A LUITA CONTINÚA

19 06 2010

Ramuiñás, un vello conocido da Congorza, sempre conta a mesma historia. No bar do Félix, sempre falan del como o “Chispón”, por ser un pouco animado cando toma uns vermuts de máis. Alí onte non faltaban os de sempre, Jurme, Raiote, Filighranas, Manolo, Servando, un vello que nunca fala, o da Finita, Marisol na cociña e Félix o mellor taberneiro da comarca. O televisor estaba a botar un “programa deste de sobremesa con catro pelajatos enchendo a boca de merda” tal e como o Servando dí. Ademáis é curioso como ninguén lle fai moito caso, ate que empeza o partido.

Nese momento Félix toma o mando do “Plus”, sube o volúmen, colle o mando da tele, sube o brillo, baixa contraste e tamén sube o volúmen. Acto seguido, como hipnotizados pola voz de Carlos Martínez, vólvense e danlle o lombo a barra, os que están sentados deixan a partida e póñense todos en posición de cara o televisor e algún despistado que andaba polo servicio sae correndo subindo a cremallera xa fora do baño (algúns non se acordan de volvela a subir ate a siguiente visita o excusado).

A xente non fala, todos esperan as alineacións. Entón o locutor comeza a dalos nomes dos “heroes”, dos super homes, dos gladiadores romanos que saen a loitar contra as fieras.

-“Na portería Casillas, na liña defensiva Piqué, Puyol polo centro e nas bandas Ramos e Capdevila, na medular Xavi e Xavi Alonso acompañados de Busquets, en posicións máis adiantadas estarán Silva caindo a dereita e Iniesta a esquerda, e na dianteira o ariete asturiano David Villa.”

Xusto cando comezan a decir os nomes dos rivais comeza unha discusión no bar:

-“Casillas, Casillas, eu puña a Valdés que ven de ghanar a ligha, e cunha forma física da ostia”- Dice o Filighranas, que foi un afamado xogador do equipo local alá polos anos cincuenta. Sempre vai de entendido e sempre acaba tendo a última palabra, no por ter a razón, senón que o resto non queren chegar as mans.

-“Casillas leva moitos partidos de internacional, e nunca fallou, eu puñao seghuro. Aghora o que me enche as pelotas é que non meta a Navas. Ese si que está como un tiro.”- Responde Ramuiñás “O Chipón”.

-“Ti cala que non tes nin puta idea de fútbol. Se inda eres dos que pensa que o fútbol e o futbolín son a mesma cousa”- Asevera o Filighranas.

-“Tes rasón Filighranas, o futbolín inventouno un ghallego no caldeiro, e o fútbol os inghleses”- Dí o Jurme intentando que a conversación non se quente.

O caso é que continúan berrando todo o partido, dicindo animalada tras animalada, pero cando rematan os noventa minutos, volvemos a realidade.

Ramuiñás baixa a cabeza, e sobre a mesa de aglomerado do bar do Félix, o xornal de hoxe ten un titular que dí: “O FMI anuncia recortes sociais en todos os paises do mundo”.

Anestesia esférica, morfina popular ou o opio do pobo.





TERRAS DO MORRASO

10 06 2010

Un novo blogue comeza a súa andaina. Esperamos que todo vaia moi ben. Moito ánimo para os creadores e un apoio total.

TERRAS DO MORRASO





POLITICA DE ACCIÓN

2 06 2010

En ocasións, en tertulias con amigos e coñecidos, de diferentes opcións políticas, chegamos as mesmas conclusións. O caso é que todo xira arredor de sí. A democracia na que vivimos permite votar os políticos, pero non permite votar  os que gobernan, co cal vémonos dirixidos por unha clase de magnates que controlan os medios e a política. Por favor que ninguén se engane, non estamos falando de teorías conspiratorias nin nada semellante, simplemente de quen controla o teu traballo, os teus cartos e polo tanto o teu futuro. Faltan neste mundo máis collóns, e perdón pola expresión. O caso é que dentro desta coiuntura económica adversa para o capital,  e por conseguinte para a clase traballadora, inda que pareza contradictiorio, vémonos afogados por múltiples declaracións vacías de contido.

