Algo se move no Morrazo!!!
Nace un novo espazo sobre ocio. Nel podremos ver tódalas actividades deportivas e de ocio que temos nos concellos do Morrazo!
Moito ánimo e longa vida!!!
Algo se move no Morrazo!!!
Nace un novo espazo sobre ocio. Nel podremos ver tódalas actividades deportivas e de ocio que temos nos concellos do Morrazo!
Moito ánimo e longa vida!!!
Magnifica exhibición unha vez máis do Faro de Vigo. Merecen un aplauso por tanta hipocresía mediática, por tanta mediocridade que demostran día tras día, co difícil que resulta manterse a dito nivel. Faro de Vigo volve outra vez a carga, e desta vez non por publicar algo, senón por deixar de facelo.
Unha vez máis, a dirección de Faro de Vigo volve a estar a altura do betún, de onde parece non quere emerxer.
O certo é que non molesta quen quere, senón quen pode, pero desta vez vémonos na obriga de sacar adiante este post, para denunciar a manipulación mediática. O caso é que o pasado sábado, o redor das 12:00h un grupo de xente, arredor de 80 persoas, demostraron que é posible denunciar a parálise municipal diante de todo un pobo. En Massó, xusto na entrada principal da antiga fábrica conserveira, mozas e mozos cargaron contenedores de lixo, de merda, como eles lle chaman, que está almacenada xusto diante da antiga gardería. De tódolos xeitos todo estaba pensado. A merda colocaríase cada unha no seu contenedor, é dicir, os orgánicos a un contenedor de orgánicos, os plásticos o contenedor habilidado para tal efecto e así con varios contenedores. Cada un deles ademáis estaba perfectamente colocado, como se de cestas de nadal se tratasen. A merda foi conducida a pé dende Massó ate a porta do Concello. Alí quedou, a espera que o servizo de recollida de lixo o recollera (que o fixo en duas horas), mentres outra montaña de merda segue almacenada diante de Massó dende fai anos, a espera de que alguén se digne a recollela. Esta merda é a que se recolleu noutrora nos privilexiados espazos naturais de Massó. Xente que desinteresadamente e cun sentido práctico depositou neste lugar co fin de que o Concello mandara un camión a recollelo. Dito camión non deu chegado, e mentras este espazo de Massó convertiuse nun estercoleiro.
Queren destruir Massó!!! E Massó xa está destruído, tan só falta que se decidan a facer algo, o que? Pois cada terá a súa teoría de practicidade.
A manifestación-ecolóxica, transcurriu con tranquilidade, custodiada en todo momento pola Policía Local, quenes parecían escoltar a terroristas, sin embargo, recibirón unha maxistral clase de civismo. Estamos en contra de toda manipulación mediática, por iso, as veces calar, tamén é complice do cinismo máis cruel e déspota.
Pedimos a dirección de Faro de Vigo que fique no seu pasado, que pechen a porta por dentro e que tiren a chave pola ventá.
Un novo blogue comeza a súa andaina. Esperamos que todo vaia moi ben. Moito ánimo para os creadores e un apoio total.
Este sábado 20 as 20:00h manifestación contra os procesos especulativos que se producen na costa galega, máis en concreto en Massó. O gran protagonista o Porto Deportivo, esa construcción para que os ricachóns poidan atracalos seus iates en Cangas, mentres outros estamos a loitar para que a Pedra Alta teña un espazo verde, ou para que Massó sexa de dominio público, con solos adicados a mellorala vida dos veciños de Cangas, creando postos de traballo sostibles.
Massó precísate, o futuro de Cangas pasa por este sábado, para que os especuladores se atopen con muros contra a ilegalidade, contra a sobervia e contra a prepotencia.
“Na Galícia você encontra um dos doze apóstolos, um dos doze clubes de futebol (até agora) que já contaram com o talento do Rivaldo, o fim do mundo dos romanos (onde eles deixaram muitas heranças), um idioma próprio que tem a rara capacidade de aproximar duas línguas já irmãs, uma coleção de navios naufragados, um pacto silencioso de negligência das leis de trânsito destinadas ao estacionamento de veículos e, desde 7 de novembro de 2008, uma jornalista brasileira que nunca sai de casa sem uma garrafa d’água, o colar do SPFC, a máquina fotográfica e um belo punhado de parênteses. Esse é o relato de uma das muitas Galícias que se misturam por aqui.”
Este fragmento foi extraído do blogue Unha Galiza, de Carolina Moreno, unha xornalista do Brasil que actualmente reside na cidade herculina. O seu relato paréceme unha fantástica mostra da ideosincrasia galega, unha mostra de laboratorio, ben confeccionado, como se cociñara con mimo a mellor comida do mundo para o seu namorado. Un día escoitei a Caetano Veloso decir que galego era similar o portugués pero con acento español, quizáis nos unan máis lazos que o idioma, é probable que Brasil e Galicia sexan hoxe duas comunidades que camiñan da man por un mundo hostil. Non é fácil trazar as liñas que debuxan a unión lexendaria entre estas dúas fantásticas terras, pero se querendes como se debuxa un sentimento, non dubidedes, o voso portal é Unha Galiza.
(o fragmento foi extraído do blogue de Carolina)
Dende hai xa ben de tempo, os jalleghos teñen peito, teñen peito e mais juevos, inda que sexan pequenos. Comensaron os máis vellos conquistando o estranxeiro, invadindo continentes, pra traer uns poucos ferros
Esta é a historia que narraron os Heredeiros e que hoxe se segue a repetir 10 anos despois de que este tema soara por tódolos locais galegos, acordádesvos, era aquel ghrito de gherra, De Jalisia o extranseiro hai catro ventos e medio. Pero o caso é que non foron os primeiros en falar da pandemia galega, as terras quedaron orfas das mans que a traballaban, en busca dun futuro máis esperanzador. Algúns voltaron e montaron grandes mansións, como as de Avión ou Beariz, outros ficaron nun olvido esnaquizador, e os máis sempre choraron a morte de algún a milleiros de quilómetros.
Castelao falou daquela fuxida da Galicia, unha emigración que se cifra a día de hoxe en tres millóns de persoas, é dicir, máis da poboación que ten hoxe a terra verde (verde eucalipto, todo hai que dicilo).
A día de hoxe o futuro segue sendo incerto, as inversións públicas basearonse en anos de bonanza na pavimentación de portos e paseos fluviais, na construcción de palcos de festas e nun adoutrinamento esnaquizador.
Luis Davila consegue ca súa viñeta transportarnos polos anos de historia desta terra, ate chegar a hoxe, un tempo no que os máis novos, “a mellor xeración da historia de Galicia” (como dicía o meu avó), ten un fin, a emigración. Pero cales son os males endémicos que parecen muxila vaca fraca? Cales son os motivos polos que seguimos estando na periferia da periferia que fala Wallerstein e Beiras en clave galeguista? Cal é a causalidade da situación que hoxe vivimos? Deixo a que sexa a vosa reflexión a que faga deste un espazo de diálogo na búsqueda de solucións, que por pequenas que sexan poidan mudar dalgunha forma dita situación, paradóxica por un lado e esnaquizadora por outro.
A falta de memoria histórica é un mal endémico que ven sacudindo a nosa terra dende tempos inmemorables. Por iso o PSdG e BNG non lembran cal foi o motivo que lles fixo estar no goberno, a luita pacífica do pobo cangués por que en Massó non se instaure bases clientelares de ricachóns e especuladores. O caciquismo non escapa a esquerda que perdeu o norte, seguimos estando dirixidos polo capital, que o final fará de Massó un Porto Deportivo en lugar dun espazo para o pobo do Morrazo, un eido sostible polo cal moitos saímos a rúa fai xa tres anos.
Non estamos dispostos a que BNG e PSdG segan na súa tese imperialista e caciquil, chea de mentiras e de enganos vertidos polos seus incompetentes dirixentes. Lembremos que unha vez máis estamos na man duns dirixentes que franquean o capital máis vil, se eles mesmos están tan seguros de que o que van facer beneficia o pobo que saian a palestra a defendelo, pero que non se agochen tras papeis mollados, por que o tripartito está a piques de romperse por que a esquerda socialista e nacionalista non están a levar a bo porto as exisencias dun pobo discriminado dende fai décadas.
Cangas non precisa dun porto deportivo, precisa de accións de desenvolvemento sostible, precisa de industria, de plans de accións urbanísitcas (PXOM), precisamos de melloras nos medios de transporte públicos, precisamos dunha maior relevancia na nosa cultura dos eidos propios da ideosincrasia morracense, precisamos alugueres acorde cos nosos salarios, precisamos de melloras no acondicionamento das nosas rúas, preciamos seguir sendo un pobo sostible co fin de que poidamos seguir vivindo no noso pobo, por que se a vida se encarece en Cangas non podremos vivir aquí coma antes.
Por que se a vida se encarece en Cangas eu non quero se cómplice!!! S.O.S Massó!!!!
Morrazo volve a Asobal tres anos despois do descenso, un tempo que serviu para cargar as pilas e voltar a mellor liga do mundo, co debido respeto da fortísima Bundesliga. A prensa especializada falan da gran xesta que culminou o equipo de Cangas, que tras ser quinto na liga regular conseguiu doblegar a Anaitasuna (23-30) e a Realitas Guadalajara (25-21).
A prensa que fai eco da nova:
Como sempre a afición volveu ser determinante converténdose no oitavo xogador do Balonmán Cangas, máis de 200 personas se trasladaron ate Pamplona, onde se xogou o primeiro partido dos dous que tiña que xogar o Cangas para cumplilo sono de voltar a Asobal.
A axencia EFE define así o que foi o partido que devolve o mellor Balonmán a Cangas:
El Cangas Frigoríficos del Morrazo ha logrado el ascenso a la Liga Asobal al ganar por 25-21 al Realitas Guadalajara en la final de la fase de ascenso disputada en el Pabellón Anaitasuna de Pamplona, con lo que retorna a la máxima categoría tras tres años en la División de Honor B.
