PROGRAMA DO BNG CANGUÉS

10 10 2009

O que queda escrito non se molla. O caso é que rescatamos os programas políticos dos partidos que se presentaron as últimas elección municipais en Cangas. Non sabemos como pero temos nas nosas mans todos e cada un deles, e por suposto ca que está caendo no pobo non imos quedar calados mirando para eles. Por iso sacamos a luz o que todos limos (e quero pensar que todos o fixemos) nos “panfletos publicitarios dos partidos.

SDC13558

Hoxe falaremos do panfleto do BNG, o motivo, para evitar comentarios dasafortunados, diremos que comezamos polo equipo de Clara Millán xa que son o partido maioritario do goberno municipal.

SDC13559

Comezamos ca portada do “panfleto”. Aquí temos a Clara Millán, con un eslogan moi ben pensado e con doble sentido: Cangas, Pensada para ti. Podemos sacar duas conclusións desta frase, que farán un Cangas o gusto das veciñas e veciños ou ben que Clara é a alcaldesa que precisa o pobo.

Na parte inferior da portada podemos ler: Clara Millán, para que Cangas avance. Un contra eslogan no que se incide na necesidade dun goberno progresista.

Na segunda páxina atopamos o programa resume e a lista do BNG de Cangas, ca ocupación de cada un. Pero primerio comezaremos polo programa, que merece unha mención especial.

SDC13565

Punto 1º Un novo Plan Xeral d etodos e para todos os cangueses. O PXOM parece que non foi unha das cuestións as que máis énfase lle adicaran os nacionalistas, inda que agora excúsanse nun terceiro partido. O PXOM tan necesario para Cangas parece que ten complicado vela luz. E se a ve pode ser co desfeita das macro-urbanizacións de Aldán. Por que un PXOM é un Plan de Goberno un plan para un pobo.

Punto 2º Un Plan de Humanización do Casco de Cangas A plazo do Señal foi a gran beneficiada, unha recuperación que ben merece ser comentada, xa que boa falta lle facía. De tódolos xeitos custa lembrarse de outra obra deste calibre, posto que o resto de obras foron pavimentacións como a da Rúa Sol.

Punto 3º Un Centro de Día para os nosos maiores Un centro que ía ser público, un centro que tería que selo por moitos motivos, pero sobre todo por que un partido de esquerdas non pode esquencer os seus ideais. O caso que o centro o final é concertado, con capital privado. Pero o máis curioso é que criticaron a Sotelo por isto mesmo, e agora… De todas formas non se mellorou a situación dos vellos nas parroquias, zonas como Coiro ou Darbo seguen a estar totalmente abandanodas neste eido.

Punto 4º Apartamentos comunitarios de convivencia interxeracinal. Chamamos a varios expertos da ONU e non foron quenes de descifrar este punto. Agora en serio, este tipo de accións non se producen por falta de inversión pública en vivenda protexida, polo que os novos seguiremos a suspirar por unha vivenda moito tempo, mentres vemos como se constrúen máis e máis pisos para turistas de verán, e nós non podemos pagar un aluguer por que nos custa o mesmo que unha hipoteca.

Punto 5º Un Instituto Municipal de Formación Integral para o Emprego. Punto quente este 5º punto despois de que Oliver Álvarez (Concelleiro. Lcdo. en Ciencias Políticas e Socioloxía) perdera a Escola Taller. Perdera axudas da UE en materia de emprego a desfavorecidos e inda encima que nos veñen a vender o que?

Punto 6º Unha Casa das Asociacións. E curioso como dita casa prácticamente caeu no olvido. Temos unha Casa da Xuventuda, na que Oscar Graña I (Técnico de emerxencias. Monitor de Primeriso Auxilios) non fixo nada por involucrar as asociacións. Os colectivos do Morrazo fai tempo que están espidos diante da coorporación municipal. A Tiradoura non é un plato de bo gusto para os nacionalistas, posto que ben é sabido os lazos de unión entre a Tiradoura e o Foro Social. Ademáis a Asociación que leva adiante o Festivalinho inda non viu un can da axuda concedida o ano pasado.

Punto 7º Unha Escola Municipal de Artes Escénicas. Actualmetne existe unha escola de teatro pública promovida polo concelleiro Pazos. De tódolos xeitos as axudas para levar adiante a Mostra foron insuficientes, por mor das malas relacións ca Deputación e a Xunta ca alcaldesa de Cangas.

Punto 8º A constitución da Fundación Bernardino Graña Mira que hai que telos ben postos para meter o señor Bernardino nesto. Un saúdo o poeta.

Punto 9ºA recuperación do Plan de Residuos Sólidos do Morrazo. O proceso mancomunado é unha forma sostible e económica de levar adiante un servizo xa de por sí caro e necesario. Marín nunca debeu sair deste consorcio. O BNG cangués xunto cos seus compañeiros de Moaña e Bueu permitiron que o Concello con máis ingresos se saira da Mancomunidade do Morrazo.

Punto 10º A Ampliación e mellora das instalacións portuarias. Se xa no lo decían no programa, e inda nos estranamos cando vemos a pasividade de Clara Millán no tema de Massó? O caso é que o programa do BNG contemplaba a ampliación do porto, onde non se dí, pero queda claro que cumpren programa neste punto.

Punto 11º Un Centro de Especialidades, Ciruxía Ambulatoria, Unidade de Curta Estancia e Área Hospitalización Crónicos. Sí estades a ler ben, e como facer un pequeno hospital comarcal pero bueno por suposto neste eido non se fixo nada de nada. E os intentos non foron quenes de avanzar neste punto tan fundamental para o desenvolvemento da comarca.

Punto 12 Infraestructuras nas parroquias e Pavillón Polivalente dentro da área deportiva de Verín. As competencias en deportes son cousa do PSdG pero o certo é que as axudas tramitas dende o concello non chegaron a nada. Hoxe por hoxe podemos dicir que as instalacións son as que eran.

Punto 13 Unha Casa da Música con fonoteca e arquivo sonoro e dotación de locais de ensaio O antigo goberno do bipartito tivo un detalle con nós neste eido e puxéronnos un local de ensaio, ou máis ben un garito. Inda estamos investigando como facer para que nos deixen o garito para tocar cos colegas e non ter que facelo no baixo da casa dos meus tios.

Punto 14 Museo Etnográfico de Cangas Si un museo en pleno centro de Cangas, chámase un museo, xa que dentro haiche reliqueas dignas de ver e contemplar.

Na segunda parte podemos ler os nomes das persoas que enchen a lista do BNG. Nel aparecen nome máis ocupación. Pero entre todos gustaríame subraiar o de Xoan Chillón un histórico do BNG cangués, esto é o que pon :

12. Xoan Carlos Chillón Iglesias. Profesor de secundaria IES Rodeira. Directivo das Asociaciónes Cacarexo, Aspansim, Memoria Histórica de Agosto.

Ademáis o S7 Breixo Harguindey Barrio. Lcdo en Comunicación Audiovisual. Emigrante en Cataluña. Fillo doutro histórico da política canguesa, pai da Casa da Cultura e dun movemento cultural inigualable en Cangas. Quique Harguindey. Conseguiu aquí o BNG un tantazo, presentando a Breixo de suplente número 7 (un posto sen relevancia) co cal aseguraban un nutrido conxunto de votos que bailaban cara outras tendencias galeguistas.

SDC13566

Sobre estas liñas temos as fotos do resto de compañeiros de Clara Millán no BNG de Cangas. Bueno compañeiros, e entre eles temos cuñados, maridos, campañeiros sentimentais, bueno que o final parece máis unha árbore xenea-lóxica que outra cousa

Sen máis esta é a nosa entrega de esta semana, para a próxima teremos a de PSdG con Otero a cabeza, tenente alcalde e segunda forza máis votada do goberno cangués. Que ninguén se esgrima, é o que hai!!!!

Advertisements

Accións

Information

2 responses

13 10 2009
Breixo

Gracias polos eloxios que entendo, a través da miña persona, se dirixen a Quique que me pasou o enlance e ben os merece. Un saúdo.

7 11 2009
Bolxevique

Manito alcalde!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: