C.I.M. MORRASO QUINTA PROVINSIA!!!

13 01 2009

“Chegou o momento de decir a verdade”

Este era o titular que en letras grandes se podía ler en tódolos diarios locais e nacionais de onte. O pé da nova unha foto de Manolo do Sacho, Toñito Clarete e o Subcomandante Marcos da Portela.  Parece ser, segundo testemuñas anónimas, que o Comando Independentista do Morrazo está a piques de acadar unha tregua cos líderes políticos locais, como adianto decir qeu o seu portavoz nacional, “Lurú”, xa falou onte pola tarde de que as conversas van por bo camiño, e moi posiblemente este mesmo venres cheguen a firmar unha tregua de carácter indefinido.

“Lurú”, portavoz nacional do movemento paramilitar morracense, está sendo o encargado de ditas negociacións, supervisado en todo momento polo home duro do CIM, o cangués Toñito Clarete. “Lurú”, que fora sancionado pola Guardia Civil por conducir cunha man, mentres na outra mantiña un micrófono enchufado a un altofalante, declarou que xa pagou tódalas multas que lle foron impostas pola benemérita, un total de 14, sete das cales acarrearon sancións económicas por conducción inapropiada, outras catro por superar os decibelios permitidos no seu altofalante e tres máis das que preferiu manter silencio.

“Chegou o momento de decir a verdade” foi a frase utilizada polo portavoz nacional para abrir a rolda de prensa qeu esta mesma tarde daba nun coñecido establecemento de comida rápida de Cangas. O caso é que moi probablemente o venres, os máximos responsables da política municipal do Morrazo se unan o redor dunha mesa para pechar a tregua do CIM. Polo momento non está confirmada a asistencia do rexidor de Marín, e o de Vilaboa preferiu non contestar ate o xoves por motivos de seguridade.

Por outra banda o CIM xa declarou en anteriores ocasións que a luita morracense ten un inimigo común, Abel Caballero, líder do PSG de Vigo e actual alcalde da cidade olívica. A bronca nesta ocasión para o vigués viu motivada polo desplante do “socialista” na convención morracense pola baixada drástica do prezo do barco nas liñas de Moaña-Vigo e Cangas-Vigo. Por iste motivo Toñito Clarete declarou que o lóxico é pensar que tan só se aplicará unha reducción no custo do billete se son comprados en Cangas ou Moaña. Recordamos que dita rebaixa será aplicada dende abril deste ano 2009 e será dun 50%, polo que o billete de transporte público será un pouco máis para todos os públicos.

Advertisements




O CIM CON PALESTINA

8 01 2009

O CIM, acaba de facer público en rolda de prensa a intención de viaxar por medio mundo para atopar a aqueles guerrilleiros máis adestrados para facer un ataque inminente contra os intereses xudeos. Este comunicado chega nun momento de máxima tensión en Gaza, onde Israel intenta sitiar os palestinos co pretexto de destruir e matar os asasinos de Hamas.

Toñito Clarete, o do pasamontañas verde, quixo sair en defensa do Estado Palestino, e dí non recoñecer o pobo israelí namentres sighan fasendo o mal nas terras arabes. Como ven sendo habitual nos últimas roldas de prensa, Manolo do Sacho e o Subcomandante Marcos da Portela limitáronse a estar de corpo presente posto que non emitiron nin unha soa frase. Marcos da Portela enxuizado a semana pasada por prevalicación e malversación de fondos, saiu escoltado polo catro por catro la Policia Local de Cangas, duas furgallas antidisturbios e un cordón policial sen precedentes nas citas dos paramilitares.

Na fotografía superior vemos a Toñito Clarete exercendo de número un en Chiapas, na xuntanza anual do CIM e EZLN, co Subcomandante Marcos de México (non o da Portela) como verdadeiro eixo vertebrador da xuntanza. Toñito falou en clave política de dita xuntanza, e ensalzou o traballo dos homes do EZLN, os cales mandou un quilojramo de mexilóns, duas rabalisas e unha marajota para que selebrasen o aninovo.

A rolda de prensa abriuse con un forte grito de Toñito Clarete en árabe, traducido o morracense vería a ser algo así como: “Pola luita interclasista, pola liberasión do pobo palestino, polo desarme xudeo e por un Morraso Seive” O motivo de dita entrevista cos medios non era outra que o tema de Palestina e Israel, pero os morracenses aproveitaron para falar de outros temas que teñen preocupados os morracenses, como a luita pola independencia, pola quinta provincia, pola anexión das Cies e pola declaración de patrimonio da humanidade o Viño do Hío e o Tinta Femia de Cela.





RADIO PIRATA, POR QUE NON?

2 01 2009

Fartos de apostar por crear unha Radio Local e Legal, estamos a plantexarnos o crear a Radio Pirata do Morrazo, posto que dende as Administracións Públicas parecen que só queren pornos impedimentos a hora de crear medios de comunicación sostibles e independentes. Quizáis sexa isto último o que non queren que pase, prefiren ter baixo control os medios de prensa libre que poidan nacer, así con este control mediático manterse no poder por máis tempo, facendo crecer o número de clientelismos, de burocracia e de inamobilismo das administracións.

Como Ocioloxía mantén sempre unha postura en favor das liberdades de culto, de expresión e de libre información cremos que a solución pasa pola creación dunha radio pirata, quizáis Radio Pirata Morrazo sexa o primeiro nome que lle demos posto que estamos fartos de ter que aturar os impedimentos administrativos para crear futuro, para crear esperanza e para sermos nos mesmos os que fagamos que o progreso non veña só na liña que nos queren marcar.

Por uns medios de comunicación libres e con futuro Ocioloxía desmárcase das declaracións do Concello, nas que se aseguraba a creación dunha radio local, máis dende este espazo de liberdade apostamos que será algo así como unha chapuza, posto que non entendemos como se pode crear unha radio local sen contratar a ninguén. Por outro lado no momento que pedidos unha licenza de radiodifusión, como marca a lei, as respostas que obtemos son negativas. Por iste motivo vémonos na obriga de saltarnos a administración para facervos chegar a voz da rúa, a voz da xente, a túa voz.

Dende este espazo vamos a apostar polas radios locais e libres, e a continuación comentamos as máis destacadas:

Radio Kalimera, ondas libres de Compostelas no dial 107.9 da fm. Eles mesmos falan de sí:

A Rádio Kalimera nascera como uma rádio universitária há já mais de 15 anos, nos pavilhons estudiantis do Burgo das Naçons. Se bem, houvera uma curta etapa anterior na que se intentara criar uma rádio, partindo esta iniciativa da coordinadora da mocidade do bairro de Vite. Esta tentativa, que nom chegara a coalhar, fora funcral para criar os alicerces organizativos de Rádio Kalimera. Com pessoas do bairro e mais do campus, passava-se a iniciar a emissom no pavilhom social da residência autogerida de estudantes do Burgo Velho.
Radio Flispim, ondas libres de Ferrol no 93.9 da fm. Eles mesmos falan de sí:
É  umha Associaçom Cultural da comarca de Trasancos que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas Sociais e Culturais da Comarca, servindo-se para isto de diferentes instrumentos, como é a realizaçom de actividades, exposiçons, publicaçons, projecçons, o intercámbio e compartilhamento de informaçom, etc com umha actividade principal que actue de elemento de ligaçom e/ou aglutinante: umha rádio livre e comunitária, Rádio FilispiM.
Radio Piratona, ondas libres da Ría de Vigo no 106.0 da fm, son os máis coñecidos para nós, os que estiveron o lado do Festival Deskarga Furtiva de decembro, os que emiten libremente tamén para Cangas e Moaña, é imprescindible falar deste colectivo que está a traballar por que outros teñamos o camiño máis doado, gracias. Eles mesmos falan de sí:
Radio Piratona é unha radio libre que emite desde vigo, cunha longa história ás suas costas. un feixe de anos que deron cabida a mui diversas etapas, definidas estas por pequenos (e non tan pequenos) paróns, cámbios de local, de membr@s e de organización ideolóxica, pero sempre mantendo esa cualidade de rádio libre, meio de comunicación para as voces sen eco nos grandes meios do empresáriado e a banca.
Radio Cuac FM, ondas libre e universitarias de Corunha. Son unha radio que pese as dificultades que presenta ser unha radio libre e comunitaria están a loitar con boas armas, que non deixan de ser bos programas, esperanza e con perseverancia. Recordemos que Cuac FM emite dende o estudo José Couse, bravo!!
Radio Clavi, ondas libres de Lugo, no 103.0 da fm. Eles mesmos falan de sí:
A Radio Clavi no verán de 2005 pegou un chimpo como de estar sentado nun toxo, e ergueuse con gañas de facer cousas, que carallo.
Ao longo do período “do curso 2005-2006”, de setembro a xuño, realizou tantos soños que non se da abasto.
Nova xente, xente con gañas, históric+s…
As persoas que mantiveron o facho aceso, que soplaron as brasas durante anos foron, entre outras: Ana, Xose, Puma. Nesas asembleas ao máis puro estilo “A vida de Brian”, mantívose a gaña, o impulso, o humor, a carraxe de que a Radio Clavi era un medio para todas. Un medio que era un fin.
Dende setembro de 2005 eclosionaron os ovos destes mosquitos respingóns, e puxéronse en marcha 5 programas, así, á vaiche boa, despois de anos sen ter máis que reflexións e caídas libres.

Radio Roncudo: ondas libres de Cormeda Costa da Morte, con duas posibles sintonizacións, 106.1 en Bergantiños e 107.8 en Fisterra

Non queremos deixar pasar esta ocasión sen falar da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, que nace ca intención de difundir o ideario das Radios Libres ca intención final de acadar o recoñecemento da laboura social que levan adiente estes medios de comunicación.




C.I.M. COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRAZO

29 12 2008

O Comando Independentista quere celebrar o Nadal de forma que non afecte a ninguén, posto que “nin os seus inimigos merecen faltar na casa dos seres queridos”. De tódolos xeitos a cúpula paramilitar garante un 2009 cheo de movilizacións e de luitas populares contra medidas dos poderes fácticos. O lugar elixido nesta ocasión para facela rolda de prensa foi a Casa Popular da Fame no lugar de San Martiño. Non foi este o lugar elexido por casualidade, posto que en numerosas ocasións Manolo do Sacho, líder espiritual do movemento morracense, fixo un chamamento a tódolos movementos asociativos do país (O Morraso) para que luiten contra a desaparición das terras productivas do agro morracense e contra a desaparición das terras vinícolas de Coiro, Aldán, Meiro, Domaio, O Hío e San Martiño. 

Como cada 29 de decembro os homes de Toñito Clarete, Manolo do Sacho e do Subcomandante Marcos da Portela redactaron o decálogo do 2009, en onde de forma espontánea e sen previo aviso, aproveitaron este momento para por tamén fotos dos paramilitares en pelotas, co que pretenden recaudar parte do presuposto para o vindeiro ano. O almanaque-decálogo-penthouse estará a venda a partir desta mesma tarde nos quioscos de Bueu, Cangas e Moaña, posto que este ano tamén se desmarcaron os independentistas morrasenses de Marín, que non aproban o despelote no almanaque, xa que o consideran un insulto cara a masculinidade dos paramilitares. Por outra banda os de Vilaboa están a pensar en dar por bo o decálogo, xa que inda que eles aprobaron as fotos do almanaque non aproban o sexto artigo no que se fala de Vilaboa como parte do Morrazo, e o que pasa é que para eles debe ser un país independiente asociado o Morrazo





O CIM-COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRASO

24 09 2008

Que che vou disir?! Que son nasionalista do Morraso!!

Así comezaba a entrevista que Cía Ocioloxía mantivo con Toñito Clarete, o home máis duro do Subcomandante Marcos da Portela e de Manolo do Sacho, líderes do CIM, un movemento nacionalista, separatista e bateeiro no Morrazo ou Morraso como eles mesmos defenden. Toñito Clarte é un home nervioso, recoñecidas son as súas contínuas broncas ca prensa, e tan so accede a entrevistas con Ocioloxía, a quen chama agarimosamente o Gara do Morraso.

Toñito Clarete e natural do Hío, nace no ano 1943, e defendeu antano as viñas de Barra e o nudismo neste areal. Se tiveramos que escoller unha banda sonora para a entrevista, de bo seguro que o Toñito escollería unha de Amancio Prada, e se o pincha-discos non a ten unha dos Smiths. Gústalle falar en público e ten un sorriso fácil na intimidade, detesta a Aznar e a Juanito Calvorota e sen lugar a dúbidas califica o xornal Faro de Vigo como o seu inimigo número un.

A entrevista foi concertada nunha taberna moi coñecida en cangas, nome que manteremos en segredo por petición persoal do Toñito Clarete. Antes de comezar a entrevista Toñito pide uns viños en tasa.

-C.O. (CÍA. OCIOLOXIA) Boas tardes Toñito, alegrámonos poder manter unha entrevista contigo, xa que a poboación morracense está con moitas gañas de coñecer os movementos do CIM. 

T. C. (Toñito Clarete) Que che vou a disir?! Que son nasionalista do Morraso! E por iste motivo acsedín a faser unha entrevista convosco, por que sei que sodes vos rapases, non como esas lurpias fedorentas do xornal mintireiro 

-C.O. Dende Cía Ocioloxía publicamos moitas novas sobre o CIM, xa que é un movemento autóctono e que non atenta contra os morracenses, e ademáis dí defender os intereses dos mesmos. Que intereses defendedes?

-T.C. O primeiro a liberdade, todos debemos ser seibes, ou polo menos chegar a acarisiar a liberdade cos dedos, para deghustala e ver se é doce ou salgada. Con outro exemplo máis noso, chejar a ser libres significa poder saltar como a marajota nas aujas, como o arroás no ría ou como o corvorán polo seo. Ademáis da liberdade do pobo morrassense tamén queremos que o morrassense sexa quen de dominar as abalanchas de jodechinchos que veñen a queimarnolos montes, encher de merda as nossas praias e a verter máis merda nas nossas aujas. Por outra banda o CIM sempre defenderá os interesses das classes menos favoresidas, ou como lles justa disir os politicuchos das classes máis desfavoresidas.

-C.O. Falando de política, o CIM aproba algún programa electoral dos partidos representados no consistorio municipal.

-T.C. Dentro do CIM hai quenes votan a dereita, eu non cho vou nejar, somos así, un jrupo gherrilleiro galego e morrassense. Sei que un compañeiro meu, o cal manterei no anonimato, votou o industrial panadero. De tódolos xeitos a min dame ijual, eu non voto son anarkiko ate cando durmo, que durmo espatarrado. Pero respondendo un pouco a pregunta, o CIM non aboga por ningún partido político, inda que moitos nos quixeron identificar co PP de Aldán, e outros cos bloqueiros de Anselmo, inclusso uns incautos dixeron que eramos o eslavón perdido de Méndez Ferrín e que viñamos a salvar a Mariano. Ves, cos que nunca nos xuntaron foron cos psociatas, paresme raro ajora que o penso…

-C.O. É certo, A Voz de Galicia publicou fai uns anos que o PP de Aldán quería selo epicentro do mundo da ría azul, esa que estaría gobernada pola dereita tanto polo eixo de Pontevedra como polo de Vigo…

-T.C. (Cun xeito, ergendo a man dereita dende o peito e cun dedo apuntandonos…) Non quero responder a isa preghunta.

-C.O. Pero se inda non fixemos ningunha pregunta…

-T.C. (Con cara de poucos amigos) Pero vala faser…

-C.O. Está ben paso a seguinte pregunta. Que é para tí Manolo do Sacho?

-T.C. Eu coñesín a Manolo fai 33 anos, nunha xuntanza do P.C. Eu non era comunista, xa che dixen que era anarquista, pero como por aquel eramos xa poucos, íamos as festas do PC, que eran moito mellores, hai que recolleselo, qeu as nossas. Nunha dessas festas coincidín botando un aujardente de herbas cun home serio, con barba branca qeu cubría o rostro por completo, deixando o descuberto uns lentes grandes que lle daban un aire de intelectual vido a menos. O caso é que aquel día o Manolo xa me comentara a idea de faser o CIM, quizáis el xa sabía que eu era máis ben activista, e qeu prefería usalos puños que os miolos. Deu ca persoa axeitada, dende aquel día non me separo do Manolo nin para mexar, bueno sí pra durmir ca miña Carmiña.

Aquí Toñito Clarete e Manolo do Sacho nun guateque do PC nos anos 70

-C.O. Toñito Clarerte ten familia?

-T.C. Sí, a miña dona chámase Carmiña e teño sinco fillos, ademáis morreume un fai dous anos por culpa da heroína. O maior está estudando para cuando sea jrande, ou eso é o que me dí, pero o cabrón xa ten 41 anos e non parese que teña pensado marchar, e claro por culpa del ninghún marhca da casa, xa que o resto non marcharán ate que Antoñito non voe do niño.

Aquí a filla do Toñito, a Toñi, esta é a foto que leva na carteira o Toñito

 

 

…continuará…





COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRAZO.

31 08 2008

 

Xa facía tempo que non tiñamos noticias do “Grupo gherrilleiro e bateeiro do Morrazo”, e a calma tan só podía se-lo preludio dunha treboada. Como xa é costume o C.I.M. convocou unha rolda de prensa a que asistiron os seus máximos dirixentes, de esquerda a dereita na foto, Toñito Clarete, Manolo do Sacho e o Subcomandante Marcos d´a Portela.

A nova non é unha rolda de prensa máis senón que un semanal se fixera eco da noticia e que fóra portada na Comarca do Morrazo o pasado venres 29. O seu titular fala por si solo: O Comando crea polémica. O caso é que Toñito Clarete, o home duro dos paramilitares e o número un do aparato loxístico do CIM, fixo unha duras declaracións, na que citaba a un “gran exército popular disposto a todo e sen condicións”.  Por outra banda, un estudo realizado por unha empresa independente contratada polos morrasenses, sinala que tan só o Concello de Cuntis e o de Vigo son os que se negan a admiti-la quinta provincia galega. Por outra banda o líder espiritual do Cim, Manolo do Sacho, negouse a da-la explotación dos datos por crer innecesario por en perigo a vida das persoas qeu fixeron dito estudo, segundo o de Abelendo, o Concello de Vigo, enimigo número un do CIM, e o seu alcalde o malo malísimo Caballero, están investigando sobre o tema e crese que poden estar trala empresa contratada polo CIM que está asentada en Vigo.

O Subcomandante Marcos d´a Portela foi o encargado de levar adiante o groso das declaracións do CIM, desta forma o líder morracense fala da contínua luita que manterán contra todos aqueles que non permitan unha maior independencia da Comarca do Morrazo. Además falou do futuro do CIM, declarando: “non pararemos ate conseghir a Liberasión Nasional Morrasense” o que seguiron declaracións xa habituais, como a denuncia a especulación inmobiliaria; a falta de ecoloxismo na comarca; a consecución da moeda morracense, o morracinho; a enumeración dos enimigos do Morrazo comezando polo Concello de Vigo e rematando cos gobernos de Compostela e Madrid;…





PIRATOS DO RÍO BOUZÓS: A MALDISIÓN DE COIRO

18 08 2008

A reactivación do movemento corsario en Coiro ten atemorizada a poboación de Coiro, e xa son varias as maldicións que ven sufrindo este pobo sen que as autoridades competentes fagan nada para evitalo. Onte mesmo, e dende o Bar Jurásico, o presidente da comisión das festas do Muiño do Fausto, tomou a palabra diante dos medios de comunicación:

“Coiro, República Federal Independiente, non precisa xa da xestión de Cangas nin de Compostela, dende hoxe os de Coiro temos que pensar que as autoridades nunca miraron pra nos, nin nos terán en conta. As nosas rúas parecen as últimas en se arrejlar, as beirarrúas non existen, non temos un centro de reunión, o Concello arréjlalle bens inmobiliarios a Igrexa e céden ante as súas exisencias, e inda por riba o noite-bus non pasa polo noso país, atravesa Cangas-Darbo-Hio-Aldán e olvídanse da parroquia de Coiro, como sempre”

As verbas do da Retirosa parecen xurdilo efecto buscado, e hoxe mesmo a brigada de Coiro Sejuro (corpo municipal anticorsario de Coiro), encabezada polo Gran Culio fixeron unhas declaracións dende A dos Feos: “Dende Coiro Sejuro queremos tranquilisala poboación de Coiro, e que non se deixen jiar polas envestidas duns revolucionarios-separatistas. Coiro é hoxe unha das parroquias máis sejuras do Morraso, e sen lugar a dúbidas as vesiñas e vesiños poden beber tranquilos as cuncas do viño que non está adulterado” A situación, completouse cunha demostración por parte do Culio e seus homes, da calidade do bo viño, polo que do mesmo xeito que Fraga se bañou en Palomares, o Culio encheu as “tasas” dos seus e beberon diante das cámaras e dos reporteiros mentres saltaban os flases dos fotógrafos.

Ate o momento non sabemos cal é a resposta da Asociación de Coiro, pero estamos a esperala resposta, que non se fará esperar moito. Mentres podedes saber que Ocioloxía está traballando nestas últimas novas que se están acontecendo no val da parroquia de Coiro.

Cunca de Viño recén bebida.