ALJO DE MIN

12 01 2009

Félix, un gato de provincias decidiu un día viaxar ate a capital, baixo o brazo un feixe de recordos, un puñado de bágoas e un macuto cheo de dores e penas. Marchaba porque no seu habitual estercoleiro non atopaba máis que fame e penuria. Despois de moito cabilar chegou a conclusión de que sería mellor buscar un vertedeiro máis grande, onde poder encontar unha espiña tan grande que qeudara farto por unha semana.

Félix, un gato de provincias decidiu pois dixar atrás o que para el fora unha auténtica vida de noctámbulo e de gato de alturas. Respetado por todos e ben querido, Félix deixaba a Felisinda, unha fermosa gata ca que tonteara perante case cinco anos, Felisinda non frecuentaba o vertedoiro, viña dunha familia de cuartos, o seu pai fóra o alcalde pedáneo da sociedade gatuna perante os anos 60 e conseguira un bo posto de funcionario no consello felino, sendo o que repartía parte dos beneficios do vertedoiro municipal.

Félix, un gato de provincias decidiu facer o que outros xa fixeran antes, marchar para buscar outra vida. Pero a diferencia de outros, Félix sabía que non ía encontar nada mellor que o vertedoiro municipal, inda que sabía que para conseguir vivir mellor e gañar a zarpa de Felisinda tería que voltar convertido en un señor siamés.

Félix, un gato de provincias decidiu voltar tras unha longa estancia na capital. Convertido nun gato serio e sen aquela vitalidade ca que chegara anos atrás o vertedoiro máis grande de gatolandia. O chegar a súa casa de novo, Félix botou unha ollada entre os cartóns e latas de conservas, buscou entre cables e vellos electrodomésticos que os humanos ían tirando. Pero non atopou a Felesinda…Félix, un gato de provincias decidiu non volver a decidir, non volver a pensar, non volver a soñar, así hoxe está por estar.

Advertisements

Accións

Information

One response

14 01 2009
MARAJOTA

O mundo é un estercoleiro, iso din, pero felix ten que ir a comprobalo cos propios ollos, bravo por felix. Os ghatos que viven na casa cheos de mimos non escibirían isto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: