OCIOLOXIA PRODUCCIÓNS PRESENTA: CREO NAS MIÑAS IDEAS NON NAS VOSAS

16 02 2009

CREO NAS MIÑAS E NON NAS VOSAS é o título dunha curtametraxe grabada nos estudios Manuel Rodas de Cangas do Morrazo en marz de 2008. Oberobreo e Ocioloxía xúntanxe para facer en coproducción a súa primeira curtametraxe en colabouración. A Oberobeo corresponde a montaxe do video e a Ocioloxía a dirección do mesmo, ámbalas partes esparan que disfrutedes da curta e que sen rencores poidades pasar un bo intre no noso portal.





CARLOS BLANCO NO SALASÓN-20 DE FEBREIRO

11 02 2009




MÚSICA DO PAÍS

8 02 2009

Navegando por internet….

E chega un día no que pensas que nunca atoparás un grupo que encha as túas ansias musicais, e de sócato, boom!! Aparece Som  do Galpom, un grupo de  A Moniña, preto de Compostela, cinco rapaces que fan un rap con deixes de reggeae e funk. Invito a todos a dar un paseo polo seu MySpace e tamén  pola súa páxina oficial.

Ademáis de atopar este grupo, do cal escoitaremos falar del moito este verán, tamén queremos felicitar a Vicepresidencia pola súa nova iniciativa, NSAIO, un espazo para a difusión dos grupo galegos. Entre os seus obxectivos figura o de habilitar locais de ensaio para os novos grupos musicais do territorio galego. Estes locais teñen como finalidade principal ser un servizo para que a mocidade galega poida ter espazos axeitados para a expresión das súas manifestacións artísticas musicais. Por suposto esta actividade é totalmente gratuíta e non ten custo algún para os grupos que disfrutan de ditas instalacións.

 map_locais1





OBEROBREO ACTUALIZADO

8 02 2009

Con motivo da nosa revolta cultural frente as treboadas de inxustizas, de telebasura e de falta de espazos propios, OBEROBREO crea un espazo social cun fondo de reencontro con aquelas radionovelas de mediadas do século XX. Os novos abatares da vida, nun espazo único, internet. Agoa actualizados en Ocioloxía para que teñades un arquivo de tódolos seu traballos. Ademáis recordamos que nas nosas ligazóns podedes atopar o blogue de OBEROBREO, onde atoparedes máis curiosidades deste fenómeno social que inund as nosas rúas e que se incrusta nos nosos miolos.

Un gran saúdo para OBEROBREO!!!