RADIO PIRATA, POR QUE NON?

2 01 2009

Fartos de apostar por crear unha Radio Local e Legal, estamos a plantexarnos o crear a Radio Pirata do Morrazo, posto que dende as Administracións Públicas parecen que só queren pornos impedimentos a hora de crear medios de comunicación sostibles e independentes. Quizáis sexa isto último o que non queren que pase, prefiren ter baixo control os medios de prensa libre que poidan nacer, así con este control mediático manterse no poder por máis tempo, facendo crecer o número de clientelismos, de burocracia e de inamobilismo das administracións.

Como Ocioloxía mantén sempre unha postura en favor das liberdades de culto, de expresión e de libre información cremos que a solución pasa pola creación dunha radio pirata, quizáis Radio Pirata Morrazo sexa o primeiro nome que lle demos posto que estamos fartos de ter que aturar os impedimentos administrativos para crear futuro, para crear esperanza e para sermos nos mesmos os que fagamos que o progreso non veña só na liña que nos queren marcar.

Por uns medios de comunicación libres e con futuro Ocioloxía desmárcase das declaracións do Concello, nas que se aseguraba a creación dunha radio local, máis dende este espazo de liberdade apostamos que será algo así como unha chapuza, posto que non entendemos como se pode crear unha radio local sen contratar a ninguén. Por outro lado no momento que pedidos unha licenza de radiodifusión, como marca a lei, as respostas que obtemos son negativas. Por iste motivo vémonos na obriga de saltarnos a administración para facervos chegar a voz da rúa, a voz da xente, a túa voz.

Dende este espazo vamos a apostar polas radios locais e libres, e a continuación comentamos as máis destacadas:

Radio Kalimera, ondas libres de Compostelas no dial 107.9 da fm. Eles mesmos falan de sí:

A Rádio Kalimera nascera como uma rádio universitária há já mais de 15 anos, nos pavilhons estudiantis do Burgo das Naçons. Se bem, houvera uma curta etapa anterior na que se intentara criar uma rádio, partindo esta iniciativa da coordinadora da mocidade do bairro de Vite. Esta tentativa, que nom chegara a coalhar, fora funcral para criar os alicerces organizativos de Rádio Kalimera. Com pessoas do bairro e mais do campus, passava-se a iniciar a emissom no pavilhom social da residência autogerida de estudantes do Burgo Velho.
Radio Flispim, ondas libres de Ferrol no 93.9 da fm. Eles mesmos falan de sí:
É  umha Associaçom Cultural da comarca de Trasancos que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas Sociais e Culturais da Comarca, servindo-se para isto de diferentes instrumentos, como é a realizaçom de actividades, exposiçons, publicaçons, projecçons, o intercámbio e compartilhamento de informaçom, etc com umha actividade principal que actue de elemento de ligaçom e/ou aglutinante: umha rádio livre e comunitária, Rádio FilispiM.
Radio Piratona, ondas libres da Ría de Vigo no 106.0 da fm, son os máis coñecidos para nós, os que estiveron o lado do Festival Deskarga Furtiva de decembro, os que emiten libremente tamén para Cangas e Moaña, é imprescindible falar deste colectivo que está a traballar por que outros teñamos o camiño máis doado, gracias. Eles mesmos falan de sí:
Radio Piratona é unha radio libre que emite desde vigo, cunha longa história ás suas costas. un feixe de anos que deron cabida a mui diversas etapas, definidas estas por pequenos (e non tan pequenos) paróns, cámbios de local, de membr@s e de organización ideolóxica, pero sempre mantendo esa cualidade de rádio libre, meio de comunicación para as voces sen eco nos grandes meios do empresáriado e a banca.
Radio Cuac FM, ondas libre e universitarias de Corunha. Son unha radio que pese as dificultades que presenta ser unha radio libre e comunitaria están a loitar con boas armas, que non deixan de ser bos programas, esperanza e con perseverancia. Recordemos que Cuac FM emite dende o estudo José Couse, bravo!!
Radio Clavi, ondas libres de Lugo, no 103.0 da fm. Eles mesmos falan de sí:
A Radio Clavi no verán de 2005 pegou un chimpo como de estar sentado nun toxo, e ergueuse con gañas de facer cousas, que carallo.
Ao longo do período “do curso 2005-2006”, de setembro a xuño, realizou tantos soños que non se da abasto.
Nova xente, xente con gañas, históric+s…
As persoas que mantiveron o facho aceso, que soplaron as brasas durante anos foron, entre outras: Ana, Xose, Puma. Nesas asembleas ao máis puro estilo “A vida de Brian”, mantívose a gaña, o impulso, o humor, a carraxe de que a Radio Clavi era un medio para todas. Un medio que era un fin.
Dende setembro de 2005 eclosionaron os ovos destes mosquitos respingóns, e puxéronse en marcha 5 programas, así, á vaiche boa, despois de anos sen ter máis que reflexións e caídas libres.

Radio Roncudo: ondas libres de Cormeda Costa da Morte, con duas posibles sintonizacións, 106.1 en Bergantiños e 107.8 en Fisterra

Non queremos deixar pasar esta ocasión sen falar da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, que nace ca intención de difundir o ideario das Radios Libres ca intención final de acadar o recoñecemento da laboura social que levan adiente estes medios de comunicación.
Advertisements

Accións

Information

One response

8 01 2009
bitxo camunhom

Lume q a info escasea, en Compos a Calimera era algo así e tiña moito sentido. Q tal todo? Temos q vernos cando cadres pola terra. Bicasos!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: