A RUÍNA DUN PAÍS

27 11 2009

Cando a diversidade política non encontra máis que lazos de unión nun ficticio estado de dereito, os cidadáns deberíamos de comezar a pensar que algo non funciona. O caso é que para eles funciona moi ben, e como non, se eles mesmos son os que crean as regras do xogo. É fácil, se non queres xogar con eles, pinchan a pelota e se queres xogar tes que aceptar as súas normas, para algo o parchís é deles non? E senón como se explica de que aceptemos sen fisuras dita normativa, aceptámolo calando.

As veces sobran palabras, pero tamén son necesarios en certos casos. A opulencia, a chulería, a humillación, o desfalco, a corrupción e a desfachatez van unidas de forma inherente a políticos e as agrupacións que os amparan, feudos medievais nos que no nome de ditos guetos poden facer todo o que lles plazca. O peor de todo non é que un polítco roube, se non que un político de esquerdas o faga. Manchar un posicionamento ideolóxico que estivo o crimos que estivo tan preto das clases menos favorecidas, non deixa de ser unha metáfora oscura e transparente deste mundo de fieras capitalistas no que nos teñen calados.

Non pensamos por nós mesmos e se o facemos é para darnos conta de que estamos no vértice dun cumio, e dende este divisamos o desenfreno o que nos teñen acostumados os políticos. Dita costume estanos a inmunizar, e quizáis algún día non nos parecerá estrano de que a malversación de fondos sexa unha parte dos Presupostos do Estado, e nos calaremos.

Advertisements

Accións

Information

3 responses

28 11 2009
Alberto

“O peor de todo non é que un polítco roube, se non que un político de esquerdas o faga.” ¿Isto é unha broma non? Porque de non ser así, pensaría que ti non escribiches isto é outra persoa o fixo por ti.

Non vou a decir que os partidos de dereita sexan menos corruptos que os de esqueda, nin que os de esquerda sexan máis corruptos que os de dereitas. Simplemente penso que os partidos non son corruptos, senon as persoas que forman parte deles. Esas persoas serán corruptas nun partido político, nunha empresa, nunha ONG (onde tamén se deron e se dan casos de corrupción) ou como presidentes da comunidade de veciños.

A esquerda é tan corrupta como a dereita desde sempre, basta con recordar os últimos anos do felipismo. Pero tamén a inmensa corrupción na URRS e nos países comunistas, ata o punto que o propio Fidel Castro chega a decir: “Si alguien destruye esta revolución no va a ser ningún enemigo externo, vamos a ser nosotros mismos.”

Fukuyama falaba do final das ideoloxías, equivocávase, pero non completamente. Non morían todas, senon que agonizaba e morría a ideoloxía de esquerdas. Iso é o que eu penso. Para máis datos:

http://reflexionesparaperdereltiempo.blogspot.com/2009/09/la-izquierda-busca-su-meta.html

Coma sempre, a pesar das diferenzas, unha aperta moi forte.

30 11 2009
ocioloxia

Realmente penso que me puiden expresar mal. De tódolos xeitos nun primer momento a relectura fíxome pensar que esta frase sería polémica pero que atopaba motivos para posicionala en medio e medio do post.

A miña aclacración:
Efectivamente non che falta razón. Eu fago unha lectura sesgada, dende o ideoloxía de esquerdas. É dicir, a min non me parece raro que un político de dereitas roube, pero o problema é que agora estamos espertando e que dentro de pouco pareceranos normal que o faga calquer persoa (ben dito pola túa parte) sen atender o partido que representan. Por iste motivo fixen tal aproximación. Non defendo nin a uns nin a outros. Quédate ca reflexión final.

Gracias pola aclaración, penso que agora qeuda máis claro o post.

10 01 2010
Carmela

É certo, son as persoas as que rouban e non as institucións, partidos, ….son as persoas as que fan nobles as institucións, partidos,… existen persoas leales en todas as istitucións, partidos… pero que non morran as ideoloxías.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: