MÚSICA DO PAÍS

8 02 2009

Navegando por internet….

E chega un día no que pensas que nunca atoparás un grupo que encha as túas ansias musicais, e de sócato, boom!! Aparece Som  do Galpom, un grupo de  A Moniña, preto de Compostela, cinco rapaces que fan un rap con deixes de reggeae e funk. Invito a todos a dar un paseo polo seu MySpace e tamén  pola súa páxina oficial.

Ademáis de atopar este grupo, do cal escoitaremos falar del moito este verán, tamén queremos felicitar a Vicepresidencia pola súa nova iniciativa, NSAIO, un espazo para a difusión dos grupo galegos. Entre os seus obxectivos figura o de habilitar locais de ensaio para os novos grupos musicais do territorio galego. Estes locais teñen como finalidade principal ser un servizo para que a mocidade galega poida ter espazos axeitados para a expresión das súas manifestacións artísticas musicais. Por suposto esta actividade é totalmente gratuíta e non ten custo algún para os grupos que disfrutan de ditas instalacións.

 map_locais1

Advertisements

Accións

Information

5 responses

8 02 2009
Alberto

E curioso como a maioría dises locais de ensaio se atopan na costa. Xa decía fai tempo o meu avó: “Mentres en lugo e ourense traballan, meniño, os da costa cantan, pero fano porque os barcos no poden botar o sonido do eixe dun carro cando vai cheo de patacas”

Por certo, non digas que os locais salen gratis home, claro que nos costan cartos.

Unha aperta Walter, e moitos saudos.

8 02 2009
waltinho

Tamén tes razón, non salen gratis, costan cartos, pero o que digo (“por suposto esta actividade é totalmente gratuíta e non ten custo algún para os grupos que disfrutan de ditas instalacións”) é que non ten un custo para os grupos… Pero sigo dicindo, tes razón. Por outra banda, é certo mentres os de Lugo e Ourense traballan, os da costa cantan, por iso están a gran parte dos estudos e locais na costa. Tomao con humor! Date conta que Coruña por exemplo non ten local de ensaio. Por certo tí non ías asistir o mitin do PP en Pontevedra, polo menos eso era o que dicía o teu Facebook!! Dalle saúdos o Luís Carrera!

8 02 2009
Alberto

Ti pensá e dalle voltas o do mitín na praza de touros un 14 de febreiro. Logo falamos JAJJAJAJAJAJa XD

Saudos amigo.

8 02 2009
waltinho

Pesei que era este domingo, vaia home!!! Disculpa!!!

E sigo sin pillalo, 14 de febreiro mitin do PP en Pontevedra na praza de touros, sóname a venres 13 ou algo así

8 02 2009
Alberto

14 de febreiro: dia dos enamorados.
touro= animais con cornos.
praza de touros = lugar onde se atopan touros.

Non había un sitio mellor para facer un mitín o dia de San Valentín, que nun lugar onde os cornos están a flor de pel. JJJAJAJAJAJAJAJJAAJAJ

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: