiro ano. O almanaque-decálogo-penthouse estará a venda a partir desta mesma tarde nos quioscos de Bueu, Cangas e Moaña, posto que este ano tamén se desmarcaron os independentistas morrasenses de Marín, que non aproban o despelote no almanaque, xa que o consideran un insulto cara a masculinidade dos paramilitares. Por outra banda os de Vilaboa están a pensar en dar por bo o decálogo, xa que inda que eles aprobaron as fotos do almanaque non aproban o sexto artigo no que se fala de Vilaboa como parte do Morrazo, e o que pasa é que para eles debe ser un país independiente asociado o Morrazo

Advertisements




KEIMAKASAS

23 12 2008

O queimacasas, e un cangarexo de cor negra, que se agocha entre as rochas do mar atlántico. Famoso entre os cangarexos polo seu nome é quizáis o rei dos cubos de plástico dos cativos, collido cautivo por nenos e non tan nenos é o irmá pequeno da afamada nécora, moito máis señorial, máis querida no pote e no bandullo. O quiemacasas non deixa de ser un vasalo, un traballador, un obreiro…Pero a súa tradición de explotado fai que apareza como un revolucionario, que se enoxe ante as inxustizas que acontecen no mar, das que acontecen entre as rochas, naqueles lugares onde as veces parece que non pasa nada, por que simplemente non se ve.

Keimakasas non deixa de ser un músico de punk, e onde vai tocar mellor que no Morrazo. Facía tempo que non escoitábamos os Keimakasas, tantos como 12. Por que sí, Keimakasas non é só un cangarexo, ou mellor dito, son cangarexos negros revolucionarios que tomaron unha forma antropomórfica para voltar o mundo humano e facernos pensar e así escoitar o grito dos que teñen menos voz. O grito dos que susurran!!!

 

Gracias por voltar o panorama musical do Morrazo, esperámos vervos nos festivais e nos bares!!!!!





UN ANO DE DESFACHATECES

2 12 2008

Vivimos inmersos nunha crise. Este é un titular que estamos xa máis que acostumados a escoitar e ler. O caso é que o noso subconsciente xa non reacciona ante o vocablo CRISE, é mais agora somos quenes de facer chistes e de levantalo ánimo dun luns con tan só pronunciar a palabra crise a compañado de algo cotidiá, tal como: “será cousa da crise muller” ou “seguro que se non fóra pola crise…” Se incluso estou pensando qeu en poucos meses diremos que o Celta houbera ascendido de non ser pola maldita crise.

O caso é que renego de pensar que a crise é algo actual, dende o meu punto de vista existiu unha crise económica mundial dende que o ser humano ten uso de razón. A nosa política económica é igual a unha loita constante contra a sostebilidade do planeta, contra a igualdade dos pobos ou contra a liberdade dos pobos. O caso é que en África morren cada ano miles de persoas de fame, de malaria ou de SIDA, e de tódolos xeitos occidente pensaba en dar unha limosna e condear parte da deuda externa dos países menos desenvoltos (o famoso 0´7% é a maior difamación da historia do capitalismo) Os paises pobres non precisan de limosna, non precisan de políticas económicas de liberalismo, non precisan de mercados libres, senón de que nos demos conta que nos fumos os que destruímos o futuro destes pobos.

Agora sí, se occidente entra en crise se fai falta ingresanse millóns de euros nas arcas dos bancos, quenes despilfarraron os cuartos dos cidadáns, e mentres as políticas europeas e norteamericanas coinciden en verter máis desfachateces, intentando colarnos que as medidas económicas son xustas e precisas. Pero se de algo me sinto ferido é de que nos intenten facer crer que a esta crise lle poidamos chamar crise de confianza e crise financieira. O verdadeiro problema do mundo é que cada quen mira polo seu, sen que nada poda detelo. Así EEUU tardou máis de 10 anos en firmar o protocolo de Kioto, e incluso este protocolo deixa moito que desexar, xa que os países que máis contaminan poden mercar cuota de contaminación a países que non contaminan.

Cara onde vamos? Estamos seguros de qeu os nosos fillos terán un mundo xusto e racional?





LA LIMONCELLO

1 12 2008

No Morrazo seguimos preferindo a Música. Seguimos sendo un país de trovada! Como en Catalunya e dende aló nos chega un novo grupo de fusión. Un grupo chamado La Limoncello, grupo que polo 2009 estará por terras galegas presentando o seu novo traballo chamado “El rey de las marcas”. Sen lugar a dúbidas o seu traballo ven avalado por producións e xentes do mundo do reggea, funk, e outras músicas catalanas, tales como a Kinky Beat ou La Pegatina, quenes estiveron no local social da Tiradoura non fai moito.

foto de lalimoncello en 26/11/08

Por outra banda animamos a escoitar este novo traballo musical, e dende aquí mandamos un agarimoso saúdo as bandas catalanas qeu tocaron en chan morracense. Un saúdo e deica!!!

Para escoitar o MySpace preme aquí

Para velos no seu Fololog preme aquí