XA O DISÍA EU!!

2 04 2009

“Xa o disía eu” berraba Felisindo.

O motivo de tal afirmación foi o titular do diario Morraso Livre, de tirada nacional, e impreso na Mangallona. As letras castelanianas en negrilla puñan algo así como: O Comando Independentista do Morrazo e os Piratas do Río Bouzós únense definitivamente baixo as siglas de CIM que pasará a ser a partires de agora o Colectivo Independentista do Morrazo.

Toñito Clarete e Aghripina Suáres firmaron “Na dos Feos” o que se considera o Pacto de Castrillón, no cal se presentan as bases comúns polas que o CIM seguirá loitando. Nesta nova “Carta Magna Morrasense”, como definiu o pacto Aghripina, preséntanse definitivamente os inimigos comúns do pobo morracense, lista que segue a encabezar o líder vigués Abel Caballero. Polo momento ningún partido político con representación nos concellos morracenses quiseron facer declaración o respecto, pero é coñecida a animadversión de certos colectivos políticos contra Toñito Clarete.

Lurú presentou a rolda de prensa en Coiro, custodiado en todo momento polo corpo de seguridade do CIM e dos Piratas do Río Bouzós, Coiro Sejuro (CS), e a esta comitiva non quixo faltar Manolo do Sacho, quen escaiolado na súa perna dereita, apareceu en cadeira de rodas. Entre as frases que resalta o diario Morraso Livre, único medio invitado a rolda de prensa, queremos destacar a que Aghripina fixo o terminar:

“Chegou o momento do pobo, estamos nunha coiuntura internacional na que os pobos iberoamericanos, e morrasenses deben de saber aproveitar, luitando pola mellora das condicións sociais, mellorando a nosa calidade de vida, e non por ilo deixarnos caer na tentación capitalista”

Para pechar o convite, Toñito Clarete e Lurú, pediron a cidadanía morrasense que non lle de máis pé os politicuchos que permiten que o Morraso sexa un viveiro de arkaliptos, que o Morraso sexa a gran olvidada, que o Morraso sexa tan só a praia dos vighueses

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: