S.O.S. MASSÓ

25 07 2009

O VINDEIRO DÍA 1 DE AGOSTO MOVILIZACIÓN EN CANGAS POLA DEFENSA DO LITORAL GALEGO.

salvemos-masso

A Autoridade Portuaria, a cal encabeza a ex-alcaldesa de Vigo Corina Porro, segue a considerar legal o atropelo urbanísitico de Massó. Un paraíso que debe ter un futuro público e para disfrute do pobo morracense e de quen queira vir a esta acolledor paraxe galego. Sen embargo os de sempre, seguen a encherse a boca con falacias propias do NODO franquista, defendendo a tese de que o novo porto deportivo traerá postos de traballo a unha zona sensible en canto o emprego se refire

Eses postos de traballo os que se refiren non son outros que os de servir a uns ricachóns, ser servos dos caciques e rendirlle a pleitesía que eles queren. Non estamos dispostos a considerar a súa idea como a única, e dende o pobo de Cangas defenderemos con uñas e dentes a nosa terra. O banco pesqueiro e a zona industrial de Massó non pode ser vendida o mellor postor, xa que os grandes perxudicados seremos as veciñas e veciños da vila.

A nosa aposta por un medio de vida sostible pasa por plantexar unha solución realista, acorde cos novos tempos, onde o ladrillazo non teña cabida. A día de hoxe a sociedade morracense, madura intelectualmente, non está disposta a deixarse camelar por catro “iluminatis” que queren calar o pobo a base de cargas policiais desmedidas, de arrestos e de criminalización do movemento do Foro Social. Caixa Nova, a Autoridade Portuaria,  e máis a prensa afín, desafía unha vez máis o poder de movilización da sociedade galega, e desafía unha vez máis a ideosincrasia morracense.

Non pasaremos por víctimas, porque inda temos moito que dicir, non somos víctimas por que nesta guerra quedan moitas batallas, e a próxima batalla xogámola en casa, e onde máis lles doe, en pleno verán. Este 1 de agosto tes a oportunidade de dicir: Non o porto deportivo de Massó!!!!!

Advertisements

Accións

Information

One response

25 09 2009
guillerme

corina porro, vamos-te fumar!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: