ALJO DE MÚSIC DO PAÍS

28 01 2009

Temos viño do país, queixo do país, chouriso do país, incluso licor cafe da casa. Pero que hai da música da nosa terra, fai tempo que non falabamos neste  portal de grupos galegos que exportan sons, que falan do noso. Esas notas que non teñen por que ser só gaitas e panderetas, grupos de rock, heavi ou por que non, pop, folclore, etc

Para ir tirando presentamos a Tonhito de Poi e Rasa Loba, un novo traballo galego-portugués que ten por xerme aquela Banda de Poi. Agora prensentamos o seu MySpace e un enlace para ver os seus videos no YouTube. Sen lugar a dúbias o de Ribeira, o Poi, ten algo especial, xa probou na gran pantalla, con Toxic Percebe, unha mediometraxe que xa comentamos nesta bitácora. Logo Tonhito traballou tamén para a televisión facendo colaboraciós cos Tonechos,  mentres nunca deixu a súa faceta de guionista. Ademáis Tonhito é a ialma viva dos Heredeiros da Crus, aquel grupo de Rock and Roll que fascinou  a toda unha xeración de galegos. Aquel grupo de adolescentes madurou hoxe e os seus maiores exponentes, Tonhito, Javi Maneiro e Tuchiño seguen a agradarnos con Rock and Roll, feito para ca mesma ilusión pero con anos encima, que son sinónimo de maior experiencia.

Por outro lado o Javi Maneiro e o Tuchiño saíron adiante con Jabon Blue, un grupo que busca sair polo resto do estado, inda que polo momento non están tendo o éxito que vatacinábamos fai uns anos. Agora Javi e Tuchiño saen a palestra co seu segundo traballo By The White, facendo un homenaxe os homes do mar.

Agora queremos apostar tamén por un grupo chamado ASISÍ, os cales traen unha mestura de sons, escapando por certo dos míticos sons titiriteiros tan moda agora como Macaco ou Muchachito. No seu perfil de MySpace 990 persoas xa saben como sonan, e vos non tendes ganas de escoitar un novo son?

Non vamos a pasar esta oportunidade sen falar de Ruxe Ruxe, a banda que move fios polos rincóns de Galicia. Agora queremos facervos chegar a nova de que están a traballar no que será o seu novo traballo. Agora aquí van os link do seu MySpace e a súa páxina oficial RuxeRuxe

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: