FOLIADA ATA O MENCER

28 03 2009

Salían Fermín e Aghripina da casa, él cunha gaita e ela cunha pandereta.  Zacarías e Milucha recollían uns chourizos no secadoiro do canastro. Moisés e Sara e o seu neto ían cuns tambores e un bombo cara o bar do Cholo, quen esperaba cunha dúcia de botellas de licor café na nevea. Suso, o fillo de José e María, era o encargado de recoller a Marisa, Estela e máis a súa curma de Boimorto, cóntase que teñen unhas voces que fan chorar os deuses (nunca se soupo se polo ben que o facían ou polo mal).

-Son as des e media rapás! Apagha as luses e asende as velas cos mistos que están o lado da cousa!-Dixo o Cholo.

Que cousa?-Preguntoulle o seu fillo.

Ai que demo de rapás! Non aprendes nin a base de labazadas. A cousa esa que ten flores-

O xarrón das flores papá!!!

O caso é que se comeza a repirar un ambiente de foliada. Todos os venres na do Cholo xúntanse os veciños, cada quen fai o que sabe, un canta (por que non sabe tocar), outro baila (por que non sabe cantar), outro toca (por que non sabe bailar) e outros beben (por que é o quen fan mellor). Non faltan botellas de viño, queixos, chourizos, algunha empanada e por suposto un pouco de augardente en tódalas súas variedes, de herbas, queimada, de arándanos, incluso de plátano chegou a facer o Marcial, o alquimista do pobo…

De sócato, unha gaita irrumpe no murmullo, e co seu rebumbio fai que a xente vaia tomando cadansúas posicións, entón, comeza a foliada que durará ate que o corpo aguante!!