2º FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU 2009

31 01 2009

Chega a segunda edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu que terá lugar en setembro, e que dende o 1 de febreiro ate o 15 de xuño ten aberto o prazo para tódolos que se animen a facer unha curta. O día 15 de xullo cherará o momento da elección das 25 curtas que serán presentadas para o Festival. O ano pasado, na súa primeira edición, chegaron máis de 300 obras, e este ano os organizadores pensan recibir medio millar de curtas.

O FIC Bueu 2008 contou con traballos de Bélxica, Francia e outros paises facendo máis enriquecedor o festival, neste ano outro dos propósitos é que o numero de películas extranseiras sexa superior, posto que o ano pasado tiveron unha acollida moi positiva. David Casals-Roma foi elexido como mellor director e a súa curta a mellor do festival con Save The World, o xurado deu o premio a O Ataque dos Robots da Nebulosa de Chema García, o público decantouse pola obra Nenos Que Nunca Existiron, de David Valero, director da obra gañadora do premio a mellor fotografía e a mellor son. Por outra banda o certame abre a porta as curtas en galego, sendo Leo a obra premiada como mellor obra en lingua bernácula. Os mellores actores foron Myriam Espinoza por Elena e Dani Casadellá por Jingle Bells.

Dende Ocioloxia aplauimos a tódolos gañadores do ano pasado (con certo retraso) e animamos a tódolos que sintan un pequeno Tim Burton no seu interior a que presenten os seus traballos. Non queremos deixar pasar esta ocasión para  agradecer a Andres Lamosa e a Manuel Pena a iniciativa que están levando adiante, e propor este espazo chamado Ocioloxía como eixo de apoio incondicional o FIC de BUEU.

A continuación presentamos o trailer de Nenos Que Nunca Existiron,

Save The World parte 1:

Save The World parte 2:

BASES

Info@ficbueu.com é o contacto para todos aqueles que precisedes máis información. Datos recollidos de www.ficbueu.com e de www.farodevigho.es.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: