COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRAZO C.I.M

5 03 2009

Despois das eleccións… chegan as declaracións de Toñito Clarete…

Xa estabamos fartos de esperar, case cunha semana de retraso, chegan as ansiadas declaracións do grupo de liberación nacional do Morrazo. Toñito Clarete e o que se pode considerar neste momentos como o segundo de a bordo, Milucho Menduíña, falaron cos medios, nunha tarde chuviosa e con vento.

Nada máis comezar a rolda de prensa, Milucho, tamén coñecido como O Poeta, dixo que “O ceo chora e os anxos mexan por que están prevendo que o país irá a peor” Os homes do CIM culparon a Anxo Quintana como verdadeiro culpable da pérdida de poder do BNG na Xunta, o propio Toñito Clarete chegou a dicir que “Quintana debe dimitir, e son o primeiro en dicilo e por isto terei que aghuantar a moito charlatán”. O certo é que tanto Esquerda Nacionalista como Beiras xa se anticiparan a Toñito, pero os medios, coñecedores de como as gasta Clarete, preferiron facer oidos xordos.

Miluño Menduíña, pode ser considerado dende hoxe mesmo como o brazo dereito de Toñito. Dende pequenos comparten xogos, familia e vacacións, inda que son duas personalidades moi diferenciadas, por un lado Toñito o home duro de Manolo do Sacho e do Subcomandante Marcos da Portela, e polo outro lado temos a Milucho Menduíña, un home afable, tranquilo e con poucas ganas de guerra. De tódolos modos é un fichaxe estrela, tal como o Pizarro para o PP de Rajoi, ou como Correa para o PPdG de Feijoo. O Poeta, como o coñecen en Aldán, e aceptado pola parroquia independentista, xa que conforma un tándem de luxo para afrontar os tempos duros, e será un anestesiante perfecto para as ansias de autodeterminación de Toñito.

Polo momento, gran parte do aparato de comunicación do CIM mantéñense a espera de novos movementos para lanzar a noticia  que levamos agardando meses: A dimisión de Manolo do Sacho polas denuncias por malversación de fondos e por especulador inmobiliario, de tódolos xeitos boa parte dos integrantes do CIM seguen a manterse neutrais a estas denuncias. Agora Toñito ten un longo camiño por diante, o neno fíxose grande  e debe saber levar adiante un equipo moi articulado con grandes homes como Lurú, Culío ou mesmo Juanito Calvorota, de quen xa falaremos outro día.

foto0610

Nestas liñas podemos vela disposición xerárquica do CIM. De bo grado esta é unha reproducción ficticia do que podería selo aparato militar morracense, intentando achegarnos o máis posible a realidade, e mostrandóo de forma didáctica,  é que mellor que un típico arbol de familia como se estiveramos a falar dunha cúpula italo-americana, tal como O Padriño ou Os Soprano. De bo grado sabemos que Marcos da Portela e Manolo do Sacho están en fora de xogo e que Milucho aparece case na cúspide da pirámide. De tódolos xeitos fáltannos moitos datos por saber, polo que agradecemos a todos a información que nos poidan facilitar, garantimos o anonimato total, tal como o fixemos con María Fontán Vilariño, autora da pirámide cimniana, natural de Nerga, filla de Ramiro “O Bruño” e de María “A Sentola”, de quen nunca desvelamos o seus nomes e datos, actualmente leva un C4 vermello ca matrícula 6789 DHJ. Gracias María pola información que nos deches.

Advertisements

Accións

Information

One response

22 06 2009
putoloco

cagho na cona………..asi que os lideres historicos coma o Subcomandante Marcos da Portela e Manolo do Sacho xa non están no orghanigrama da orghanisaçom ???? Tivo isto algho que ver co fustrado intento de anexionamento das illas cies ??……….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: