DÍA DAS LETRAS!!!

13 05 2009

letras_galegas.jpg image by Maki_Nomiya





ARQUITECTURA POPULAR E PENSAMENTO POPULISTA

4 04 2009

foto0398

foto0399





A NOSA ENQUISA XA TIVO AS PRIMEIRAS CONSECUENCIAS

15 03 2009

Dimision de Anxo Quintana e da cúpula do BNG.

Tralos pésimos resultados obtidos polo Bloque Nacionalista Galego nas pasadas eleccións do 1 de marzo, o que fóra Vicepresidente da Xunta de Galicia no bipartito optou pola dimisión despois de que  a militancia nacionalista e históricos do bloque, como Xosé Manuel Beiras, pediran a inmediata disolución da Executiva Nacional do BNG.

Dende moitos sectores galeguistas se ven debatindo sobre a necesidade de refundar un verdadeiro nacionalismo galego de esquerdas. Homes como Ferrín, Abalo e o propio Beiras son os eixos vertebradores sobre os que se pensa debe asentarse o novo movemento político. Dende Ocioloxía como movemento social, de esquerdas e galeguista apoiamos a creación dun novo movemento frentista que teña a sociedade galega como modelo para crearlo.





CIM “O movemento anexionista de Cies”

31 01 2009

O movemento anexionista de Cies non se fixo esperar, os contínuos movementos pola liberación das Cies por parte dos separatistas morracenses tiveron as primeiras respostas. Dito isto só nos queda mostrar cal foi a resposta, onde, en que medio, de que forma,… vamos que nos inade a necesidade de saber máis deste tema, non sí?

Tonhito nos seus tempos mozos, lucindo con seguridade o brazalete de AU (Agharra Untos) feito polo cal gañou a fama de home duro do Comando Independentista do Morrazo.

Pois  o caso, o medio no que apareceu foi internet, nunha páxina dunha promotora inmobiliaria, o cal fai sospeitar os reporteiros de Cia Ocioloxia que non estaban equivocados cando meses atrás afirmaron que Manolo do Sacho e o Subcomandante Marcos da Portela andaban detrás dunha serie de movementos especulativos. Dende aquel momento os dous máximos mandatarios do CIM quedaron relegados a un segundo plano, sendo nese momento cado o home duro dos morracenses, Tonhito Clarete, toma o relevo radicalizando as exisencias dos paramilitares do Morrazo. Dende aquel momento o lider do grupo ven reclamando a anexión inmediata das Illas Cies, e en palabras del “a neghosiasión das Sies non é posible xa que non hai nada que neghosiar, aghora ben, o Lurú (responsable do aparato de comunicación) e o Culío (responsable da seguridade privada de Tonhito) irán no Sentolo Dous (a fragata do CIM) para fasela toma das illas de forma sinematojráfica, como na peli do Tio Clint en Badeiras dos Nosos Pais”. Como sempre as verbas do lider morracense foron directas e moi claras, e ate o momento non houbo unha resposta oficial dende terras olívicas.

 

Por outra banda a resposta mediática da promotora está tendo certa repercusión mediática, pero para que se fagan unha idea vams a mostrarlles o caso Santomé Inmobiliaria. Estas son as palabras que utiliza dita promotora para describir a situación xeográfica de Cangas

Precio algo negociable-no curiosos-.Se sitúa a las orillas de la ría de Vigo y del Atlántico. Limita con el mar por el sur y oeste, con el municipio de Moaña por el este y con Bueu por el norte. Consta de cinco parroquias: Aldán, Cangas, Coiro, Darbo e O Hío. El municipio, con una las costas más extensas de España posee un elevado número de playas,tiene 38, son variadas, las hay urbanas como la playa de Rodeira y salvajes como la de Barra. Normalmente cuatro o cinco de ellas, que no suelen ser siempre las mismas, gozan de bandera azul. Cangas do Morrazo reivindica la propiedad de las Illas Cíes pertenecientes en la actualidad al Ayuntamiento de Vigo pero históricamente vinculadas con Cangas y son las principales islas del Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia.

Co fin de facer respetar o anonimato da empresa tan só vamos a dar o seu link, resulta certamente paradóxico como a promotora parece atopar uns fíos de unión entre o movemnto especulativo e de ladrillo co movemento paramilitar do Morrazo, o cal non deixa de ser intrigante. Co fin de que non perdan detalle desta apaixonante histora seguiremos o carón da noticia, sempre dende a obxetividade periodística e dende o respeto a liberdade de ideoloxía que este medio ven aloumiñando dende xa dous anos.





MARQUESINAS CON DEREITO DE TEITO

19 01 2009

Unha marquesina solitaria, en Lousame parece pedir a gritos que renoven o seu teito. En Coirós catro paredes de ferralla improvisan unha parada de autobús. En San Vicente de Argozón hai dez anos que piden unha marquesina para que os nenos non se mollen na espera do bus escolar. Poderíamos seguir así e non parar nunca máis, e o caso é que o noso país é o país das 1001 marquesinas. Temos de tódolos tipos, dende as máis rurais ate as máis innovadoras, pasando como non polas recicladas e polas puramente humorísticas.

 

O caso e que por exemplo existen marquesinas en Galicia dende que temos uso de razón fotográfica, posto que a nosa climatoloxía exise que construamos marquesinas para evitar enchouparnos nos días de chuvia. Por iste motivo o imaxinario popular creou múltiples posibilidades de construcción civil, como vemos sobre estas liñas, a construcción marquesiana, unha arquitectura moi devaluada nos últimso anos, foi antano unha referencia no mundo da inxenieria.   Quen sabe quizáis os famosos dolmenes galegos non foron mortuorios, senón marquesinas,  quizáis as marquesinas antigamente foron espazos de culto ou inclusive de rituais nos que se cortaba a cabeza dunha galiña. Quen sabe esto nunca o podremos saber, pero o que podemos saber é o que está pasando hoxe en día cas marquesinas, o caso é que moreiros destas construccións ancestrais precisan dun arranxo, non podemos deixar que a típica marquesina de formigón desapareza, e se o fai polo menos estarmos preparados para facer manifas e o que faga falta por salvelo orgullo da construcción máis típica de Galicia despois do canastro ou hórreo, de quen falaremos longo e tendido noutro momento. Agora falemos de MARQUESINAS!!

 Si a verdade é que postos o que estamos, podemos decir, que o tema das marquesinas e outro efecto socializador e de cohesión socia en Galicia. Senón pensa, vas camiñando polo Fonsagrada, ti eres de Boimorto, e claro sínteste fóra do teu pobo, pero no momento que ves a marquesina de formigón, cunhas pintadas de “Bieito casa” sobre a publicidade de Caixa Pontevedra, nese momento o corazón aprétase contra o peito e sínteste como en casa. Este feito coñecido popularmente como marquesina´dor, está a ser estudiado por diferentes colectivos de sociólogos, en concreto o colexio de Sociólogos e Politólogos de Galicia están a piques de lanzalo seu estudio “Marquesinas con Dereito a Teito”, un ensaio levado adiante polos máis prestixiosos sociólogos e antropólogos galegos.

Un paso máis ala é o que intentamos con este post, non podemos negar a forza social das marquesinas como feito socializador, posto que baixo os seu amparo os veciños xúntanse para levar adiante a tertulia matinal. Non podemos esquencer que as esperas da “linea” pode ser de varias horas, e este feito leva a que estemos diante dun feito diferenciador na dispersión poboacional galega, a máis alta do Estado español.





O NOSO SUPER HEROE

12 01 2009

Escoitando un monólogo de Carlos Blanco, no programa Somos una Potenzia, ocurriusenos…

Como sería o noso super heroe…

O primeiro sería describir o seu aspecto exterior. Supoño que me gustaría, máis que ser un reflexo da sociedade galega, que fóra baixiño, roxo e cun nariz redondeado, o cabelo rizo e vermello, con pernas curtas pero moi fortes igual que os seus brazos. Máis que guapo ou feo eu diría qeu é simpático, alguén con cara de bonachón, que cando preguntas polo seu aspecto, sen pensalo che salga aquelo de, “é curriño” Por outra banda non pode faltar aquela mítica resposta de: “juapo juapo non é , ajora ten un pelaso”

Despois de definir o seu aspecto físico, o seu, é definir a súa vestimenta. Volvo a supoñer que ten que levar unha capa, non coñezo a ningún super heroe que non leve capa. Pensando un pouco nos cores que debería levar cremos que o idóneo sería que o pantalón fóra branco e o moillot tamén pero atravesado por unha franxa celeste (plaxiando a bandaira galega). Ademáis da súa vestimenta teremos que atender tamén os avalorios que o acompañan, por exemplo un botafumeiro na man dereita e unha vara de castaño na man esquerda, e por suposto unha gorra de Piensos Biona cubrindo os rizos cobrizos.

Para que o noso super heroe tivera cabida no eido comercial faría falta facerlle un estudo de marketing moderno. Por exemplo algo imprescindible é un nome que sexa contundente e que rápidamente se asocie o super heroe, eu pensei en IRMANDINHO, non sei parece un nome de futbolista brasileiro mezclado ca nosa propia historia, agora ben que cada un lle poña o que lle pete. Esto non deixa de ser como os nomes que o sexo masculino lle pon o seu atributo sexual. Por outra banda, e deixando un pouco o punto quente, gustaríame falar da súa historia. Todo super heroe ten unha historia, e  o noso non vai ser menos. Eu creo que  IRMANDINHO debería de  nacer en Corcubión, por que diredes o que queirades, pero decir que eres de Corcubión, polo menos asusta a un exército de romanos enteiro.

Xa temos o punto de partida, un home forte, roxo, cunha vestimenta un tanto peculiar e cuns avaloriso dignos de recalcar: Botafumeiro, vara de castaño e gorra de Piensos Biona. Cun nome comercial IRMANDINHO  e nado en Corcubión. Só nos falta a lenda, o porque é un super heroe…

Penso que IRMANDINHO debeu ser un home qeu intentou facer, e conseguiu face-lo Camiño de Santiago o revés, amosando a medio mundo o porque unha terra chamada Galicia era a eterna olvidada, e loitando contra os inxustizas conseguiu que o galego fora respeitado en Castilla, e así Afonso X o Sabio escribiu poesía en galego. Conseguiu que en Francia coñeceran as mellores materias primas para facer o qeu hoxe é a Nouvelle Cocine, quen senón lles ensinou tamén a facer o champán, que pregunten en Coruña canto tempo levan bebendo o viño espuso, porque o fin e o cabo que é un champán?.  E para rematar, como non? Suiza, para ter un por si acaso, e así se algún día necesitábamos sair a ver mundo tiveramos un eido onde ir a traballar.





O PAPUXA.-

16 09 2008

Para quen non coñeza este emblématico local. Só dicir que o que tes escoitado ou o que vexas neste video tan só é unha aproximación a realidade, para chegar o fondo da cuestión hai que visitalo, tomar uns viños na bodega e cantar cos vellos e turistas.





A TOPONIMIA-UN ESPAZO DE LIBERDADE.-

2 09 2008

Referirnos a toponimia como un espazo de liberdade non é máis que unha forma diplomática de comezar este post. Lonxe de querer intervir en eidos administrativos, xudiciais ou mesmo de cuestións de estado, o que queremos é lanza-lo vento as nosas máis dignas reivindicacións da pluralidade lingüística que existe no noso país (léase con ironía).

Xa noutros tempos, chamémoslle Ocioloxía I, falamos de casos realmente incríbles da utilización libertaria da toponimía. E cando decimos libertaria, facémolo da mesma forma que a dereita máis rancia utiliza este termo para falar de “casos anormais”. Recordando un pouco aqueles divagaxes e deixando levar os nosos miolos por aquel entón, chegamos a albiscar termos impronunciables como o de Puentearenas, Puentevedra, Las Puentes de García Rodríguez ou mesmo as xá típicas e máis que debatidas Orense e La Coru Neno.

 Hoxe para non deixar que este debate quede no olvido, e sen ánimo de quentar a ninguén, falaremos de casos que nos veñen a cabeza. Un dos máis interesante e o de A Guarda, chamado de múltiples formas, La Guarda, A Guardia, La Guardia, e incluso algúns que non nos resignamos a utilizalo noso dialecto propio da costa galega, chamámoslle de forma agarimosa A Juardia. O caso é que a toponimia galega non nos deixa de sorprender, e incluso poderíamos deixar voar os nosos pensamentos, e pensar ate onde estamos dispostos a chegar, ou o que sería máis correcto, ate onde estamos dispostos a aguantar.

Tal é a debilidade da nosa ideosincrasia que chegaremos a escoitar con normalidade como falamos de Porrito, Pujeros, La Calle, El Bollo, El Roblito y el Roble, Río Mío??,… si home sí! que non te das conta de que falamos??, pois de Porriño, Puxeiros, A Rúa, O Bolo, O Carballiño e Carballo ou o noso ben querido Río Miño. Outros casos son os de Salvatierra, Noya e Villagarcía, que cada vez se escuitan máis e son utilizados por diferentes ámbitos institucionais, desestimando a cultura popular e botando por terra as nosas raíces.

E agora? Non pensas que esto se nos vai das mans? E o que pode ser peor, ate onde estas disposto a aguantar?





O NOSO MAR

21 04 2008





RADIO TELEVISIÓN DE CANGAS

26 03 2008

Está a punto de dar comezo unha nova era na península do morrazo. Teremos un medio noso, no que as interferencias foráneas serán mínimas. Teremos unha radio, teremos unha televisión e teremos noticias nosas, reportaxes, programas semanais, etc.

Ata o momento Ocioloxía non pode avanzar máis, pero si decirvos que todo vai no camiño axeitado para que as cousas saian ben. Permanecede atentos as novas.