COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRASO

10 10 2009

O CIM volve a palestra cun menxase claro e sen rodeos: “Massó non será o que quere a señorita Clara Millán, O BNG cangués presenta un equipo de incompetentes onde non ten cabida o senso común” Con estas verbas o lider separatista Manolo do Sacho abría a rolda de prense presentada polo equipo do CIM na antigua baleira de Massó.

A totalidade do discurso ía dirixida o BNG e a pasividade cómplice do PSdG, aludindo e deixando ver as ligazóns entre Caixa Nova e Clara Millán, a quenes sitúan na mesma onda. Toñito Clarete, home duro da organización morracense, aludiu esta mesma mañá os lazos de unión que Clara Millán mantén con altos cargos de Caixa Nova, principal valedor do futuro complexo de Massó. En verbas de Toñito “a situasión está como está, e non imos quedarnos calados mirando para eles, se hai que pasar a acsión pasaremos, pero eles sejuro que non pasarán. Dame ijual se traen antidisturbios de León ou de Mursia, son a mesma pandilla de descerebrados que se recrean pejándolle palisas a un jrupo de persoas que luita pola paralisasión dunhas obras ilegais e ilóxicas.”

Seis grilleiras dos antidisturbios estiveron na tarde de onte desafiando a un grupo de manifestantes que non permitían o paso dos camións a Massó para seguir cas obras do novo porto deportivo. O caso é que se se chegan a producir feridos pola carga policial o CIM manterá como máxima culpable a rexidora nacionalista. “Non teñen juevos a vir de un en un, por que xa che dijo, danme ijual sinco que sincuenta” “Son catro fascistas que veñen aquí a disirnos que temos que faser” “A Clara Millán ofreséronlle traballo en Caixa Nova, o que non sabe ela é que despois vanlle dar unha patada no cú” Estas e outras menxases foron as que se deixaron ouvir na antiga baleira, e o clima belixerante propiciado pola alcaldesa parace que non vai terminar axiña.

O CIM finalmente para pechar a rolda de prensa, falou da “absoluta nesesidade de frear a destrucsión do litoral canghués, e que as visiñas e viciños de canghas poden estar tranquilos por que eles mesmos emprenderán acsións contra eses enerjúmenos”

Advertisements

Accións

Information

One response

10 10 2009
adiante

viva o cim!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: