XEADO DE TOXO

2 08 2010

Algo se move no Morrazo!!!

Nace un novo espazo sobre ocio. Nel podremos ver tódalas actividades deportivas e de ocio que temos nos concellos do Morrazo!

Moito ánimo e longa vida!!!





ESENCIA DE LAPO, NA TIRADOURA, 27/10/2007

27 10 2007


esencia-de-lapo.jpg

ESENCIA DE LAPO e EL KOMITE DEL ZEMENTERIO VECINAL

http://www.myspace/elkomitedelzementeriovecinal

http://www.myspace/essenciadelapo





BAILE E MÚSICA TRADICIONAL EN CANGAS 30/09/07

28 09 2007

imagen150.jpg

A xente que lle gusta a música e o baile tradicional galego teñen unha cita a que non poden faltar. Será o vindeiro día 30, as 20:30 no Auditorio Municipal de Cangas. E que mellor actuación que a celebración do 10º aniversario de Esta noite hai unha fia.





CONCERTO ANTIFEIXISTA EN REBOREDO CANGAS- 22/09/07

20 09 2007

Voltamos o verán con iste festival con sabor a tempada estival, podemos decir que este pode ser o peche dun verán fructífero en case tódolos sentidos. Culturalmente tivemos un verán cargadiño de cousas, teatro, música, cine, pintura, etc. Xuntos descubrimos a xente nova que se abre camiño na música como moitos dos grupos do Directo Xove ´07, e outra xente o mellor non tan nova que intda ten moitas cousas que decir, como a xente da Tuna Rastafari, da man do ex-líder de Dos Pelos Negros, Alex ou tamén coñecido como o Neto de Manoel. Precisamente este vindeiro sábado podremos escoitar   os tuneros en Reboredo. Para quen non os coñeza esta é unha magnífica oportunidade para escoitar a fusión de estilos que  non deixan indeferente a ninguén.

Soak volta a  Cangas (a terra que os viu nacer), da man de Susito Kaos, quen sen lugar a dúbidas levou adiante unha gran laboura co seu colectivo Deskarga Furtiva. O punk máis internacional do Morrazo, volverá  a traer, nesta ocasión o local da Tiradoura, ritmos punk e rock. Motor Perkins xa fixo unha pequena xira polo Morrazo, tocando en difentes puntos da nosa geografía, polo que este 22 de setembro teremos a oportunidade de escoitar un grupo ben rodado.  Tanghana Show pechan o cartel do Festival, e seguro que deixarán un bo sabor de boca, polo que invito a todo o mundo a que se achegue este vindeiro día 22 de setembro, con ganas de festa. Recordamos os asistentes que a  Tiradoura pon o servizo do público un variado “catering” a “prezos lóxicos” 





MÚSICA ELECTRÓNICA EN SALITRE (MOAÑA)- 21/09/07

14 09 2007

Gran noite para os amantes da música electrónica en Moaña. Será o vindeiro día 21 deste mes. A cita será no Salitre Club http://www.salitreclub.com e podremos escoitar en directo a artistas da talla de Oscar Mulero, Oscar Croma, Javier LG e Murdock vs. Wea.

Oscar Mulero é un dos artistas nacionais con maior palmarés no mundo da música electrónica, este madrileño foi un dos precursores nacionais alá polos anos 80 contando con diferentes traballos que tiveron gran relevancia no mundo electrónico nacional. (para máis información: http://www.clubbingspain.com/artistas.php?lng=es&id=503)

  Video en Monegros-Huesca

Oscar Croma http://www.clubbingspain.com/artistas.php?lng=es&id=502

  Video en Zeus-Monfero-A Coruña





EL ÚLTIMO KE ZIERRE e DEFEKTO ÓPTIKO 15/09/07 BUEU

6 09 2007

O gran concerto de setembro chega da man de EUKZ (El Último Ke Zierre) escoltados polos Defekto Óptiko. A Sala Zona de Bueu será o lugar do concerto, sendo as entradas de 12€ anticipada e de 15€ en taquilla. Se queredes máis información podredes atopala na páxina de http://www.deskargafurtiva.com e na web oficial do grupo EUKZ http://www.elultimokezierre.net O grupo castellonense ven a presentar o seu novo traballo Quemaste tus Alas de Ángel, polo que invito os ociólogos a escoitar ben o novo cd co fin de que no directo todos teñamos aprendidas as cancións que presentarán.

Por outra banda non podemos esquencernos do grupo Defekto Óptiko, que sen lugar a dúbidas vai estar a altura das circunstancias. De bo grado podemos dicir que teremos unha noite completa na Zona de Bueu.





ZONA BUEU-FESTIVAL DE MÚSICA BRASILEIRA 8/09/07

6 09 2007

A sala de festas Zona de Bueu organiza un Festival de Música Brasileira o vindeiro día 8 de setembro as 0:30. Os grupos invitados para levar a diante dito festival serán dous grupos: Digital Dubs e Etacarinae, e o prezo do festival será de 4 euros.

Digital Dubs naturais de Brasil, son un grupo de dj, que mezclan música electrónica e reagge más outro tipo de estilos musicais. Mentres que Etacarnae xa se define máis por ritmos electrónicos sen olvida-las raices brasileiras misturando ritmos sudamericanos con ritmos electro.

imagen130.jpg

Para ampliar información sobre o concerto poden acudir a web do local: www.zonabueu.com





GANDANAGAIA NO ATURUXO 2/09/07 BUEU

2 09 2007

O concerto está previsto que empece as 21:30 horas, e a entrada será de 6 euros. Gandanagaia é unha formación brasileira, inda qeu o grupo está formado por un galego, dous arxentinos, un chileno e un alemán, multiculturalidade 100%. Eles mesmos defínense como un grupo mestizo, que parte dos ritmos brasileiros para repasar outros estilos bailables como o funki. Voltan o mesmo local que fai un ano viunos tocar, callificando a sala como unha das mellores do país para facer este tipo de concertos.

Por outro lado Narci Rodríguez, vocalista de Gandanagaia, comenta que estarán no Brasil dentro de pouco, aproveitando o comezo do verán no hemisferio sur. Por outra banda, a formación está preparando a gravación do novo disco.

Gandanagaia tamén participou no A Polo Ghit, polo que emplázovos a esta páxina para escoitar un dos temas que sonarán esta noite en Bueu. http://apologhit.vieiros.com/ficha.php?id_cancion=56896





FREETANGA VILARIÑO FOLK 2007!!!!

1 09 2007

Video do festival de Vilariño deste mesmo ano. Freetanga quentando o ambiente na mesma praia onde pola noite se fan os concertos, as regueifas e demáis actividades que a Asociación O Gato oraganiza cada ano poloas mesmas datas do verán.





CONCERTO TRANSILVANIANS e KOGITO 29/08/07 CANGAS

28 08 2007

O mércoles 29 de Agosto as 22:00.H na Praza Das Pontes en Cangas teremos a  actuación dos Grupos: TRANSILVANIANS e KOGITO, polo que podemos decir que será unha noite de ska reaege.

Se querendes saber algo máis de Kogito so tendes que visitar o seu espazo, un blogue onde podedes encontrar cousas interesantels, como a lista de concertos neste verán que se esgota pero que inda patalea. http://blog.myspace.com/kogito

Por outro lado teremos a banda Transilvanians que está recollendo unha magnífica crítica alí por onde deixan soar os seus rítmos eclépticos, ou como eles mesmo se definen “horror reagge”. Se querendes escoitar como sona este grupo vigués visitade estes espazos:

http://www.transilvanians.com/

http://www.myspace.com/transilvanians