Algo se move no Morrazo!!!
Nace un novo espazo sobre ocio. Nel podremos ver tódalas actividades deportivas e de ocio que temos nos concellos do Morrazo!
Moito ánimo e longa vida!!!
Algo se move no Morrazo!!!
Nace un novo espazo sobre ocio. Nel podremos ver tódalas actividades deportivas e de ocio que temos nos concellos do Morrazo!
Moito ánimo e longa vida!!!
Chega a segunda edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu que terá lugar en setembro, e que dende o 1 de febreiro ate o 15 de xuño ten aberto o prazo para tódolos que se animen a facer unha curta. O día 15 de xullo cherará o momento da elección das 25 curtas que serán presentadas para o Festival. O ano pasado, na súa primeira edición, chegaron máis de 300 obras, e este ano os organizadores pensan recibir medio millar de curtas.
O FIC Bueu 2008 contou con traballos de Bélxica, Francia e outros paises facendo máis enriquecedor o festival, neste ano outro dos propósitos é que o numero de películas extranseiras sexa superior, posto que o ano pasado tiveron unha acollida moi positiva. David Casals-Roma foi elexido como mellor director e a súa curta a mellor do festival con Save The World, o xurado deu o premio a O Ataque dos Robots da Nebulosa de Chema García, o público decantouse pola obra Nenos Que Nunca Existiron, de David Valero, director da obra gañadora do premio a mellor fotografía e a mellor son. Por outra banda o certame abre a porta as curtas en galego, sendo Leo a obra premiada como mellor obra en lingua bernácula. Os mellores actores foron Myriam Espinoza por Elena e Dani Casadellá por Jingle Bells.
Dende Ocioloxia aplauimos a tódolos gañadores do ano pasado (con certo retraso) e animamos a tódolos que sintan un pequeno Tim Burton no seu interior a que presenten os seus traballos. Non queremos deixar pasar esta ocasión para agradecer a Andres Lamosa e a Manuel Pena a iniciativa que están levando adiante, e propor este espazo chamado Ocioloxía como eixo de apoio incondicional o FIC de BUEU.
A continuación presentamos o trailer de Nenos Que Nunca Existiron,
Save The World parte 1:
Save The World parte 2:
Info@ficbueu.com é o contacto para todos aqueles que precisedes máis información. Datos recollidos de www.ficbueu.com e de www.farodevigho.es.
Este ano a Asociación Cultura de Mozas e Mozos de Beluso non organizará o que estaba considerado o pai dos festivais no Morrazo, A Noite do Trasno. Un festival polo que pasaron grandes grupos galegos e estranxeiros, como os Diplomáticos de Monte Alto con Souto a súa cabeza.
O botellón, a falta de axudas, as dificualtades burocráticas para conseguir permisos, o desgaste, a falta de novos membros, e máis condicionantes parecen que se xuntaron para que a plataforma de Beluso dera o comunicado que ninguén quería escoitar, pero que todos parecíamos temernos.
Chega entón un ano, ou máis en concreto un verán, sin un dos fines de semana máis importantes do almanaque morracense. Ben é certo que sempre nos quedará o Festichán, que parece que consolida cada ano o seu festival, ou o Festivalinho que nos empurra a Carballeira de San Amaro, pero tamén é certo que os tempos que corren non son optimistas para os nosos festivais. Dende Ocioloxía sempre insistimos en que un festival de balde depende da caixa que se faga nas barras da organización, e non nos botellóns paralelos. Se a isto engadimos a baixada da venta de “merchandising” estamos ante garfo sen miñoca.
A suspensión da Noite do Trasno súmase a outros proxectos que quedaron no camiño, como o Herba e Son de Liméns, ou o Terra de Sons de Aldán. Pero gracias a aquelas andainas abríronse novos canles de comunicación, novas oportunidades, e sobre todo, e o que é máis importante, que a xuventude se de conta de que é posible a creación de festivais, pero que non é posible mantelos sen unha implicación do público.
Gracias Trasnos, esperamos a vosa volta no 2009!!
Voltamos o verán con iste festival con sabor a tempada estival, podemos decir que este pode ser o peche dun verán fructífero en case tódolos sentidos. Culturalmente tivemos un verán cargadiño de cousas, teatro, música, cine, pintura, etc. Xuntos descubrimos a xente nova que se abre camiño na música como moitos dos grupos do Directo Xove ´07, e outra xente o mellor non tan nova que intda ten moitas cousas que decir, como a xente da Tuna Rastafari, da man do ex-líder de Dos Pelos Negros, Alex ou tamén coñecido como o Neto de Manoel. Precisamente este vindeiro sábado podremos escoitar os tuneros en Reboredo. Para quen non os coñeza esta é unha magnífica oportunidade para escoitar a fusión de estilos que non deixan indeferente a ninguén.
Soak volta a Cangas (a terra que os viu nacer), da man de Susito Kaos, quen sen lugar a dúbidas levou adiante unha gran laboura co seu colectivo Deskarga Furtiva. O punk máis internacional do Morrazo, volverá a traer, nesta ocasión o local da Tiradoura, ritmos punk e rock. Motor Perkins xa fixo unha pequena xira polo Morrazo, tocando en difentes puntos da nosa geografía, polo que este 22 de setembro teremos a oportunidade de escoitar un grupo ben rodado. Tanghana Show pechan o cartel do Festival, e seguro que deixarán un bo sabor de boca, polo que invito a todo o mundo a que se achegue este vindeiro día 22 de setembro, con ganas de festa. Recordamos os asistentes que a Tiradoura pon o servizo do público un variado “catering” a “prezos lóxicos”
A sala de festas Zona de Bueu organiza un Festival de Música Brasileira o vindeiro día 8 de setembro as 0:30. Os grupos invitados para levar a diante dito festival serán dous grupos: Digital Dubs e Etacarinae, e o prezo do festival será de 4 euros.
Digital Dubs naturais de Brasil, son un grupo de dj, que mezclan música electrónica e reagge más outro tipo de estilos musicais. Mentres que Etacarnae xa se define máis por ritmos electrónicos sen olvida-las raices brasileiras misturando ritmos sudamericanos con ritmos electro.
Para ampliar información sobre o concerto poden acudir a web do local: www.zonabueu.com
Video do festival de Vilariño deste mesmo ano. Freetanga quentando o ambiente na mesma praia onde pola noite se fan os concertos, as regueifas e demáis actividades que a Asociación O Gato oraganiza cada ano poloas mesmas datas do verán.
Incrible festival, un dos que máis xente congregou da historia do festival. As actuacións foron moi contundentes, deixando un bo sabor de boca. Comezou Barni Gambel como xa habíamos adiantado, e a actuación viuse cortada por unha rama, de grandes dimensións, que se precipitou no medio do público, recordamos que o Festivalinho ten lugar nunha carballeira centenaria de Aldán. O incidente saldouse con algunha magulladura, pero podemos respirar tranquilos, xa que por fortuna non hai que contar con feridos de gravidade. A actuación de Barni Gambel continuou despois de que os efectivos de Bombeiros solucionaran o accidente. Odio e Ama volveu a levantalo público facendo un concerto que o público non esquencerá, e de bo grado Odio e Ama tampouco. A Tuna Rastafari, liderada polo ex cantante de Dos Pelos Negros, Alex, conseguiu dar ca fórmula perfecta nos festivais, congregando alí onde tocan a unha serie de incondicionais que gozan con cada concerto dos “tuneros”. Por outra banda salientar que o peche viu da man de Fretanga, que volveron estar a altura das cirucunstancias, volvendo facer sonar os seus ritmos eclépticos.
Despois dos grupos, Antón Ferrari primeiro e Wetxo despois, foron os encargados de seguir ca festa, ambos dj´s, des estilos moi diferentes seguiron cun ambiente bastante máis calmado do que se respirou nos concertos.
Aquí a camisola que podedes mercar hoxe a noite no Festivalinho, recordade qeu temén terendes, chisqueiros, chapas e máis cousiñas cas que contribuir a que este festival se poida levar adiante moitos anos máis.
Comentarios recentes