FOLIADA ATA O MENCER

28 03 2009

Salían Fermín e Aghripina da casa, él cunha gaita e ela cunha pandereta.  Zacarías e Milucha recollían uns chourizos no secadoiro do canastro. Moisés e Sara e o seu neto ían cuns tambores e un bombo cara o bar do Cholo, quen esperaba cunha dúcia de botellas de licor café na nevea. Suso, o fillo de José e María, era o encargado de recoller a Marisa, Estela e máis a súa curma de Boimorto, cóntase que teñen unhas voces que fan chorar os deuses (nunca se soupo se polo ben que o facían ou polo mal).

-Son as des e media rapás! Apagha as luses e asende as velas cos mistos que están o lado da cousa!-Dixo o Cholo.

Que cousa?-Preguntoulle o seu fillo.

Ai que demo de rapás! Non aprendes nin a base de labazadas. A cousa esa que ten flores-

O xarrón das flores papá!!!

O caso é que se comeza a repirar un ambiente de foliada. Todos os venres na do Cholo xúntanse os veciños, cada quen fai o que sabe, un canta (por que non sabe tocar), outro baila (por que non sabe cantar), outro toca (por que non sabe bailar) e outros beben (por que é o quen fan mellor). Non faltan botellas de viño, queixos, chourizos, algunha empanada e por suposto un pouco de augardente en tódalas súas variedes, de herbas, queimada, de arándanos, incluso de plátano chegou a facer o Marcial, o alquimista do pobo…

De sócato, unha gaita irrumpe no murmullo, e co seu rebumbio fai que a xente vaia tomando cadansúas posicións, entón, comeza a foliada que durará ate que o corpo aguante!!

Advertisements




CANGAS DAKAR

25 03 2009

Ocioloxía acaba de facerse cunha información moi valiosa, en breve, e inda que pareza inverosímil, o Cangas-Dakar terá lugar nun período de tempo máis ben curto. Polo momento descoñecemo o alcance desta acción social, que volve a por de manifesto que a sociedade do Morrazo está ávida de movementos sociais. Temos varios frentes abertos, e Ocioloxía apunta a que este movemento ben a ser unha explosión social pola negación do goberno de Vigo de non pactar un modelo de transporte marítimo, algo que tanto Moaña como Cangas non están dispostos a asumir.





CAPTÍTULO BETA DE TIEMPOS DE LLUVIA.-

24 03 2009

Aquí vos deixo o Capítulo Beta de Tiempos de Lluvia. Temos so o audio neste link, por motivos de tamaño non o puidemos colgar no YouTube, e por suposto non íamos cortar o programa.





TIEMPOS DE LLUVIA.-CAPÍTULO 1.-EL PRINCIPIO

22 03 2009




A NOSA ENQUISA XA TIVO AS PRIMEIRAS CONSECUENCIAS

15 03 2009

Dimision de Anxo Quintana e da cúpula do BNG.

Tralos pésimos resultados obtidos polo Bloque Nacionalista Galego nas pasadas eleccións do 1 de marzo, o que fóra Vicepresidente da Xunta de Galicia no bipartito optou pola dimisión despois de que  a militancia nacionalista e históricos do bloque, como Xosé Manuel Beiras, pediran a inmediata disolución da Executiva Nacional do BNG.

Dende moitos sectores galeguistas se ven debatindo sobre a necesidade de refundar un verdadeiro nacionalismo galego de esquerdas. Homes como Ferrín, Abalo e o propio Beiras son os eixos vertebradores sobre os que se pensa debe asentarse o novo movemento político. Dende Ocioloxía como movemento social, de esquerdas e galeguista apoiamos a creación dun novo movemento frentista que teña a sociedade galega como modelo para crearlo.





A NOSA PRIMEIRA ENQUISA

8 03 2009




NOVO BLOGUE DE OBEROBREO

7 03 2009

Hoxe temos unha boa nova que dar o mundo cibernético. Oberobreo chega a WordPress cunha nova bitácora onde nos deleitará cos seus traballos, esperamos que a súa andaina no mundo blogue vaia moi ben, e dende este portal queremos dalos folgos necesarios para que así sexa.

Polo momento Ocioloxía e Oberobreo están a traballar xuntos en diferentes proxectos, abofé que en datas próximas podremos disfrutar dos traballos que unen a estes dous portais.