Todos estamos ate aquela parte do corpo antes comentada, pero é complicado romper o  taboleiro creado polo capital. O xogo está moi ben montado, as reglas non permiten facer tácticas de dorrocamento, xa que enrócanse e se a túa opción é salirse do mesmo píllante en fóra de xogo, e polo tanto complícante a vida (observade que pasou ca flotilla a Gaza).

Sinto algo extrano nos meus adentros. Algo difícil de explicar. Por unha banda todos nos queixamos, pero por outra pregamos a quen sei eu de que as cousas non vaian a peor. E é precisamente aquí onde nos teñen agarrados por aqueloutra parte do corpo. Xogan co medo do traballador, co cese laboral, co despido, con ERE´s, con baixadas de soldo, con todo o qeu se lles ocurra. Falan de despido libre, e namentras os créditos ICO están controlados polos corvos negros deste conto, e mentres o lagrego da novela non atopa a espada de Excalibur para derrocar este Reino de Taifas. O pequeno empresario encóntrase acorralado entre pagos e débedas, pero a financiación esfumouse. O traballador pensa que pode perder o piso, o coche, a lavadora e o TV de 40″, que precisamente o capital lle facilitara para enmascarar as negras plumas, pero agora eles xogan a súa carta, o AS DO MEDO.

E tí queres seguir xogando?





O SON DE CANGAS?…O SILENCIO DE CANGAS

13 04 2010

Ver imagen en tamaño completoEstamos en abril de 2010, as arcas municipais están baleiras, non temos un chavo, non temos unha chica, non temos un duro, non temos un euro, non hai pan que levar a boca. O caso é que coma sempre a xuventude morracense sae perdendo.

Ver imagen en tamaño completoCasa da Cultura mermada, insuficiente e con poucas ferramentas do século XXI, cunha Casa da Xuventude que parece máis ben un despacho personal, cunha sala de ensaios case pechada (algúns poden pasar), cunha piscina municipal abogada a ruína, cun plan municipal que non desde agora, dende sempre deu pena, non falemos dos plans municipais para universitarios, ciclos formativos, Escola Taller (que pasou con esto señor concelleiro), a formación é algo indiscutible señores concelleiros, e con todo isto como teñen os santos juevos de dicirnos que non temos iniciativa, que estamos apampanados, que somos carne de cañón, etc.

Ver imagen en tamaño completo Xa bastante facemos con “ir tirando”. E inda por se fora pouco, o Son de Cangas 2010 parece que non arranca. Despois do Son de Cangas 2009 case que é mellor, e senón que falen algúns grupos… O caso, estamos aletargados pero non estamos mortos, calquer día espertaremos, colleremos os “amplis” enchufaremos as jitarras e reventaremos!!!!

Ver imagen en tamaño completo Por que estamos ate os collóns!!!!

PD: Vexan a páxina… http://www.sondecangas.com/





NON A POLÍTICA DO PORQUE SÍ!!!!

23 12 2009

Estamos fartos…

Estamos fartos de que a clase política non valga para nada, ou non temos a dignidade de deixar de lexitimalos. Estamos fartos da corrupción política, por que só vemos a punta do iceberg, ou é o único que queremos ver. Estamos fartos de que o rural morra, pero nunca criaríamos a un fillo na aldeas dos nosos avós. Estamos fartos de que nos asfalten o monte, pero pedimos un AVE. Estamos fartos de que non chegue o AVE, e se chega que?

 Estamos fartos dos atasco nas grandes vilas, pero non apoiamos un transporte público. Estamos fartos de dicir que non queremos subvencións que queremos solucións, pero os cuartiños para o peto. Estamos fartos dos catro ricos que nos gobernan, pero seguimos a ilusionarnos cada 22 de decembro en convertirnos en Amancio Ortega. Estamos fartos do fútbol, pero cada domingo sufrimos. Estamos fartos da televisión basura, pero o Gran Hermano e Fama arrasan.

Estamos fartos dos telediarios sanguinarios e de sucesos, pero pola contra seguimos comendo mentres vemos tales desgracias. Estamos fartos da fame no mundo, pero seguimos sen perdoar a deuda dos paises pobres por que senón este xogo non tería sentido, un rico manda sobre un pobre asoballado. Estamos fartos do sistema educativo, pero cuestionamos os mestres. Estamos fartos do paro, pero seguimos a pensar que a construcción é a solución.

Estamos fartos….?





A RUÍNA DUN PAÍS

27 11 2009

Cando a diversidade política non encontra máis que lazos de unión nun ficticio estado de dereito, os cidadáns deberíamos de comezar a pensar que algo non funciona. O caso é que para eles funciona moi ben, e como non, se eles mesmos son os que crean as regras do xogo. É fácil, se non queres xogar con eles, pinchan a pelota e se queres xogar tes que aceptar as súas normas, para algo o parchís é deles non? E senón como se explica de que aceptemos sen fisuras dita normativa, aceptámolo calando.

As veces sobran palabras, pero tamén son necesarios en certos casos. A opulencia, a chulería, a humillación, o desfalco, a corrupción e a desfachatez van unidas de forma inherente a políticos e as agrupacións que os amparan, feudos medievais nos que no nome de ditos guetos poden facer todo o que lles plazca. O peor de todo non é que un polítco roube, se non que un político de esquerdas o faga. Manchar un posicionamento ideolóxico que estivo o crimos que estivo tan preto das clases menos favorecidas, non deixa de ser unha metáfora oscura e transparente deste mundo de fieras capitalistas no que nos teñen calados.

Non pensamos por nós mesmos e se o facemos é para darnos conta de que estamos no vértice dun cumio, e dende este divisamos o desenfreno o que nos teñen acostumados os políticos. Dita costume estanos a inmunizar, e quizáis algún día non nos parecerá estrano de que a malversación de fondos sexa unha parte dos Presupostos do Estado, e nos calaremos.





EMIGRACIÓN!!

4 06 2009

Dende hai xa ben de tempo, os jalleghos teñen peito, teñen peito e mais juevos, inda que sexan pequenos. Comensaron os máis vellos conquistando o estranxeiro, invadindo continentes, pra traer uns poucos ferros

Esta é a historia que narraron os Heredeiros e que hoxe se segue a repetir 10 anos despois de que este tema soara por tódolos locais galegos, acordádesvos, era aquel ghrito de gherra, De Jalisia o extranseiro hai catro ventos e medio. Pero o caso é que non foron os primeiros en falar da pandemia galega, as terras quedaron orfas das mans que a traballaban, en busca dun futuro máis esperanzador. Algúns voltaron e montaron grandes mansións, como as de Avión ou Beariz, outros ficaron nun olvido esnaquizador, e os máis sempre choraron a morte de algún a milleiros de quilómetros.

20070526091348-castelao-emigracion

Castelao falou daquela fuxida da Galicia, unha emigración que se cifra a día de hoxe en tres millóns de persoas, é dicir, máis da poboación que ten hoxe a terra verde (verde eucalipto, todo hai que dicilo).

A día de hoxe o futuro segue sendo incerto, as inversións públicas basearonse en anos de bonanza na pavimentación de portos e paseos fluviais, na construcción de palcos de festas e nun adoutrinamento esnaquizador.

davila260509b

Luis Davila consegue ca súa viñeta transportarnos polos anos de historia desta terra, ate chegar a hoxe, un tempo no que os máis novos, “a mellor xeración da historia de Galicia” (como dicía o meu avó), ten un fin, a emigración. Pero cales son os males endémicos que parecen muxila vaca fraca? Cales son os motivos polos que seguimos estando na periferia da periferia que fala Wallerstein e Beiras en clave galeguista? Cal é a causalidade da situación que hoxe vivimos? Deixo a que sexa a vosa reflexión a que faga deste un espazo de diálogo na búsqueda de solucións, que por pequenas que sexan poidan mudar dalgunha forma dita situación, paradóxica por un lado e esnaquizadora por outro.





O FARO DA BORNEIRA-O outro Faro-O BANQUILLO DOS ACUSADOS

21 05 2009

Resulta que algúns pensan que se pode falar como se queira e sen ter en conta a legalidade do seu ben querido Estado de Dereito. Pois resulta que os que  abandeiran a simboloxía heráldica da democracia son mesmos que falan de sectarismo por parte dos nacionalistas o quererse apropiar da lingua, curiosa relación, por un lado critican a uns por querer por siglas a un movemento cultural, a unha lingoa, pero despois son eles mesmos os que se lle enche a boca o falar da legalidade internacional, da liberdade de mercado, do estado de dereito, da constitución ou mesmo da democracia, querendo abandeirar dito movemento. Simplemente na nosa terra a esta xente lle chamamos dunha forma: FALABARATO!!!

Un día un chama a outro terrorista e pensa que non vai pasar nada, que vai quedar ahí no carnet do outro, como quen pon un selo no roteiro dun viracrucis. Falar por falar non pode ser gratuito, e nós os que sentimos que algo ten que cambiar debemos de comezar a denunciar todas esas formas de opresión que exerce o poder co fin de derrocar ca súa mellor baza o bipartidismo aséptico e abstemio de melloras. Estamos fartos que vaian de víctimas e que despois se lles encha a boca falando de “terroristas”, cando son eles os que enfocan a bipolaridade deste sistema que e erixe como un terrorismo de estado, adoutrinando os seus, controlando os medios e fervorizando as masas como un holigan frente a súa inchada.

Ata onde estamos dispostos a tragar sen respirar, ata onde estamos dispostos a seguir permitindo que nos acusen de terroristas, ata onde estamos dispostos a aguantar. Por que de forma incondicional damos un respaldo a Mariano Abalo, que antes que político é persona.

Chegou o momento, chegou o San Martiño!





FOLIADA ATA O MENCER

28 03 2009

Salían Fermín e Aghripina da casa, él cunha gaita e ela cunha pandereta.  Zacarías e Milucha recollían uns chourizos no secadoiro do canastro. Moisés e Sara e o seu neto ían cuns tambores e un bombo cara o bar do Cholo, quen esperaba cunha dúcia de botellas de licor café na nevea. Suso, o fillo de José e María, era o encargado de recoller a Marisa, Estela e máis a súa curma de Boimorto, cóntase que teñen unhas voces que fan chorar os deuses (nunca se soupo se polo ben que o facían ou polo mal).

-Son as des e media rapás! Apagha as luses e asende as velas cos mistos que están o lado da cousa!-Dixo o Cholo.

Que cousa?-Preguntoulle o seu fillo.

Ai que demo de rapás! Non aprendes nin a base de labazadas. A cousa esa que ten flores-

O xarrón das flores papá!!!

O caso é que se comeza a repirar un ambiente de foliada. Todos os venres na do Cholo xúntanse os veciños, cada quen fai o que sabe, un canta (por que non sabe tocar), outro baila (por que non sabe cantar), outro toca (por que non sabe bailar) e outros beben (por que é o quen fan mellor). Non faltan botellas de viño, queixos, chourizos, algunha empanada e por suposto un pouco de augardente en tódalas súas variedes, de herbas, queimada, de arándanos, incluso de plátano chegou a facer o Marcial, o alquimista do pobo…

De sócato, unha gaita irrumpe no murmullo, e co seu rebumbio fai que a xente vaia tomando cadansúas posicións, entón, comeza a foliada que durará ate que o corpo aguante!!





CANGAS DAKAR

25 03 2009

Ocioloxía acaba de facerse cunha información moi valiosa, en breve, e inda que pareza inverosímil, o Cangas-Dakar terá lugar nun período de tempo máis ben curto. Polo momento descoñecemo o alcance desta acción social, que volve a por de manifesto que a sociedade do Morrazo está ávida de movementos sociais. Temos varios frentes abertos, e Ocioloxía apunta a que este movemento ben a ser unha explosión social pola negación do goberno de Vigo de non pactar un modelo de transporte marítimo, algo que tanto Moaña como Cangas non están dispostos a asumir.