El conjunto gallego, que en semifinales se deshizo del equipo local, el Anaitasuna, ha salido victorioso de la fase de ascenso pese a llegar a Pamplona como quinto clasificado de la División de Honor B. El equipo dirigido por Curro Lucena no lo ha tenido fácil, ya que en la primera parte el Guadalajara, con las paradas de Canzoniero y los goles de Rajic, Rivera y De la Salud, ha llegado a disfrutar de 3 goles de renta (7-10, m.22).
Sin embargo, el cuadro gallego ha igualado el encuentro al descanso (11-11) y ha salido con mayor fortaleza defensiva al segundo periodo, en el que ha mejorado la portería con Santana por Martinovic, clave en el triunfo de ayer ante Anaitasuna.
El Cangas ha parado la circulación de balón del conjunto manchego frenando a Rajic y con un colosal Soliño, 10 goles, 8 de ellos en la segunda parte y letal en los penaltis, ha encarrilado una victoria que le permite regresar a la Liga Asobal. En la final de consolación, que se ha disputado con anterioridad al encuentro por el ascenso, el Anaitasuna ha vencido por 31-30 al Prasa Pozoblanco cordobés.
A nosa forma de ser é diferente a de todo bicho vivinte, senón porque temos esa fama de bonachóns en exceso… O caso é que de tan bos que somos algúns chegaron a pensar que somos uns paletos, tontos ou incluso a Real Academia Galega incluía unha acepción de galego como persona tonta. Eu son dos que pensa que os galegos non discutimos, para que, se total non vamos a arranxar nada.
De tódolos xeitos outra das cuestións que definen o galego é a súa fama de bebedor profesional. O galego non se emborracha senón que deixa voar a sua imaxinación, como fan os chamáns do Amazonas ou os feiticeiros africanos. O galego dende que ten uso de razón chuperretea a pipeta do pipote, fai sopas de burro cansado ou incluso lle manda unha sidra. Case sempre son os máis vellos os que adoutrinan os máis novos nesta costume lexendaria, os avós son os encargados de adestrar os máis cativos no mundo do alcohol. Senón quen pode decir que nunca escoitou aquela frase de “deixao beber que o viño da casa non emborracha nada” ou aquela outra que me contou a miña tía que escoitara na escola decir a unha nai “fai frio, o mellor é un chupito de augardente para que o neno non se nos constipe”.
O caso é que eu inda lembro cando o meu avó paterno me convidaba a tomar un ovo con viño. E agora de forma arguiniana vouvos dala receita. O primeiro é dicirvos que non é unha receita complicada, todo o contrario, tende en conta que o meu avó só sabía facer chourizos a brasa e quentar leite. O primeiro que se fai é ir o galiñeiro, cóllese un ovo ou cantos se estimen precisos para saciar a fame matinal, despois de lavalo ovo por si está cuberto de pallas ou outro tipo de impurezas facemos dous precisos buracos ca típica navalla suiza, as dúas perforacións fanse na parte superior, e cunha distancia dun dedo entre buraco e buraco. O seguinte paso é soplar por un dos buracos co fin de que algo da clara saia do ovo, e acto seguido introducimos un pouco de viño do país no ovo. Despois collemos o neno, decímoslle que chupe por un dos buracos e tapamos o outro, no momento que esté a chupar con forza soltamos o buraco e o neno traga unha dose de calorías que farán que non pare ate a seguinte comida sen problemas.
Ocioloxía non quixo faltar a cita de reivindicarnos como pobo en Compostela. Unha cultura e un vehículo para transmitila é o que a sociedade galega exise o novo goberno de Feijoo. A manifestación foi totalmente pacífica e con un ambiente festivo amenizado por zancudos e gaiteiros, uníndose a eles 25000 persoas que encheron en tres ocasións a Praza da Quintana.
Personalidades como Beiras, Bernardino Graña ou Manolo Rivas non quixeron faltar na cita ca súa lingoa e a de máis de dous millóns e medio de galegos que temos a oportunidade de falar e ensinar en galego. Non faltaron por suposto os gritos e cánticos xa clásicos nas manifestacións, como “nas escolas en galego, nas galescolas en galego, na Galicia en galego”. Botouse en falta a presenza de membros do PSdG ou de Galicia Bilingüe, inda que os bilingüistas do Partido Popular tamén estaban invitados a cita ca lingua galega, país que agora dirixen. Un compromiso galeguista que non pode romper ca tónica xeral do novo executivo e da oposición, posto que a lingua non debe monopolizar a estratexía duns e doutros, posto que o pobo non permitirá inxerencias neste eido.
Por outra banda, o Bloque Nacionalista Galego preferiu estar na primeira liña de batalla, posto que nesta batalla teñen moita infantería disposta a defender o idioma galego. Dita base nacionalista está en consonancia con moitos non votantes que viron no goberno de Quintana un goberno populista, todo aquelo que criticamos anos atrás na época fraguiana.
Seguimos precisando que fales galego, por que non te mollas e usas a túa lingua?
Comentarios recentes