Jeremías, o da Chochona, vive no número catro da rúa Espritu Santo de Ribadavia, preto do Papuxa, unha taberna digna de visitar. No Papuxa pasa parte da súa vida o Jeremías, e moitos do lugar xa o coñecen como Jeremías o Mesías, disque porque non para de dar sermóns, e só lle falta que un día se abran as augas do Avia ou que chova un bo ribeiro.
Baixo estas liñas o Jeremías invocando o único deus verdadeiro, o ribeiro.
O caso é que un bó día o Jeremías entrou en cólera, comezou a insultar a todos os pseudocristiáns que estaban na tasca e confesouse “ateo dende que ten uso de razón”. Soltar isto no epicentro da cristianidade moderna no é fácil, Ribadavia antano foi un refuxio para xudeos e hoxe é un crisol de pequenas e grandes igrexias, seguramente instaladas eiquí polo do bó beber dos curas e cregos. Sen desviarnos moito do tema, o Jeremías está farto da Igrexa e comentou no Papuxa que quere facerse apóstata, primeiro explicoulles que é iso de apostatar e logo seguiu insultando a todo dios, e nunca mellor dito, non se esquenceu de ninguén, o Papa Bieito XVI, o arcebispo de Compostela, o cura da parroquia, os da Cope, e cando chegou o turno de Rouco Varela,…, apartou o queixo e os viños do mesado do bar e dixo:
“E a dios poño por testemuña que endexamáis voltarei a misa, nin de vivo nin de morto”.
Jeremías saiu do bar tras esta célebre frase que xa analizaremos outro día, e dirixiuse directamente a Casa do Concello, tropezou co alcalde e máis co concelleiro de tráfico e dixo sen deterse: “sempre no medio carallo, haber se vos leva o río dunha vez, e se estou diante tende claro que non vos boto unha man” Ca mesma dirixiuse o rexistro civil, e solicitou unha chea de papeles, moitos deles só polo mero feito de fastidiar, sen ánimo de nada, pero o caso, o Jeremías é apóstata, sí, pero é máis que nada por levala contraria.
Continuará…
Comentarios recentes