Algo se move no Morrazo!!!
Nace un novo espazo sobre ocio. Nel podremos ver tódalas actividades deportivas e de ocio que temos nos concellos do Morrazo!
Moito ánimo e longa vida!!!
Algo se move no Morrazo!!!
Nace un novo espazo sobre ocio. Nel podremos ver tódalas actividades deportivas e de ocio que temos nos concellos do Morrazo!
Moito ánimo e longa vida!!!
Presentación do X Encontro Degustación do Millo Corvo: 08 de marzo del 2008.
Xornadas educativas cos nenos dos colexios (“Ciclo do pan”): semana do 10 ao 14 de marzo. Os cativos realizarán o “Ciclo do Pan”: debullarán as mazorcas de millo corvo, irán ao muíño a moer os grans e obter fariña e amasarán e cocerán a bola corva de porta aberta nun forno tradicional.
Obradoiros participativos: (do 24 ao 27 de marzo). Necesario inscripción.
Obradoiro de follaco: celebrarase os días 25 e 27 de marzo ás 20:00 horas
Obradoiro de cestería tradicional: celebrarase os días 24 e 26 de marzo ás 20:00 horas.
X ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO (do 28 ao 30 de marzo):
Muiñada de todo o día: 28 de marzo. O muíño da Presa (no Canudo – Bueu) permanecerá aberto e funcionando durante todo o día, e pola noite contarase con música tradicional e a degustación da tradicional queimada ás 12 da noite.
Sábado 29 de marzo.
Charla – coloquio.
A continuación celebrarase o festival “A Pan de Millo”, onde se contará coa actuación de diferentes agrupacións tanto musicais como de baile tradicional. Tamén se contará coa elaboración das recetas máis tradicionais e antergas na Ecotaberna.
X Encontro Degustación do Millo Corvo: domingo 30 de marzo. Dende as 11 da mañá contarase con múltiples actividades durante
Hai ven Alfonso da Herba, la la la la la ….!!! Hai ven Alfonso da Herba, la la la la la ….!!!
Quen teña viño, quen teña viño,…
O caso é que este ano volve o entroido de novo baixo a chuvia, pero iso non fará que o Hío volva a se-la capital do entroido no Morrazo, trasladándose dita capital o sábado a Aldán co Enterro do Mexilón.
Este ano espérase máis xente que o ano pasado, máis comparsas, máis gaiteiros, máis Alfonsos da Herba e por suposto máis viño (esperemos que non sexa dese que é mellor botarllo a ensalada).
Hoxe comeza a Romaría de Darbo, unha das máis concurridas do Morrazo. Sen lugar a dúbidas, a queimada, o viño do país, e as empanadas serán predominantes a todas horas no adro da Igrexa de Darbo.
Hoxe leerase o pregón, e descorcharanse as primeiras botellas de viño. Queda invitado todo o mundo, recomendándose achegarse a pé, xa que o do aparcar está difícil.
Non esquenzan que a Danza e a Contradanza son bailes tradicionais que se conservan prácticamente igual que fai 600 anos, polo que sería unha boa opción achegarse o día 8 a primeira hora para coller sitio e poder ver dita danza diante da fachada da Igrexa de Darbo.
Comentarios recentes