C.I.M. MORRASO QUINTA PROVINSIA!!!

13 01 2009

“Chegou o momento de decir a verdade”

Este era o titular que en letras grandes se podía ler en tódolos diarios locais e nacionais de onte. O pé da nova unha foto de Manolo do Sacho, Toñito Clarete e o Subcomandante Marcos da Portela.  Parece ser, segundo testemuñas anónimas, que o Comando Independentista do Morrazo está a piques de acadar unha tregua cos líderes políticos locais, como adianto decir qeu o seu portavoz nacional, “Lurú”, xa falou onte pola tarde de que as conversas van por bo camiño, e moi posiblemente este mesmo venres cheguen a firmar unha tregua de carácter indefinido.

“Lurú”, portavoz nacional do movemento paramilitar morracense, está sendo o encargado de ditas negociacións, supervisado en todo momento polo home duro do CIM, o cangués Toñito Clarete. “Lurú”, que fora sancionado pola Guardia Civil por conducir cunha man, mentres na outra mantiña un micrófono enchufado a un altofalante, declarou que xa pagou tódalas multas que lle foron impostas pola benemérita, un total de 14, sete das cales acarrearon sancións económicas por conducción inapropiada, outras catro por superar os decibelios permitidos no seu altofalante e tres máis das que preferiu manter silencio.

“Chegou o momento de decir a verdade” foi a frase utilizada polo portavoz nacional para abrir a rolda de prensa qeu esta mesma tarde daba nun coñecido establecemento de comida rápida de Cangas. O caso é que moi probablemente o venres, os máximos responsables da política municipal do Morrazo se unan o redor dunha mesa para pechar a tregua do CIM. Polo momento non está confirmada a asistencia do rexidor de Marín, e o de Vilaboa preferiu non contestar ate o xoves por motivos de seguridade.

Por outra banda o CIM xa declarou en anteriores ocasións que a luita morracense ten un inimigo común, Abel Caballero, líder do PSG de Vigo e actual alcalde da cidade olívica. A bronca nesta ocasión para o vigués viu motivada polo desplante do “socialista” na convención morracense pola baixada drástica do prezo do barco nas liñas de Moaña-Vigo e Cangas-Vigo. Por iste motivo Toñito Clarete declarou que o lóxico é pensar que tan só se aplicará unha reducción no custo do billete se son comprados en Cangas ou Moaña. Recordamos que dita rebaixa será aplicada dende abril deste ano 2009 e será dun 50%, polo que o billete de transporte público será un pouco máis para todos os públicos.

Advertisements

Accións

Information

One response

14 01 2009
MARAJOTA

Informo baixo risco da miña saúde física e económica para informar, como espía destacado en Vicus, con acceso directo a unha oculta trama de ramificacións interaldeás que:
O bloqueo ao plan de transporte da ría exténdesa ás liñas de transporte terrestre:
– Insuficiencia de liñas e horarios en autobuses dende a estación marítima.
– Desinterese polo lóxico tren de cercanías que integre o contorno de Vicus coa cidade.
– Ningún impulso á posibilidade de que, como é lóxico, ir en transporte público sexa máis barato que en coche particular.
– Sospéitase que a presunta ampliación da ponte de Rande é unha estrataxema para facelo cair con medio Morraso nun atasco.
Todos este indicios conducen á evidente conclusión de que a absurda forma de moverse nas rías baixas é parte dun plan co obxectivo de acabar coa autoestima e a moral do irreductible pobo do Morrasso

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: