ENJANCHADO A VIDA

11 01 2009

Jalindo era un drogodependiente do Forte, un home dos de antes, dos que se botaban o mar 6 meses e nun só en terra era capaz de fundir todo o que gañara na marea. Nunha desas non volveu a marchar, estaba totalmente enganchado a heroína, unha droga que según dín foi creada para mitigar os revolucionarios dos 60, máis que mitigar acabaron cunha xeración, e polo tanto ca riqueza de moitos pobos da costa galega. Outra similitude que temos!!

Jalindo compraba a súa dose na chamada Praza do Benidorm, a actual Praza das Pontes, por cincocentas pesetas tiña un chute que o tería ocupado unhas 6 horas, e dicir que con catro doses o día tiña abondo. As 2000 pesetas que decía que gastaba o día conseguíaas como podía, roubaba, trapicheaba e incluso se atrevía  a ir de furtivo, “un día as nécoras outro os persebes e incluso o pulpo e a ameixa”

O día a día de Jalindo era como os de Javier Bardem en Os Luns o Sol, só que Jalindo estaba drogado todo o día, apoiado nunha das columnas da Casa da Cultura, maldita metáfora. Alí xuntábanse moitos politoxicomanos en búsqueda de alguén que lles pasara algo de merda, un pouco de coca ou por que non, un bendito chute para mitigar os escalofrios e as arcadas causadas polo “mono”. Xusto o lado dos ionquis estaban as vellas, qeu día tras día vían como os seus “fillos” estaban a cavar a súa propia tumba.

Jalindo morreu o Nadal pasado, mediu mal un paso nas rochas de Cabo Home, saltou e caeu o mar, tardaron tres días en atopar o corpo sen vida. Cando apareceu a prensa apresurouse a dar a nova, e en letras grandes nos titulares podía lerse algo como, “Ionqui e furtivo aparece morto na Costa da Vela”. Quizáis sexa certo, Jalindo era un Ionqui, e tamén un furtivo, e sí apareceu morto na Costa da Vela, co Facho como espectador silencioso, pero o que quero dicir é que non se merece ser lembrado así, merece ser tratado como persoa morta, con respeto. Un tirón de orellas para o sensacionalismo periodístico

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: