S.O.S. MASSÓ-S.O.S. CANGAS

26 05 2009

A falta de memoria histórica é un mal endémico que ven sacudindo a nosa terra dende tempos inmemorables. Por iso o PSdG e BNG non lembran cal foi o motivo que lles fixo estar no goberno, a luita pacífica do pobo cangués por que en Massó non se instaure bases clientelares de ricachóns e especuladores. O caciquismo non escapa a esquerda que perdeu o norte, seguimos estando dirixidos polo capital, que o final fará de Massó un Porto Deportivo en lugar dun espazo para o pobo do Morrazo, un eido sostible polo cal moitos saímos a rúa fai xa tres anos.

Non estamos dispostos a que BNG e PSdG segan na súa tese imperialista e caciquil, chea de mentiras e de enganos vertidos polos seus incompetentes dirixentes. Lembremos que unha vez máis estamos na man duns dirixentes que franquean o capital máis vil, se eles mesmos están tan seguros de que o que van facer beneficia o pobo que saian a palestra a defendelo, pero que non se agochen tras papeis mollados, por que o tripartito está a piques de romperse por que a esquerda socialista e nacionalista non están a levar a bo porto as exisencias dun pobo discriminado dende fai décadas.

Cangas non precisa dun porto deportivo, precisa de accións de desenvolvemento sostible, precisa de industria, de plans de accións urbanísitcas (PXOM), precisamos de melloras nos medios de transporte públicos, precisamos dunha maior relevancia na nosa cultura dos eidos propios da ideosincrasia morracense, precisamos alugueres acorde cos nosos salarios, precisamos de  melloras no acondicionamento das nosas rúas, preciamos seguir sendo un pobo sostible co fin de que poidamos seguir vivindo no noso pobo, por que se a vida se encarece en Cangas non podremos vivir aquí coma antes.

Por que se a vida se encarece en Cangas eu non quero se cómplice!!! S.O.S Massó!!!!

Advertisements

Accións

Information

One response

28 05 2009
O Sarjo

PSOE e BNG son mesma merda vestida doutra cor. Particularmente, no concello de Cangas tiveron a oportunidade de amosar claramente a súa política de “esquerdas”, traballar de forma conxunta (xunto a ACE) e desmarcarse da política especulativa e fraudulenta. Pero non, colleron o camiño mais fácil, o camiño dos cartos, do falso progreso e a miseria da deshumanización capitalista.
Clarita, Óliver, Hector e compañía, bye, bye, dexésovos a mais grande das penurias na vosa carreira política!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: