Un novo blogue comeza a súa andaina. Esperamos que todo vaia moi ben. Moito ánimo para os creadores e un apoio total.
TERRAS DO MORRASO
10 06 2010Comentarios : 1 Comment »
Categorías : A MIÑA TERRA, COLECTIVOS E ASOCIACIÓNS, JABINETE DE CRISE, MORRASO QUINTA PROVINSIA
COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRASO
17 10 2009Acabamos de recibir un comunicado do colectivo paramilitar morracense, e sen máis entretemento transcribimos a nota que se nos fixo chegar por medio de correo postal, algo xa habitual no CIM.
“ O CIM exise o fin de topo tipo de declarasións fóra de tono dos concelleiros nacionalistas do BNG cangués. Santamaría e Oscar Graña están a quentar as masas. E pedimos que sexa a propia alcaldesa a que condene a violensia da juardia sivil as vesiñas e vesiños de Canjas, que sufriron a dureza das represións dos descerebrados. Non estamos dispostos a ser un mero espectador máis, exisimos que o BNG e o PSdG condenen de inmediato todo tipo de violensia.
O CIM prosighe ca súa trejua de paz duradeira, e estamos dispostos a comesar unhas novas nejosiasións sempre e cando o equipo de joberno deixe claro que Massó e dos morrasenses e non de catro especuladores vijeses.
Onte Abel Caballero e hoxe Corina Porro son os inimighos naturais dos canjeses e polo tanto de todo o Morraso. Non estamos dispostos a ser unha colonia de ricachóns vijeses. Non queremos ser os servos de catro lenjueros. Non queremos vivir dun turismo estival, e moito menos manter a catro pelajatos que se enchen a boca con merda e máis merda. O mar é o noso pan, e Massó o noso futuro, e non imos hipotecar o noso estómajo para que os noso fillos terminen de pajar este holocausto canibal.
Dende o CIM estamos a defender a cultura morrasense, a economía morrasense, os ecosistemas morrasenses e en resumo a todo o Morraso, sexa de Moaña, Bueu, Marín, Salsedo, Lourisán, Ons, Vilaboa ou Canjas. Sejiremos a loitar pola inclusión das Sies en territorio morrasense, e non permitiremos que se masifiquen de torristas abraiados polos medios de manipulasión.
Ditos medios de manipulasións están a tocárnolo carallo, e cando nos quentemos vai arder Trolla, Toralla e nai que os pariu
ASINADO: COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRASO
MANOLO DO SACHO, TOÑITO CLARETE
CÚPULA MORRASENSE
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : MORRASO QUINTA PROVINSIA
XA O DISÍA EU!!
2 04 2009“Xa o disía eu” berraba Felisindo.
O motivo de tal afirmación foi o titular do diario Morraso Livre, de tirada nacional, e impreso na Mangallona. As letras castelanianas en negrilla puñan algo así como: O Comando Independentista do Morrazo e os Piratas do Río Bouzós únense definitivamente baixo as siglas de CIM que pasará a ser a partires de agora o Colectivo Independentista do Morrazo.
Toñito Clarete e Aghripina Suáres firmaron “Na dos Feos” o que se considera o Pacto de Castrillón, no cal se presentan as bases comúns polas que o CIM seguirá loitando. Nesta nova “Carta Magna Morrasense”, como definiu o pacto Aghripina, preséntanse definitivamente os inimigos comúns do pobo morracense, lista que segue a encabezar o líder vigués Abel Caballero. Polo momento ningún partido político con representación nos concellos morracenses quiseron facer declaración o respecto, pero é coñecida a animadversión de certos colectivos políticos contra Toñito Clarete.
Lurú presentou a rolda de prensa en Coiro, custodiado en todo momento polo corpo de seguridade do CIM e dos Piratas do Río Bouzós, Coiro Sejuro (CS), e a esta comitiva non quixo faltar Manolo do Sacho, quen escaiolado na súa perna dereita, apareceu en cadeira de rodas. Entre as frases que resalta o diario Morraso Livre, único medio invitado a rolda de prensa, queremos destacar a que Aghripina fixo o terminar:
“Chegou o momento do pobo, estamos nunha coiuntura internacional na que os pobos iberoamericanos, e morrasenses deben de saber aproveitar, luitando pola mellora das condicións sociais, mellorando a nosa calidade de vida, e non por ilo deixarnos caer na tentación capitalista”
Para pechar o convite, Toñito Clarete e Lurú, pediron a cidadanía morrasense que non lle de máis pé os politicuchos que permiten que o Morraso sexa un viveiro de arkaliptos, que o Morraso sexa a gran olvidada, que o Morraso sexa tan só a praia dos vighueses
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : MORRASO QUINTA PROVINSIA
CANGAS DAKAR
25 03 2009Ocioloxía acaba de facerse cunha información moi valiosa, en breve, e inda que pareza inverosímil, o Cangas-Dakar terá lugar nun período de tempo máis ben curto. Polo momento descoñecemo o alcance desta acción social, que volve a por de manifesto que a sociedade do Morrazo está ávida de movementos sociais. Temos varios frentes abertos, e Ocioloxía apunta a que este movemento ben a ser unha explosión social pola negación do goberno de Vigo de non pactar un modelo de transporte marítimo, algo que tanto Moaña como Cangas non están dispostos a asumir.
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : JABINETE DE CRISE, MORRASO QUINTA PROVINSIA
COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRAZO C.I.M
5 03 2009Despois das eleccións… chegan as declaracións de Toñito Clarete…
Xa estabamos fartos de esperar, case cunha semana de retraso, chegan as ansiadas declaracións do grupo de liberación nacional do Morrazo. Toñito Clarete e o que se pode considerar neste momentos como o segundo de a bordo, Milucho Menduíña, falaron cos medios, nunha tarde chuviosa e con vento.
Nada máis comezar a rolda de prensa, Milucho, tamén coñecido como O Poeta, dixo que “O ceo chora e os anxos mexan por que están prevendo que o país irá a peor” Os homes do CIM culparon a Anxo Quintana como verdadeiro culpable da pérdida de poder do BNG na Xunta, o propio Toñito Clarete chegou a dicir que “Quintana debe dimitir, e son o primeiro en dicilo e por isto terei que aghuantar a moito charlatán”. O certo é que tanto Esquerda Nacionalista como Beiras xa se anticiparan a Toñito, pero os medios, coñecedores de como as gasta Clarete, preferiron facer oidos xordos.
Miluño Menduíña, pode ser considerado dende hoxe mesmo como o brazo dereito de Toñito. Dende pequenos comparten xogos, familia e vacacións, inda que son duas personalidades moi diferenciadas, por un lado Toñito o home duro de Manolo do Sacho e do Subcomandante Marcos da Portela, e polo outro lado temos a Milucho Menduíña, un home afable, tranquilo e con poucas ganas de guerra. De tódolos modos é un fichaxe estrela, tal como o Pizarro para o PP de Rajoi, ou como Correa para o PPdG de Feijoo. O Poeta, como o coñecen en Aldán, e aceptado pola parroquia independentista, xa que conforma un tándem de luxo para afrontar os tempos duros, e será un anestesiante perfecto para as ansias de autodeterminación de Toñito.
Polo momento, gran parte do aparato de comunicación do CIM mantéñense a espera de novos movementos para lanzar a noticia que levamos agardando meses: A dimisión de Manolo do Sacho polas denuncias por malversación de fondos e por especulador inmobiliario, de tódolos xeitos boa parte dos integrantes do CIM seguen a manterse neutrais a estas denuncias. Agora Toñito ten un longo camiño por diante, o neno fíxose grande e debe saber levar adiante un equipo moi articulado con grandes homes como Lurú, Culío ou mesmo Juanito Calvorota, de quen xa falaremos outro día.
Nestas liñas podemos vela disposición xerárquica do CIM. De bo grado esta é unha reproducción ficticia do que podería selo aparato militar morracense, intentando achegarnos o máis posible a realidade, e mostrandóo de forma didáctica, é que mellor que un típico arbol de familia como se estiveramos a falar dunha cúpula italo-americana, tal como O Padriño ou Os Soprano. De bo grado sabemos que Marcos da Portela e Manolo do Sacho están en fora de xogo e que Milucho aparece case na cúspide da pirámide. De tódolos xeitos fáltannos moitos datos por saber, polo que agradecemos a todos a información que nos poidan facilitar, garantimos o anonimato total, tal como o fixemos con María Fontán Vilariño, autora da pirámide cimniana, natural de Nerga, filla de Ramiro “O Bruño” e de María “A Sentola”, de quen nunca desvelamos o seus nomes e datos, actualmente leva un C4 vermello ca matrícula 6789 DHJ. Gracias María pola información que nos deches.
Comentarios : 1 Comment »
Categorías : MORRASO QUINTA PROVINSIA
CIM “O movemento anexionista de Cies”
31 01 2009O movemento anexionista de Cies non se fixo esperar, os contínuos movementos pola liberación das Cies por parte dos separatistas morracenses tiveron as primeiras respostas. Dito isto só nos queda mostrar cal foi a resposta, onde, en que medio, de que forma,… vamos que nos inade a necesidade de saber máis deste tema, non sí?
Tonhito nos seus tempos mozos, lucindo con seguridade o brazalete de AU (Agharra Untos) feito polo cal gañou a fama de home duro do Comando Independentista do Morrazo.
Pois o caso, o medio no que apareceu foi internet, nunha páxina dunha promotora inmobiliaria, o cal fai sospeitar os reporteiros de Cia Ocioloxia que non estaban equivocados cando meses atrás afirmaron que Manolo do Sacho e o Subcomandante Marcos da Portela andaban detrás dunha serie de movementos especulativos. Dende aquel momento os dous máximos mandatarios do CIM quedaron relegados a un segundo plano, sendo nese momento cado o home duro dos morracenses, Tonhito Clarete, toma o relevo radicalizando as exisencias dos paramilitares do Morrazo. Dende aquel momento o lider do grupo ven reclamando a anexión inmediata das Illas Cies, e en palabras del “a neghosiasión das Sies non é posible xa que non hai nada que neghosiar, aghora ben, o Lurú (responsable do aparato de comunicación) e o Culío (responsable da seguridade privada de Tonhito) irán no Sentolo Dous (a fragata do CIM) para fasela toma das illas de forma sinematojráfica, como na peli do Tio Clint en Badeiras dos Nosos Pais”. Como sempre as verbas do lider morracense foron directas e moi claras, e ate o momento non houbo unha resposta oficial dende terras olívicas.
Por outra banda a resposta mediática da promotora está tendo certa repercusión mediática, pero para que se fagan unha idea vams a mostrarlles o caso Santomé Inmobiliaria. Estas son as palabras que utiliza dita promotora para describir a situación xeográfica de Cangas
Precio algo negociable-no curiosos-.Se sitúa a las orillas de la ría de Vigo y del Atlántico. Limita con el mar por el sur y oeste, con el municipio de Moaña por el este y con Bueu por el norte. Consta de cinco parroquias: Aldán, Cangas, Coiro, Darbo e O Hío. El municipio, con una las costas más extensas de España posee un elevado número de playas,tiene 38, son variadas, las hay urbanas como la playa de Rodeira y salvajes como la de Barra. Normalmente cuatro o cinco de ellas, que no suelen ser siempre las mismas, gozan de bandera azul. Cangas do Morrazo reivindica la propiedad de las Illas Cíes pertenecientes en la actualidad al Ayuntamiento de Vigo pero históricamente vinculadas con Cangas y son las principales islas del Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia.
Co fin de facer respetar o anonimato da empresa tan só vamos a dar o seu link, resulta certamente paradóxico como a promotora parece atopar uns fíos de unión entre o movemnto especulativo e de ladrillo co movemento paramilitar do Morrazo, o cal non deixa de ser intrigante. Co fin de que non perdan detalle desta apaixonante histora seguiremos o carón da noticia, sempre dende a obxetividade periodística e dende o respeto a liberdade de ideoloxía que este medio ven aloumiñando dende xa dous anos.
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : A MIÑA TERRA, MORRASO QUINTA PROVINSIA
ARRE DIOS, AS SIES DE CANGAS. C.I.M.
28 01 2009A CONTINUACIÓN A CARTA QUE CHEGOU O NOSO BUZÓN PROCEDENTE DAS MENTES PENSANTES DO CIM:
Despois de sentos de anos de represión e de imerialismo vighés, o pobo morrasense non ten por que aghuantar máis a ideosincrasia vighesa. Por iste e outros motivos vémonos na obrigha de comesar a luita activa. O Comando Independentista do Morraso, a Asosiasión Morraso Seibe, os clubes Filijranas F.C. e Metea Tí Que a Min Dame a Risa (MTQMDR) acordaron levar adiante a conquista pacífica e inmediata das Illas Sies, Illas que dende antano pertensen o pobo morrasense, a un pobo olvidado, un pobo o fin e o cabo aillado, e por iste último motivo, pedimos as asosiasións políticas munisipais de Bueu, Canghas, Moaña, Marín e Vilaboa, mailas parroquias de Salsedo e Lourisán, que luiten para que no seu DNI poidan disir que están orghullosos de ser morrasenses no mundo, e de cadanseu pobo na Quinta Provinsia Galegha.
A anexión das Sies non é neghociable, polo que o traspaso político non é nesesario, xa que dende que temos memoria, sabemos que as Sies bicana Costa da Vela, costa morrasene, e polo contrario non tocan Toralla, illa que os vesiños de Vigho reclaman como súa e non duns ricachóns que un día herdaron por ghrasia divina. Por tanto e resumindo para non irnos polos persebes arriba, a única illa que ten Vigho é Toralla, mentres que o Morraso conta cos arquipélagos de Ons, Sies, Tambo, e os Ratos (illa que está declarada polo CIM como refuxio anti-vigués).
Por istes e outros motivos, sentolos e ghavotas do litoral das Sies, tranquilos que sondes morrasenses e a partires de aghora ceibes.
FDO: TOÑITO CLARETE, APARATO PROPAGANDÍSTICO E DE COMUNICACIÓN DO COMADO INDPENDENTISTA DO MORRASO.
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : MORRASO QUINTA PROVINSIA
C.I.M. MORRASO QUINTA PROVINSIA!!!
13 01 2009“Chegou o momento de decir a verdade”
Este era o titular que en letras grandes se podía ler en tódolos diarios locais e nacionais de onte. O pé da nova unha foto de Manolo do Sacho, Toñito Clarete e o Subcomandante Marcos da Portela. Parece ser, segundo testemuñas anónimas, que o Comando Independentista do Morrazo está a piques de acadar unha tregua cos líderes políticos locais, como adianto decir qeu o seu portavoz nacional, “Lurú”, xa falou onte pola tarde de que as conversas van por bo camiño, e moi posiblemente este mesmo venres cheguen a firmar unha tregua de carácter indefinido.
“Lurú”, portavoz nacional do movemento paramilitar morracense, está sendo o encargado de ditas negociacións, supervisado en todo momento polo home duro do CIM, o cangués Toñito Clarete. “Lurú”, que fora sancionado pola Guardia Civil por conducir cunha man, mentres na outra mantiña un micrófono enchufado a un altofalante, declarou que xa pagou tódalas multas que lle foron impostas pola benemérita, un total de 14, sete das cales acarrearon sancións económicas por conducción inapropiada, outras catro por superar os decibelios permitidos no seu altofalante e tres máis das que preferiu manter silencio.
“Chegou o momento de decir a verdade” foi a frase utilizada polo portavoz nacional para abrir a rolda de prensa qeu esta mesma tarde daba nun coñecido establecemento de comida rápida de Cangas. O caso é que moi probablemente o venres, os máximos responsables da política municipal do Morrazo se unan o redor dunha mesa para pechar a tregua do CIM. Polo momento non está confirmada a asistencia do rexidor de Marín, e o de Vilaboa preferiu non contestar ate o xoves por motivos de seguridade.
Por outra banda o CIM xa declarou en anteriores ocasións que a luita morracense ten un inimigo común, Abel Caballero, líder do PSG de Vigo e actual alcalde da cidade olívica. A bronca nesta ocasión para o vigués viu motivada polo desplante do “socialista” na convención morracense pola baixada drástica do prezo do barco nas liñas de Moaña-Vigo e Cangas-Vigo. Por iste motivo Toñito Clarete declarou que o lóxico é pensar que tan só se aplicará unha reducción no custo do billete se son comprados en Cangas ou Moaña. Recordamos que dita rebaixa será aplicada dende abril deste ano 2009 e será dun 50%, polo que o billete de transporte público será un pouco máis para todos os públicos.
Comentarios : 1 Comment »
Categorías : MORRASO QUINTA PROVINSIA
O CIM CON PALESTINA
8 01 2009O CIM, acaba de facer público en rolda de prensa a intención de viaxar por medio mundo para atopar a aqueles guerrilleiros máis adestrados para facer un ataque inminente contra os intereses xudeos. Este comunicado chega nun momento de máxima tensión en Gaza, onde Israel intenta sitiar os palestinos co pretexto de destruir e matar os asasinos de Hamas.
Toñito Clarete, o do pasamontañas verde, quixo sair en defensa do Estado Palestino, e dí non recoñecer o pobo israelí namentres sighan fasendo o mal nas terras arabes. Como ven sendo habitual nos últimas roldas de prensa, Manolo do Sacho e o Subcomandante Marcos da Portela limitáronse a estar de corpo presente posto que non emitiron nin unha soa frase. Marcos da Portela enxuizado a semana pasada por prevalicación e malversación de fondos, saiu escoltado polo catro por catro la Policia Local de Cangas, duas furgallas antidisturbios e un cordón policial sen precedentes nas citas dos paramilitares.
Na fotografía superior vemos a Toñito Clarete exercendo de número un en Chiapas, na xuntanza anual do CIM e EZLN, co Subcomandante Marcos de México (non o da Portela) como verdadeiro eixo vertebrador da xuntanza. Toñito falou en clave política de dita xuntanza, e ensalzou o traballo dos homes do EZLN, os cales mandou un quilojramo de mexilóns, duas rabalisas e unha marajota para que selebrasen o aninovo.
A rolda de prensa abriuse con un forte grito de Toñito Clarete en árabe, traducido o morracense vería a ser algo así como: “Pola luita interclasista, pola liberasión do pobo palestino, polo desarme xudeo e por un Morraso Seive” O motivo de dita entrevista cos medios non era outra que o tema de Palestina e Israel, pero os morracenses aproveitaron para falar de outros temas que teñen preocupados os morracenses, como a luita pola independencia, pola quinta provincia, pola anexión das Cies e pola declaración de patrimonio da humanidade o Viño do Hío e o Tinta Femia de Cela.
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : MORRASO QUINTA PROVINSIA
RADIO PIRATA, POR QUE NON?
2 01 2009Fartos de apostar por crear unha Radio Local e Legal, estamos a plantexarnos o crear a Radio Pirata do Morrazo, posto que dende as Administracións Públicas parecen que só queren pornos impedimentos a hora de crear medios de comunicación sostibles e independentes. Quizáis sexa isto último o que non queren que pase, prefiren ter baixo control os medios de prensa libre que poidan nacer, así con este control mediático manterse no poder por máis tempo, facendo crecer o número de clientelismos, de burocracia e de inamobilismo das administracións.
Como Ocioloxía mantén sempre unha postura en favor das liberdades de culto, de expresión e de libre información cremos que a solución pasa pola creación dunha radio pirata, quizáis Radio Pirata Morrazo sexa o primeiro nome que lle demos posto que estamos fartos de ter que aturar os impedimentos administrativos para crear futuro, para crear esperanza e para sermos nos mesmos os que fagamos que o progreso non veña só na liña que nos queren marcar.
Por uns medios de comunicación libres e con futuro Ocioloxía desmárcase das declaracións do Concello, nas que se aseguraba a creación dunha radio local, máis dende este espazo de liberdade apostamos que será algo así como unha chapuza, posto que non entendemos como se pode crear unha radio local sen contratar a ninguén. Por outro lado no momento que pedidos unha licenza de radiodifusión, como marca a lei, as respostas que obtemos son negativas. Por iste motivo vémonos na obriga de saltarnos a administración para facervos chegar a voz da rúa, a voz da xente, a túa voz.
Dende este espazo vamos a apostar polas radios locais e libres, e a continuación comentamos as máis destacadas:
–Radio Kalimera, ondas libres de Compostelas no dial 107.9 da fm. Eles mesmos falan de sí:
Ao longo do período “do curso 2005-2006”, de setembro a xuño, realizou tantos soños que non se da abasto.
Nova xente, xente con gañas, históric+s…
As persoas que mantiveron o facho aceso, que soplaron as brasas durante anos foron, entre outras: Ana, Xose, Puma. Nesas asembleas ao máis puro estilo “A vida de Brian”, mantívose a gaña, o impulso, o humor, a carraxe de que a Radio Clavi era un medio para todas. Un medio que era un fin.
Dende setembro de 2005 eclosionaron os ovos destes mosquitos respingóns, e puxéronse en marcha 5 programas, así, á vaiche boa, despois de anos sen ter máis que reflexións e caídas libres.
–Radio Roncudo: ondas libres de Cormeda Costa da Morte, con duas posibles sintonizacións, 106.1 en Bergantiños e 107.8 en Fisterra
Comentarios : 1 Comment »
Categorías : JABINETE DE CRISE, MORRASO QUINTA PROVINSIA
Comentarios recentes