Ocioloxía non quixo faltar a cita de reivindicarnos como pobo en Compostela. Unha cultura e un vehículo para transmitila é o que a sociedade galega exise o novo goberno de Feijoo. A manifestación foi totalmente pacífica e con un ambiente festivo amenizado por zancudos e gaiteiros, uníndose a eles 25000 persoas que encheron en tres ocasións a Praza da Quintana.
Personalidades como Beiras, Bernardino Graña ou Manolo Rivas non quixeron faltar na cita ca súa lingoa e a de máis de dous millóns e medio de galegos que temos a oportunidade de falar e ensinar en galego. Non faltaron por suposto os gritos e cánticos xa clásicos nas manifestacións, como “nas escolas en galego, nas galescolas en galego, na Galicia en galego”. Botouse en falta a presenza de membros do PSdG ou de Galicia Bilingüe, inda que os bilingüistas do Partido Popular tamén estaban invitados a cita ca lingua galega, país que agora dirixen. Un compromiso galeguista que non pode romper ca tónica xeral do novo executivo e da oposición, posto que a lingua non debe monopolizar a estratexía duns e doutros, posto que o pobo non permitirá inxerencias neste eido.
Por outra banda, o Bloque Nacionalista Galego preferiu estar na primeira liña de batalla, posto que nesta batalla teñen moita infantería disposta a defender o idioma galego. Dita base nacionalista está en consonancia con moitos non votantes que viron no goberno de Quintana un goberno populista, todo aquelo que criticamos anos atrás na época fraguiana.
Seguimos precisando que fales galego, por que non te mollas e usas a túa lingua?
Como non vai estar diante o BNG cando a sua existencia como realidade política depende nun nacionalismo cultural basado na lingua.
Saudos.
un grande éxito o da mani…ogallá sirva pra que Feijoo renuncie a derrogar o decreto de normalización lingüística!!!
Mil primaveras mais para a nosa língüa!!!
Ola Was, así que viñeche a compostela e non nos vimos!! seguro que tamen foi Juanjo e algún que outra sociolog@ á manifestación, pero entre tanta xente, imposible encontrarnos.
Saúde e terra!!
Unha boa molladura que serviu para decir “hai que mollarse”