UN ANO DE DESFACHATECES

2 12 2008

Vivimos inmersos nunha crise. Este é un titular que estamos xa máis que acostumados a escoitar e ler. O caso é que o noso subconsciente xa non reacciona ante o vocablo CRISE, é mais agora somos quenes de facer chistes e de levantalo ánimo dun luns con tan só pronunciar a palabra crise a compañado de algo cotidiá, tal como: “será cousa da crise muller” ou “seguro que se non fóra pola crise…” Se incluso estou pensando qeu en poucos meses diremos que o Celta houbera ascendido de non ser pola maldita crise.

O caso é que renego de pensar que a crise é algo actual, dende o meu punto de vista existiu unha crise económica mundial dende que o ser humano ten uso de razón. A nosa política económica é igual a unha loita constante contra a sostebilidade do planeta, contra a igualdade dos pobos ou contra a liberdade dos pobos. O caso é que en África morren cada ano miles de persoas de fame, de malaria ou de SIDA, e de tódolos xeitos occidente pensaba en dar unha limosna e condear parte da deuda externa dos países menos desenvoltos (o famoso 0´7% é a maior difamación da historia do capitalismo) Os paises pobres non precisan de limosna, non precisan de políticas económicas de liberalismo, non precisan de mercados libres, senón de que nos demos conta que nos fumos os que destruímos o futuro destes pobos.

Agora sí, se occidente entra en crise se fai falta ingresanse millóns de euros nas arcas dos bancos, quenes despilfarraron os cuartos dos cidadáns, e mentres as políticas europeas e norteamericanas coinciden en verter máis desfachateces, intentando colarnos que as medidas económicas son xustas e precisas. Pero se de algo me sinto ferido é de que nos intenten facer crer que a esta crise lle poidamos chamar crise de confianza e crise financieira. O verdadeiro problema do mundo é que cada quen mira polo seu, sen que nada poda detelo. Así EEUU tardou máis de 10 anos en firmar o protocolo de Kioto, e incluso este protocolo deixa moito que desexar, xa que os países que máis contaminan poden mercar cuota de contaminación a países que non contaminan.

Cara onde vamos? Estamos seguros de qeu os nosos fillos terán un mundo xusto e racional?

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: