O NOSO SUPER HEROE

12 01 2009

Escoitando un monólogo de Carlos Blanco, no programa Somos una Potenzia, ocurriusenos…

Como sería o noso super heroe…

O primeiro sería describir o seu aspecto exterior. Supoño que me gustaría, máis que ser un reflexo da sociedade galega, que fóra baixiño, roxo e cun nariz redondeado, o cabelo rizo e vermello, con pernas curtas pero moi fortes igual que os seus brazos. Máis que guapo ou feo eu diría qeu é simpático, alguén con cara de bonachón, que cando preguntas polo seu aspecto, sen pensalo che salga aquelo de, “é curriño” Por outra banda non pode faltar aquela mítica resposta de: “juapo juapo non é , ajora ten un pelaso”

Despois de definir o seu aspecto físico, o seu, é definir a súa vestimenta. Volvo a supoñer que ten que levar unha capa, non coñezo a ningún super heroe que non leve capa. Pensando un pouco nos cores que debería levar cremos que o idóneo sería que o pantalón fóra branco e o moillot tamén pero atravesado por unha franxa celeste (plaxiando a bandaira galega). Ademáis da súa vestimenta teremos que atender tamén os avalorios que o acompañan, por exemplo un botafumeiro na man dereita e unha vara de castaño na man esquerda, e por suposto unha gorra de Piensos Biona cubrindo os rizos cobrizos.

Para que o noso super heroe tivera cabida no eido comercial faría falta facerlle un estudo de marketing moderno. Por exemplo algo imprescindible é un nome que sexa contundente e que rápidamente se asocie o super heroe, eu pensei en IRMANDINHO, non sei parece un nome de futbolista brasileiro mezclado ca nosa propia historia, agora ben que cada un lle poña o que lle pete. Esto non deixa de ser como os nomes que o sexo masculino lle pon o seu atributo sexual. Por outra banda, e deixando un pouco o punto quente, gustaríame falar da súa historia. Todo super heroe ten unha historia, e  o noso non vai ser menos. Eu creo que  IRMANDINHO debería de  nacer en Corcubión, por que diredes o que queirades, pero decir que eres de Corcubión, polo menos asusta a un exército de romanos enteiro.

Xa temos o punto de partida, un home forte, roxo, cunha vestimenta un tanto peculiar e cuns avaloriso dignos de recalcar: Botafumeiro, vara de castaño e gorra de Piensos Biona. Cun nome comercial IRMANDINHO  e nado en Corcubión. Só nos falta a lenda, o porque é un super heroe…

Penso que IRMANDINHO debeu ser un home qeu intentou facer, e conseguiu face-lo Camiño de Santiago o revés, amosando a medio mundo o porque unha terra chamada Galicia era a eterna olvidada, e loitando contra os inxustizas conseguiu que o galego fora respeitado en Castilla, e así Afonso X o Sabio escribiu poesía en galego. Conseguiu que en Francia coñeceran as mellores materias primas para facer o qeu hoxe é a Nouvelle Cocine, quen senón lles ensinou tamén a facer o champán, que pregunten en Coruña canto tempo levan bebendo o viño espuso, porque o fin e o cabo que é un champán?.  E para rematar, como non? Suiza, para ter un por si acaso, e así se algún día necesitábamos sair a ver mundo tiveramos un eido onde ir a traballar.

Advertisements




ALJO DE MIN

12 01 2009

Félix, un gato de provincias decidiu un día viaxar ate a capital, baixo o brazo un feixe de recordos, un puñado de bágoas e un macuto cheo de dores e penas. Marchaba porque no seu habitual estercoleiro non atopaba máis que fame e penuria. Despois de moito cabilar chegou a conclusión de que sería mellor buscar un vertedeiro máis grande, onde poder encontar unha espiña tan grande que qeudara farto por unha semana.

Félix, un gato de provincias decidiu pois dixar atrás o que para el fora unha auténtica vida de noctámbulo e de gato de alturas. Respetado por todos e ben querido, Félix deixaba a Felisinda, unha fermosa gata ca que tonteara perante case cinco anos, Felisinda non frecuentaba o vertedoiro, viña dunha familia de cuartos, o seu pai fóra o alcalde pedáneo da sociedade gatuna perante os anos 60 e conseguira un bo posto de funcionario no consello felino, sendo o que repartía parte dos beneficios do vertedoiro municipal.

Félix, un gato de provincias decidiu facer o que outros xa fixeran antes, marchar para buscar outra vida. Pero a diferencia de outros, Félix sabía que non ía encontar nada mellor que o vertedoiro municipal, inda que sabía que para conseguir vivir mellor e gañar a zarpa de Felisinda tería que voltar convertido en un señor siamés.

Félix, un gato de provincias decidiu voltar tras unha longa estancia na capital. Convertido nun gato serio e sen aquela vitalidade ca que chegara anos atrás o vertedoiro máis grande de gatolandia. O chegar a súa casa de novo, Félix botou unha ollada entre os cartóns e latas de conservas, buscou entre cables e vellos electrodomésticos que os humanos ían tirando. Pero non atopou a Felesinda…Félix, un gato de provincias decidiu non volver a decidir, non volver a pensar, non volver a soñar, así hoxe está por estar.