CELTISMO E CANTEIRA

7 06 2009

2009-06-07_IMG_2009-06-07_01_33_14_dep1aspas

A canteira volve a selo corazón dun equipo que dende épocas inmemorables tratou a canteira como un cero a esquerda. Hoxe podemos decir que Iago Aspas, Dani Abalo, Falcon, Vila, Oubiña (que inda se recupera dunha lesión da tempada pasada), Lago ou mesmo Maris, son os rapaces que están tirando dun equipo que levan no seu corazón. Son os que sinten a camisola, os que van a sair o campo e sen necesidade de cobrar unhas cifras astronómicas, son capaces de encher de ilusión Balaidos, de facer qeu volten os cánticos máis celtistas.

Ver video  de Aspas no partido contra o Alavés.

A canteira é base dun equipo, do mesmo xeito que o capital humano é a maior potencialidade dun país, pero non basta con ter boa canteira hai que darlle saída, hai que loitar por que estes rapaces encontren no Celta un motivo de orgullo e de satisfacción (como diría o Borbón). Queremos que se loite por que a nosa canteira sexa o motivo de traballo para os máis pequenos, onde poidan verse reflexados. Se a canteira é tida en conta os máis cativos esforzaranse máis, teremos equipos máis competitivos e o fin e o cabo unha xuventude máis celtista (abonados de futuro).

Xornal: “Iago Aspas salva al Celta en el descuento”

Celestes: “Iago Aspas al primer equipo”

Faro de Vigo. Molina: “Si Iago fuese argentino, valdría 15 millones de euros”

El Correo Gallego “Iago regala al Celta la salvación”

Marca: “Iago fue el héroe ante el Alavés”

As: El debutante Iago Aspas se convierte en el  héroe” 

 

Hoxe falamos de Aspas, como o fan Marca, As, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Xornal, etc. Pero sabedes por que falamos del hoxe, no penúltimo partido da tempada, por que Dinei e Ghilas lesionáronse, senón seguramente estaríamos a falar de calquer outra cousa, e seguro que nesta bitácora non aparecerían. Dinei, Ghilas, Nené, Peña, Fajardo, son xogadores dos cales non dubidamos da súa calidade, pero realmente merece a pena pagar esas fichas para que non sintan as cores, para que saian de marcha a tomar cubatas, para que o celtismo se desvincule de Balaidos,….

Aspas eres un fenómeno (como diría O Fari)!!!

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: