A nosa forma de ser é diferente a de todo bicho vivinte, senón porque temos esa fama de bonachóns en exceso… O caso é que de tan bos que somos algúns chegaron a pensar que somos uns paletos, tontos ou incluso a Real Academia Galega incluía unha acepción de galego como persona tonta. Eu son dos que pensa que os galegos non discutimos, para que, se total non vamos a arranxar nada.
De tódolos xeitos outra das cuestións que definen o galego é a súa fama de bebedor profesional. O galego non se emborracha senón que deixa voar a sua imaxinación, como fan os chamáns do Amazonas ou os feiticeiros africanos. O galego dende que ten uso de razón chuperretea a pipeta do pipote, fai sopas de burro cansado ou incluso lle manda unha sidra. Case sempre son os máis vellos os que adoutrinan os máis novos nesta costume lexendaria, os avós son os encargados de adestrar os máis cativos no mundo do alcohol. Senón quen pode decir que nunca escoitou aquela frase de “deixao beber que o viño da casa non emborracha nada” ou aquela outra que me contou a miña tía que escoitara na escola decir a unha nai “fai frio, o mellor é un chupito de augardente para que o neno non se nos constipe”.
O caso é que eu inda lembro cando o meu avó paterno me convidaba a tomar un ovo con viño. E agora de forma arguiniana vouvos dala receita. O primeiro é dicirvos que non é unha receita complicada, todo o contrario, tende en conta que o meu avó só sabía facer chourizos a brasa e quentar leite. O primeiro que se fai é ir o galiñeiro, cóllese un ovo ou cantos se estimen precisos para saciar a fame matinal, despois de lavalo ovo por si está cuberto de pallas ou outro tipo de impurezas facemos dous precisos buracos ca típica navalla suiza, as dúas perforacións fanse na parte superior, e cunha distancia dun dedo entre buraco e buraco. O seguinte paso é soplar por un dos buracos co fin de que algo da clara saia do ovo, e acto seguido introducimos un pouco de viño do país no ovo. Despois collemos o neno, decímoslle que chupe por un dos buracos e tapamos o outro, no momento que esté a chupar con forza soltamos o buraco e o neno traga unha dose de calorías que farán que non pare ate a seguinte comida sen problemas.
” – Déixoche chupar da pipeta, pero logo non llo digas os teus pais…
– Mamá, ¡el abuelo me dio vino!
– … Non lle pasa nada, que é da casa, non leva desa merda que lle botan por aí…”